Mostrando entradas con la etiqueta t. Henrique Monteagudo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta t. Henrique Monteagudo. Mostrar todas las entradas

19/4/10

Un bó debate sobre o galego...

(traductor gallego-español)

"M. F. Se hai quen quere máis galego, tamén haberá quen queira menos e haberá que contemplalo. Debe haber uns mínimos garantidos para cada lingua, pero nunha banda elástica. (...)

H. M. Iso ten que ver con como é entendido o bilingüismo aquí e alá. As medidas que toman os catalanistas en defensa e promoción do catalán son en nome do bilingüismo e en Galicia deixamos o bilingüismo en mans de Galicia Bilingüe. Os que defenden o galego tenden a rexeitalo, alléandose o apoio de sectores da poboación que nun horizonte bilingüe aceptarían cousas ás que nun horizonte non bilingüe se resisten.

M. F. En Cataluña é importante ver como mesmo sectores do independentismo catalán están pensando en reconsiderar a lexislación lingüística para lle facer máis sitio ao castelán. Libros como La rectificació. Hai o convencemento de que a independencia vai necesitar a complicidade dos castelánfalantes. Pódese querer que Cataluña sexa un Estado e falar en castelán. Se aquí falas de que o castelán non é alleo, convérteste nun inimigo satánico.

P. O discurso do bilingüismo comeza a abrirse paso en sectores do nacionalismo galego.

H. M. Na xente nova, de procedencia urbana. Pero no discurso oficial, defender o bilingüismo non é que se ignore, é que se condena. (...)

M. F. O galego é aínda maioritario. Agora ben, non o vai ser durante moitos anos máis. Non sei que horizonte de futuro quere Galicia, pero non pode ser o de comunidades lingüísticas segregadas e pechadas. O futuro do galego pasa non tanto pola cantidade de galegofalantes habituais, senón pola actitude e polo uso que fagan del os castelánfalantes, que van ser maioría. Ser castelánfalante non é abandonar o galego. Pódese participar de máis dun sistema cultural: non hai que escoller entre José Hierro e Manuel María. Lamento que o Goberno anterior nesgase o discurso e lamento todo discurso que considere o castelán lingua allea, imposta.

H. M. Hai que abandonar o paradigma da identidade monolítica, un mal reflexo do nacionalismo español, o primeiro que difunde a idea de nación monolítica e monolingüe. (...)

H. M. O mito do monolingüismo nace unido ao nacionalismo dos anos setenta. Daquela, a maioría da cidadanía falaba galego e abondaba con que o nacionalismo tomase o poder e a lingua ía detrás. Logo, o nacionalismo cambia e admite que o castelán ten máis presenza. Asúmeo como ameaza pero non saca as consecuencias lóxicas. Se admites que o castelán está estendido terás que cambiar á aspiración ao monolingüismo, unha aspiración antes verosímil e agora lunática.

P. Ese proceso de substitución do galego polo castelán é irreversíbel?

M. F. A política lingüística nunca ten a incidencia agardada. Neste momento, aínda vixente o decreto de 2007, o 70% dos nenos de 5 a 16 anos teñen a maior parte das asignaturas en galego e hai só un 30% que o usan habitualmente. Non van cambiar. O mesmo que con ensino en castelán nun ambiente galego seguirían falando galego. Cando se di que na escola entran os nenos falando galego e saen falando en castelán, é certo. Pero non é só a escola. (...)

H. M.
O que sabemos é que o modelo de inmersión funciona.

M. F. Cando a xente o quere.

H. M. A inmersión, polo que sabemos, é o mellor. Tamén sabemos que para que funcione precisa consenso. Asociar a inmersión co nacionalismo ou descualificala non ten sentido.

M. F. É unha vella obsesión do PP.

H. M. A inmersión permite o mantemento das dúas linguas. Nun horizonte de bilingüismo, a xente non obxecta tanto a inmersión. Cando se defende a inmersión para o monolingüismo hai unha reacción lóxica en contra.

M. F. Nos modelos de inmersión que procuran un mellor bilingüismo que os de non inmersión, por exemplo no Quebec, empézase cun ensino completo en francés e logo introdúcese o inglés e así ano tras ano até chegar ao 50%. Os modelos de inmersión propostos como ferramentas para o bilingüismo non teñen nada que ver cos modelos para construír a nación.

H. M. Este país debe pensar seriamente se quere manter esta lingua. Queremos manter a lingua nunha funcións normais? Pois entón a cousa vai por aí. Non houbo esta reflexión, nin sobre o custo, nin sobre as fórmulas. Se o país quere manter a lingua e demóstrase que é suficiente o 50%, adiante. Pero son cuestións instrumentais, porque a cuestión de fondo é ¿queremos manter o galego?

M. F. Nada que obxectar, só que a inmersión non é o único que funciona. A inmersión á catalá, para toda a poboación, non funciona porque a xente non a quere. Ben, non a quere xente poderosa. E debería haber cambios lexislativos. (...)

P. Defenden que "a plenifuncionalidade do galego é imposíbel".

H. M. Hai a idea a primeira vista aceptábel pero en detalle falaz de que todas as linguas teñen a potencialidade para funcionar en todos os contextos e para expresar todas as ideas. Na realidade todas as linguas son desigualmente capaces. É imprescindíbel para o galego que poidas estudar enxeñería aeronáutica en galego? É dubidoso. Sospeito que ninguén estuda aeronáutica en portugués ou en italiano. É problema de escala. As linguas menores de Europa central e oriental teñen funcións cubertas e xa está.

M. F. A garantía de supervivencia dos dialectos alemánicos de Suíza foi o valor doméstico. Abandonar esta dimensión, que teñan que competir na ciencia con linguas con máis capacidades... O tagalo ten 40 millóns de falantes nativos e 200 como lingua de comunicación, e non pinta nada na ciencia.

H. M. A cuestión tampouco é exactamente de número, é de contextos. Pero se te perdes esforzándote porque o galego se use na aeronáutica, igual perdes un terreo decisivo.

M. F. A taberna, por exemplo. Non podes cambiar a taberna pola revista de Física. Xa non hai revistas de Física nin en español.

H. M. A idea da plenifuncionalidade está ligada á idea da lingua nacional que cobre todo o territorio e todo o espazo comunicativo. Iso foi unha novidade histórica, moi extraordinaria. O máis corrente é que haxa distribución de funcións.

M. F. Hai que dar coas claves de entornos multilingüísticos persistentes como Filipinas, onde ningunha lingua está en perigo e mesmo teñen máis falantes que hai 50 anos."

P. Refírense a asumir a diglosia para o caso galego?

M. F. A palabra que foi demonizada e moi mal entendida.

H. M. Utilizouse para definir situacións de dominación lingüística, cando se refire a situacións nas que existen diferentes linguas para diferentes funcións, sen connotacións.

M. F. Foron pouco afortunadas as formulacións de Fergusson en termos de alto e baixo. Os ámbitos informais son moito máis importantes que os ámbitos formais na vida da xente. Unha lingua non pode sobrevivir só nos ámbitos formais. As funcións chamadas altas deberían ser a fala distendida, contar os chistes, falar na casa.

P. O horizonte do bilingüismo do que falan non será posíbel se o galego pasa á marxinalidade. Como reverter a diminución de falantes? (...)

M. F. Hai que traballar moito o entorno cultural, e non me refiro á alta cultura: contos, televisión, música, a tradición... Os nenos teñen que saber os versos de Rosalía, pero sen enterarse como os aprenderon. Todas esas cousas son as que crean unha relación afectiva coa lingua. A clase de matemáticas, non."
(El País, ed. Galicia, Galicia, 16/04/2010, p. 8/9)

18/1/10

Imposición de un monolingüismo político... a partir de un bilingüismo social... para llegar a un trilingüismo universitario...

(traductor gallego-español)

"- 3. Que modelo lingüístico para o ensino?

Parece existir un acordo xeral sobre o obxectivo do sistema educativo canto á capacitación lingüística do estudantado... A propia Lei de Normalización o estipula: ao remate dos ciclos obrigatorios, os alumnos deben ter unha competencia equiparable en galego e castelán. Unha vez fixadas as devanditas metas, a regulación do uso das linguas nos currículos é cuestión basicamente técnica, e o lóxico é adoptar o modelo que mellor garanta a súa consecución.

En contextos de bilingüismo desigual coma o noso, a conclusión dos especialistas é rotunda: o modelo que mellores resultados dá en termos de competencia en ambos os idiomas é o de inmersión lingüística na lingua minoritaria. Seicasí, tamén é certo que os estudosos advirten que non é factible implantar tal modelo se non se conta cun forte asenso social; un asenso que, recoñezámolo (porque é evidente), non temos en Galicia.

Parte da culpa desa falta de asenso social tenna a cisma de certo nacionalismo pola reivindicación do monