11/12/09

Los ferrolanos son discriminados por lengua... por los gallegos... y la Generalaitat discrimina a 3 millones de catalanes... y a todos los españoles

(traductor gallego-español)

Comentarios a la noticia "Pero houbo algunha vez imposición do galego?" (Vieiros, 10/12/2009)

#11 hai 3 horas e 55 minutos acarondosil

"Pero houbo algunha vez imposición do galego?" NON.

#12 hai 3 horas e 47 minutos Raimundo

#11 acarondosil, SI... houboa... cando tiñase que facer en galego as oposicións para a Xunta... discriminando aos de Ferrol... que pagamos a Xunta con nosos impostos, igoal cos demais galegos... e que temos ao castelán como nosa lingua-nai...


Discriminados, os de Ferrol, pola lingua... pola imposición dun só idioma para as probas da Xunta...

Volvendo aos tempos de Franco... en que as probas eran só en castelán... cando eran discriminados os galegofalantes... vaia co progreso...

#13 hai 3 horas asubio

O "biosbardos" xa sabemos onde esta"anda os biosbardos".e o raimundo non entende que o Ferrol é da Galiza,na Galiza falase galego e o que non o saiba que non se presente a oposicions.Si te presentas en portugal tes que saber portugues e si te presentas na Galiza o normal é que saibas galego,que se fixeran en galego tan só era unha mostra de normalizacion do idioma propio.Dirias o mesmo si foran só en castelan?

#16 hai 2 horas e 7 minutos Raimundo

#13 asubio, Portugal, Francia, Inglaterra sonche países monolingües... Galicia, Cataluña, Pais Vasco... sonche países bilingües...

Uns teñen como lingua-nai o galego, o catalán, o vasco... e outros (a metade da poboación... no País Vasco, o 90%) o castelán...

As probas, nos dous idiomas... senon, alguén... a metada da poboacion é discriminada pola lingua...

No franquismo, os galegofalantes... hoxe, os castelánfalantes, en Galicia...

E Ferrol é Galicia, terra do castelán... sabeo todo o mundo...

#17 hai 1 hora e 10 minutos galilea

So iso contra os castelanfalantes? So saber galego nas oposicións? Pois iso comparado coa imposicion brutal do castelán dende hai moitas décadas é unha nimiedade. A imposición do castelán nos medios de comunicación é aplastante, e tamén na radio, na prensa escrita, na television -ata na TVG se escoita ultimamente falar en castelán-, na publicidade, nas esquelas, nas invitacións de voda, nas tendas e areas comerciais, nas cafeterías e restaurantes, nos concellos, na administración pública, nas forzas de seguridade, nos folletos do hiper que deixan no buzón, en case todolos servizos de atención ao cliente das empresas que prestan servizo en Galicia... Certamente hoxe seguir falando galego con naturalidade é todo un acto heroico, especialmente en Ferrol.

#20 hai 22 minutos Raimundo

#17 galilea... hoxe falar galego é un dereito... a facer as probas a Xunta en galego... e a falar en galego coa administración... e cos particulares que queiran falalo...

Se no franquismo foi perseguido... non foron os de Ferrol os que o fixeron... foron os fascistas... algúns deles, de Ferrol (moi coñecido).

Pero iso non da dereito a perseguir...

#18 hai 54 minutos asubio

Raimundo, Portugal Francia Inglaterra(supoño que quererias dicir o reino unido),sí, son paises monolingues,alguns deles tristemente polo desaparicion de linguas e culturas(caso do breton,occitano,gaélico,etc)minoritarias que foron exterminadas por unha cultura colonial,así como pode ser o galego polo castelan si non é protexido debidamente.Si na Galiza,como das a entender, somos bilingües,non debería de haber ningun tipo de problema en que os castelansfalantes fixeran as oposicions en galego(os galegofalantes tamen sabemos e queremos dominar o castelan,non somos tan ridiculos como para non saber que fora da Galiza,xa non se fala galego),cando van traballar para a comunidade,ou queresme sacar a min o dereito a que se me atenda en galego por que o funcionrio de turno non o sabe?as linguas poden non ter dereitos,que o poño en seria dúbida,(tal e como din os de GZ PILINGUI )mais, os falantes das linguas sí os temos polo tanto neste momento os galegofalantes ainda lles falta moito por estar a mesma altura que os "castelanfardantes"

#21 hai 15 minutos Raimundo

#18 asubio, cando fas unhas probas nas que vanche medir os teus coñecementos... o millor para ti e facelas na tua lingua nai, na que millor te expresas... coa que podes sacar mellor nota...

Cando te chogas o traballo, calquer atranco é un delito... o que facía o nacionalismo franquismo... o que hoxendía, fai o nacionalismo catalán, vasco... o fan sempre os fascismos nacionalistas españois...

Discriminar pola lingua... polo galego... polo castelán.

#19 hai 42 minutos forxas

Raimundo... o ferrolà, síntese discriminado porque os ferroláns seica falan castelán. Coitado !! Un de Cedeira diche que es un cínico.Os ferroláns, como bons "carollos" son víctimas de si mesmos: grandes valedores da preguiza intelectual.

#23 hai 1 minuto Raimundo

#19 forxas, vaia, os de Ferrol podemos sere discriminados pola Xunta, por perdiceiros... intelectuais...

Unha boa argumentación... como cha colla o Feijoo... ides listos os de Cedeira... porque podería decirche o mismo que ti dis...

Podería admitire nas probas da Xunta só o castelán... porque... como todos os das cidades saben... os que falan galego son uns perdiceiros intelectuais por non falar o castelán... con tantos periódicos, cines, música, televisións, radios, folletos, libros, publicidade, en castelán... pero que moi pediceiros que sodes... podería dicir... con todala razón que daslle ti...

Vaia por dios... e por todolos santos...

#22 hai 2 minutos galilea

Raimundo, para que ese dereito a falar galego dos cidadans sexa efectivo polo menos ante a Administración -que cos nosos impostos pagamos-, os seus funcionarios deben saber falalo e deben demostralo nas oposicións. Xa sei o que me vas responder, chega con que o funcionario entenda o galego pero non é preciso que responda en galego. E eu digo que si, que temos dereito a que a Administraciòn nos responda na nosa lingua. Aínda que o goberno de Feijoo estea intencionadamente conculcando este dereito. Non somos cidadans de segunda os galegofalantes, xa que non pagamos menos impostos por este feito.

#27 hai 1 minuto Raimundo

#22 galilea, un enfermo da Costa da Morte... para explicarlle o dor que sinte... ao seu médico, usa o galego (a súa lingua nai)... e un de Ferrol usaría o castelán...

Un médico da Costa da Morte ten que saber (non as poesías de Rosalía), senón o léxico médico que utilizan os da Costa da Morte (non galego normalizado)... e un médico dos Ancares, o dos Ancares... que non é o mesmo...

Ten que sabelo, porque senon ese enfermo pode perder a salud (por ese descoñecemento)... por iso ten dereito a que seu médico o entenda (non a que fale galego normativizado, senón a que o entenda)... porque vaille a vida...

Pero ese médico, se e da cidade, ten dereito a examinarse en castelán... porque senón perde o traballo, non aproba... ten ese dereito... a non sere discriminado.

E a obriga, despois do exame, de aprender o léxico médico que lle corresponda... non a de ler ao Manuel Rivas (que tamén)...

Non pode sere que o dereito dun, impida o dereito doutro... ou ao revés...

Nada que os de Ferrol non fagamos cos ollos pechados...

#26 hai 37 minutos asubio

Raimundo,eu si quero opositar en outra comunidade non podo opositar na miña lingua nai,si vou a Francia tampouco,polo tanto terei que adaptarme a lexislacion e facelo na lingua que corresponda,polo que na Galiza deberian ser en galego(ainda enriba eliminiria posibeis aspirantes doutras comunidades).Eu si vou ó médico e lle digo que teño unha enfermidade de "ril",ten que saber o que é un ril e eu teño dereito a que se me atenda en galego,si ese funcionario non sabe nin entende o galego,a quen se lle estan conculcando os dereitos?o mellor queresme dicir que ó medico,que enriba de pagarlle dos meus impostos teñolle que falar na lingua que non é miña.
Cando opositas esta mais que claro que o mellor é facelo na lingua nai,mais si aspiras a un determinado posto tes que saber que estando na Galiza vanse dirixir a ti en galego polo tanto debes de sabelo e dominalo para non restarlle dereitos a ese administrado,polo tanto non che vou permitir que digas que o galego é un atranco por que si non imos moi,moi mal.Vasme dicer ti que os teus coñecementos de matematicas de fisica de historia ,son mais ou menos segun a lingua na que te expresas habitualmente?si eso é así recomendoche que vaias ó médico xa que logo debes andar ben mal

#32 hai 1 minuto Raimundo

#26 asubio, ¿estás dacordo con que os galegos non podamos presentarnos aos exames da administración vasca ou catalana? ¿E eles si poidan vir as nosas?

A Generalitat ao impor o coñecemento do catalán, impón unha dobre discriminación... a dos 3 millóns de cataláns castelánfalantes, e a nosa, a dos galegos, que xa non podemos ir... e eles poden vir...

Así os altos cargos da administración catalana, pagados polos seus traballadores castelánfalantes, e por todos os españois... quedan monopolizados pola élite catalána... a de todala vida...

Unha dobre discriminación, a nivel catalán, a nivel estatal...

A cousa ten un remedio coñecido... exames en calquera das dúas linguas... e despois... aprender o léxico necesario para o traballo (léxico administrativo, médico, xurídico... o do lugar de destino).

Iso sería democrático... pero, mira tí... os altos cargos cataláns poderían ser de Cornellá, ou pior ¡galegos!

Diso nada... os altos cargos para nos... que din os Pujol, os Prenafeta... para eso é a doble discriminación por lingua... para que os ricachóns esten a seguir monopolizando o millor mercado de traballo... para os seus fillos...

Un técnico que estudara en castelán, fai moito millor os exames en castelán, que en catalán, ou en galego (o vasco é caso aparte... ninguén sabe falalo... nin mestres, nin estudantes... non sei que farán).

Porque pensa en castelán... non pensa en galego... asi que un exame en galego sí é un atranco (en vasco, nin se discute o do atranco). Se por unhas cantas faltas de ortografía quitanche puntos... pois xa me diras... na maioría das veces, quitanche a plaza... ¿ou non? É unha discriminación por iso... porque perdes o traballo, non por falla de coñecementos... senón pola lingua...

E dos médicos, contesteille a galilea no #22 comentario. Na mesma liña.

#28 hai 36 minutos acarondosil

#15Prometeo. Tes razón. Non podemos deixar que nos convenzan de que na nosa terra se impón a nosa lingua. Non podemos aceptalo. A nós dinnos as leis que temos o deber de coñecer o castelán e non podemos facer nada, e eles, moi sibilinamente, queren que nós nos sintamos culpables facédonos crer que somos uns impositores.
Di Raimundo que nas oposicións para a Xunta, os de Ferrol estaban discriminados. E como ben dis ti, só falta que agora non lles poidamos esixir aos funcionarios da Xunta que saiban galego.
Non podemos deixar que medre en nós un sentimento de culpa por defender a nosa lingua na nosa terra: era o que nos faltaba!

#33 hai 1 minuto Raimundo

#28 acarondosil, a galego é a lingua dun millón de galegos... e o castelán, a doutro millón de galegos...

O catalán é a lingua de 3 millóns de catalanes... o castelán é a lingua doutros 3 millóns de cataláns...

Galicia e Cataluña sonche países bilingües... como Suiza, como Luxemburgo... como moitos paises Europa adiante...

E correspondelle unha política lingüistica europea... ouseña, o ensino de todalas linguas que se falan no territorio... mailo o inglés... non o ensino nunha soa lingua...

A solución para salvar o galego... é o trilingüismo (a norma de Burela)... a norma no ensino europeo... non a norma franquista do ensino só nun idioma, no idioma dos señores... o catalán en Cataluña, o castelán en Galicia (o vasco... fan como si o falaran).

Mentras tanto, non discriminación pola lingua...

#30 hai 43 minutos galilea

Raimundo, en Ferrol non abonda con que os médicos falen castelán, en Ferrol tamén hai galegofalantes que segundo ti deben seguir discriminados de por vida por seren minoría. Co teu razoamento, un médico ferrolan so tería capacidade lingüisticamente para exercer en Ferrol... Canta pobreza mental!.

#35 hai 1 minuto Raimundo

#30, galilea, en Ferrol, un médico galegofalante, tería que falar en castelán... e tamén, aprender o léxico médico dos ferroláns galegofalantes (un 8%). O lóxico.

Pero ese médico fixo o exame en galego... porque pensa en galego... e farao millor... no seu galego...

E se ao Feijoo déralle por impor o castelán nos exames da Xunta (polas mesmas razóns dos que piden que se impoña o galego), cedendo as presións do Club Financiero de Vigo, por exemplo... ese médico tería dereito a non sere discriminado pola súa lingua, o galego... polo mismo... porque esa norma, impedirialle o dereito ao traballo, nas mesmas condicións co resto dos médicos...

E un traballador non pode ser discriminado pola súa lingua... nin polo seu orixe... como fan os cataláns... ao impedir cos galegos, os andaluces, os extremeños, non poidar presentarse as súas oposicións...

#34 hai 36 minutos asubio

Manda carallo Raimundo,estasnos a dicer que un médico(ou outro funcionario) na Galiza esta no seu dereito a non saber galego.Por qué cando te refires ó galego falas de imposicion e non o fas cando se fala de castelan?A min impúxoseme,felizmente,saber castelan e estou moi contento por elo,por qué o galego é un atranco cando vivimos na terra onde se fala?resulta que os ferrolans(ou calqueira castelan falante) deberían ter o dereito a NON SABER NIN PAPA DE GALEGO,ser analfabetos en galego por que lles dá a gana(din estar no seu dereito),e os galegos debemos de saber o castelan por que o dí a cons(pros)titucion.esto é inaudito!!!!

#38 hai 1 minuto Raimundo

#34 asubio, digo que todo traballador ten dereito a examinarse na lingua que millor domina... na que teña millor escrita... porque senon... se por algunha falla de gramatical, de ortografia... dous, tres... perde puntos... perde o traballo...

Ten dereito a escribir, a falar, na lingua que millor fai as cousas, na que pensa...

Digo que un traballador ten dereito a que se midan os seus coñecementos de maneira obxetiva... sen intermediarios lingüísticos...

Despois de sere seleccionado polos seus coñecementos técnicos... poderá esixirselle que aprenda o léxico profesional no idioma do lugar ao que vaia destinado. Despois da proba profesional.

Porque senon ocurre como nos casos en que ter unha tesis doutoral, ten menos puntos que saber galego, castelán ou vasco... ocurre, que por ese atranco lingüístico... se collen aos piores profesionais... como estche a ocurrir... (enlaces abaixo)

17 puntos por saber euskera, 4 por ter feita unha tesis doutoural:
http://nacionalismodeandarporc...

Si no tienes nivel C de catalan, no tienes beca... por muchas matematicas que sepas:
http://nacionalismodeandarporc...

#36 hai 39 minutos asubio

Raimundo,eu estou totalmente de accordo con que si non si catala ou basco non me podo presentar alí a unhas oposicions,eu entendo que se alí se fala outra lingua,ou ben aprendo a falala ou si non,non podo presentarme,é a lingua propia dese territorio non son eu quen de por non sabela pretender que se faga nas condicions que a min me veñan ben.En canto os exames que pasa cos galegofalantes e pensantes que se apresentan a un exame en castelan?...a ese non se lle restan dereitos?

#41 hai 1 minuto Raimundo

#36 asubio, se estás dacordo en que a administración vasca pode discriminar a maioría da poboacion vasca, e a todolos galegos.

Se estás dacordo con que a administración catalano pode discriminar a metadae da poboación catalana, e mais a todolos galegos.

Entón estas dacordo en que ti, teu fillo, teus amigos, sexan discriminados pola lingua... porque sí...

Entón, tes que estar dacordo se o Feijoo impón que o castelán sexa o uneco idioma nos exames da Xunta...

Se estas dacordo coa discriminación dos galegos no País Vasco, en Cataluña... ¿Por qué non en Galicia?

Se estas dacordo en que o galego, o idioma da metade da poboación galega, sexa obrigatorio nos exames da Xunta... ¿Por qué non cambiar o idioma? Onde poñía galego, pos castelán... e listo...

¿Que poderías decirlle? Noda... él diriaxe que él non cambea a lei... só unha palabra da lei... e que non é para tanto...

Daslle a razón a Franco, a Feijoo... aos nacionalistas fascistas vascos e cataláns, que quitanlle as becas aos fillos dos traballadores cataláns... co atranco do nivel C de catalán...

Non vaia sere que os de Cornella invadan os postos da Generalitat... ¿Estás dacordo con a discriminación dun bó cientifico no País Vasco, dun fillo de emigrante, que non vai poder superar ao pilinguis que sabe euskera... porque 17 puntos, sonche moitos puntos...

¿Estás dacordo con que os galegos señamos discriminados por uns señoritos fascistas?

Desde logo... os vascos e cataláns mexan por nos... e temos que dicir que chove... vaia por dios...

#43 hai 32 minutos acarondosil

Raimundo, véxote cunhas ideas moito máis estritas ca antes no caso do galego. Coméronche o "coco" os de GB ou que é o que pasa?

#46 hai 1 minuto Raimundo

#43 acarondosil, a estreitez e a do nacionalismo galego, que só sabe copiar do vasco, do catalán...

Alí, co conto do idioma 'natural', os fillos dos traballadores sonche discriminados... os prefesionais 'de fora', sonche discriminados... os galegos que queiran ir aos exames alí, sonche discriminados (pero eles poden ir a todalas españolas)...

A lingua non soporta a discriminación da metade da poboación por cuestións lingüísticas... como sí a soporta o catalán, o vasco... porque alí é a lingua da burguesía... a de impor aos inmigrantes... e eiquí os emigrantes somos nos.

eiqui, o galego é o idioma dos traballadores... por iso está a morrer. E medidas discriminatorias van acelerar a súa morte. Non resiste a presión social da burguesía castelánfalante.

Non vai aceitarse que nun baremo de méritos, o galego teña 17 puntos, e unha tesis doutoral, 4 e gracias.

Ese baremo está feito para discriminar aos inmigrantes... e só ten aceitación nun pais no que os traballadores sexan inmigrantes... que teñen que aguantar todo. A cara de can.

En Galicia tes o exemplo contrario... e só con ler o comentario do Gaivotero #39, podeste dar de conta...

Só ten que falar da situación catalá, e traela a Galicia (onde non hai imposición dun monopolio do galego, agás casos irrelevantes)... pra montar unha argumentación irrebatibel, en Cataluña, non en Galicia... e si cola, cola... porque cola... e ai tes o Feijoo, de proba...

A proba do desastre que é copiar o argumentario dun pais de inmigración, a outro de emigración. En Galicia a imposición do galego, discrimina a burguesía (e aos de Ferrol)... e nolo vai consentir...

E se ten que matar o galego, para conservar a súa posición... pois matao... e en Cataluña é xusto ao revés... impón o catalán, polo mismo... para consevar a súa...

O que vaille ben a burguesía catalana... é o pior para os traballadores galegos... como ben di o Gaivotero... ¿ou non?

Deberíamos ter a Europa, a Burela (tanto da; enlace abaixo), de modelo... e ter de enemigos a burguesía catalana e vasca... a que nos discrimina...

Enlace al modelo Burela:
http://nacionalismodeandarporc...

#54 hai 10 minutos Cuevillas

E ti Raimundo, por que non te limitas a falar de Galiza e deixas aos cataláns e aos eúscaros? Mira meu, eu vin a TV3 polo cabo de R moitas veces, e ENTENDO A MAIORÍA DAS COUSAS. Se tivera que vivir alí e traballar de cara ao público como o fago agora, tería que saber catalán porque habería xente vella (por exemplo) que lle sería máis doado entenderme nisa língoa. Entendes? Os galegos que están en Cataluña, sabendo galego e castelán, se non entenden a maioría do catalán, que queres que che diga...é por tocar os collóns!!!!!

#55 hai 1 minuto Raimundo

Cuevillas, moi ben, chapurrearias o catalan... como os profesores de euskera chapurrean o euskera (enlace no meu comentario #51)...

Pero se vives en Cataluña, e teu fillo saca moi boas notas, e ten dereito aunha beca... pero non lla dan, porque non ten o nivel C de catalán (inda que o fale ben, non ten o nivel C porque ten algún erro)... (enlace no meu comentari #38)

¿Pareceriache ben? Que o fillo dun traballador non poidera estudar a carreira que quixera, porque quitanronlle a beca por culpa duns poucos erros nun examen de catalán?

Inda que entendera todalas cousas en catalán... é discriminado... destrozanlle a vida... porque é fillo de emigrante... non é dos 'de todala vida'.

#56 hai 10 horas e 20 minutos Cuevillas

Mira, seo catalán é unha língoa romance, ten a mesma dificultade có castelán e có galego no eido gramatical.
Maloserá (parafraseando a "Gadis") que vivindo en Cataluña, non aprendas a escribir ben en catalán sendo tan próximo o idioma.
Eu estudei inglés coma todos: no colexio (malamente) e tamén nunha academia. Ao non practicar, a fala nesa língoa é pobre. Cando viaxei tres meses a Inglaterra fai anos, o pouco que sabía foi furrulando até poder falar o básico e algo máis perfectamente.
Que quero dicir con isto? Que o que saiba castelán, vivindo un ano alí, pode saber perfectamente catalán.
Por outra banda o conto dos erros ortográficos non pode ser real. A maioría dos rapaces de hoxendía teñen erros mesmo na súa língoa propia; como un catalán natural dalí non vai ter erros ortográficos!!!! Miña nai querida.
Eu ollei redaccións feitas por un mexicano con menos erros cun rapás de Madride. Así que os emigrantes non teñen nada que ver cos erros lingüísticos. Poden deperrender calquer língoa ao mesmo nivel cos outros. Ou acaso a língoa dun país é só patrimonio dos dese país? Non digas parvadas, nen excusas barateiras, por favor!

#59 hai 9 horas e 8 minutos asubio

Raimundo,Raimundo,que te estas encerellando sin querer(ou querendo,vai ti saber)mira eu non estou de acordo en que se dis crimine a ninguen pola lingua pero entendo que se os meus fillos queren optar a unha praza de funcionario en Catalunya ou no País Basco teñen que saber eses idiomas,non o considero discriminacion, xa que esas linguas son do pobo,que as fala,que é o mais normal dentro dun territorio coñecer o idioma que é de seu.Na Galiza temos o galego e debe ser obrigatorio coñecelo,xa non digamos na funcion pública,por que é deste territorio,si non queres falalo non o fales mais deberias ter a obriga de coñecelo.É tanto patrimonio coma a catedral de compostela,a muralla de Lugo,os ancares Courel.A alguen se lle ocurre botar abaixo a torre de Hercules?...non(pode non gustarnos e nunca visitala,pero non emprendemos campañas na súa contra),Por que todos entendemos que é patrimonio dos galegos,en particular e da universalidade en xeral,temos que protexela polo que é e o que representa e nos identifica,pois o galego está no mesmo caso

O gaviotero xa non lle digo nada xa que anda sempre ca andrómena da maioria absoluta,este chaval nótase que non debeu pasar da primeira etapa da "EGB",ou levou un golpe na cabeza que lle fai repetir sempre a mesma estupidez.Cando menos Raimundo ainda argumenta algo e fai o esforzo de comunicarse en galego

#60 hai 1 hora e 37 minutos Raimundo

#56 cuevillas e #59 asubio.

'Cuevillas', o catalán e mais facil co vasco ¿e qué? Non se trata diso... trátase do dereito a non sere discriminado no acceso a universidade, ao dereito a que non te quiten a beca por motivos lingüísticos...

O importante é o dereito dos de Cornellá a chegar a universidade... sen atrancos lingüísticos, os da burguesía catalana....

E 'asubio', o dereito a non sere discriminado pola lingua tamén é un patrimonio da humanidade... a non sere discriminado pola imposición da lingua da burguesía nas probas para un traballo. En Cataluña, no País Vasco.

E fas mal en non falar do GAIVIOTERO... porque expresa, no seu comentario (o #39), a argumentación do PP. Espalla nos medios a situación catalana, a de discriminación dos castelánfalantes, moi certa... para asustar a burquesía galega castelánfalante....

O seu argumento é moi sinxelo, dilles 'van tratarvos os do Bloque, como tratan en Cataluña aos que falan castelán'... ese é o argumento do PP.

O que tivo éxito nestas eleccións... e nas próximas...

Cando falan da imposición do galego, da esixencia do galego nas probas de acceso, é para que a nosa burguesía sinta o arrepio catalán... pero ao revés... eiquí non é unha proba para votar fora aos inmigrantes da administración, como en Cataluña... senón unha proba coa que vai fora a burguesía galega (e os de Ferrol)... e claro... votan ao PP.

O demás que di o Gaiviotero... de que na escola só falan o galego... é mentira... pero non importa... o medo da burguesía a sere tratada coma 'un pakistaní en Barcelona'... ese é a axenda aculta do Gaiviotero... do PP. O medo que utilizan para chegao ao poder. Se alí, en Cataluña... pasa... pode pasaar eiquí. Se alí os emigrantes teñen que tragar a súa discriminación... eiquí queren discriminarvos igual, pero non aos inmigrantes (que a ninguén lle importa), senon aos das cidades...

Deberías telo en conta... e prestarlle mais atención... porque gaña eleccións... ese medo... esa argumentación.

#62 hai 14 minutos asubio

Raimundo,eu entendo en parte a túa opinion,mais non podo compartila,a constitucion e o estatuto din que na galiza existen dous idiomas oficiais,(un deles só está recoñecido o dereito de usalo,mais non obriga de coñecelo,algo falla...é contradictorio cá constitucion),polo tanto si son oficiais a funcion pública ten que ter(debería) a obriga de coñecelo e de usalo cando o administrado o demande,sexa o funcionario de onde sexa,De Folgoso do Courel,de Barcelona ou de Pekin;e non fales tanto das clases traballadores,xa que se ainda se fala algo de galego no Ferrol ou en calqueira cidade é grazas a esas clases,a gran maioría de rapaces e mozos das cidades teñen vinculos fortes co mundo rural onde teñen tíos e avós que falan en galego,polo tanto non son tan castelanpensantes nin teñen un descoñecimento do galego como estas a dicir,creo que te metes moito na demagoxia aplicandolle unha pequena dose esquerdosa,solidarizandote moito coas clases baixas,intentando facerlles ver que a lingua que falan,na súa maioría,é un atranco;ese é o xogo que me intentas explicar do "gaviotero",tan só que ti falo coa xente traballadora.Os burgueses de "gaviotero" na Galiza son poucos(relativamente)en comparanza coa clase traballadora

#63 hai 1 minuto Raimundo

#62 asubio, tanto da que unha lingua (calquera), sexa falada por moitos ou poucos, sexa oficial ou non... é a lingua da xente... e teñen dereito a falala...

Pero a loita pola hexemonía social pode convertir unha lingua nun arma contra os traballadores... cando fanse unhas normas que son un atranco para que os traballadores poidan chegar a beneficiarse dos servizos (das becas, por exemplo, en Cataluña) aos que teñen dereito.

Porque paganos co seu traballo, cos seus impostos... no por falar unha lingua, oo outra... os dereitos veñen da cidadanía, do traballar e vivir nun sitio... non por falar a lingua do sitio.

O catalán estache pensado para sere un atranco aos inmigrantes. As normas do seu uso na administración, para o acceso a universidade, en Cataluña, están pensadas para iso. Sonche normas discriminatorias.

Parecidas ao atranco que tiñan os traballadores galegos no franquismo, que tiñan que saber o castelán para estudar... e senon, fora. Das becas, da universidade. Igualiño. Usabase o castelán para iso. Para discriminar aos traballadores galegofalantes. Era un atranco.

E hoxe, o medo que ten a burguesía galega a perder a súa hexemonía social, é a que fai que o argumento do Gaivoteiro, do PP, sexa escoitado.

Porque se a burguesía catalana usa o catalán para impor a sáu hexemonía social aos inmigrantes (como o castelán no franquismo)... a burguesía galega nolo pode facer... seguir impoñendo o castelán aos traballadores...

Inda pior, se o galego impoñese no acceso a administración, será a burguesía a discriminada (en Galicia, ao reves que en Cataluña)... xunto cos traballadores e cidadanos de Ferrol, Coruña, Vigo (non son poucos, un millón), e xunto cos inmigrantes... e veránse favorecidos os traballadores galegofalantes (outro millón), no acceso a administración.

E non vai permitilo... E dende logo, os de Ferrol, tampouco. Coa diferenza que os de Ferrol non votamos ao PP.

Non é cuestión de linguas, é cuestión de discriminación pola lingua (en Ferrol, nas cidades), é cuestión de hexemonía social... a da burguesía.

A solución, a europea, onde falan dous ou tres linguas todos... e ningunha é un atranco para ninguén... unha solución SERIA... que da moito traballo... que esixe un maior nivel cultural de todos...

#64 hai 1 dia asubio

POis enton Raimundo,poñamos as dúas linguas en igualdade de condicions,dereito e obriga a coñecelas as dúas,pero non permitamos que unha goce de maiores privilexios que a outra eu digoche que os galego falantes sabemos e dominamos o castelan,por que os castelanfalantes(alguns deles,afortunadamente) se negan a aprender o galego?por que se fala de imposicion do galego e non do castelan?non debería de ser visto o galego como o mais normal do mundo neste pais,na Galiza?por qué sempre se confronta co ingles?acaso non se poden aprender as dúas?

#84 hai 1 minuto Raimundo

#64 asubio, a lingua galega estache discriminada en Galicia, porque é a lingua dos traballadores galegos.

A lingua castelá estache discriminada en Cataluña, porque é a lingua dos traballadores cataláns.

Dende logo, agora non se debería discriminar a ninguén pola súa lingua, nin aos castelánfalantes en Cataluña (aos seus traballadores, discriminados pola burguesía catalá), nin aos galegofalantes en Galicia (os seus traballadores, discriminados pola burguesía galega, ata hoxe)... nin aos traballadores, nin voltar a cousa ao revés, e escomenzar a discriminar aos burgueses...

Duas linguas, faladas por todos... ¿raro? Non, é o normal Europa adiante... é tamén é o salvamento do galego... senón morre (a mans da burguesía galega... podemos velo hoxendía).

Podemos preguntarlle ao Edelmiro Momán. O 'cómo' fan os europeos... na escola, os seus métodos pedagóxicos, no traballo... ¿cómo o fan?... pra falar dous ou tres linguas... burgueses e traballadores... sen discriminar (alomenos, moito).

(E perdón por non contestar antes... pero pasei estes días foras... da internet)

No hay comentarios: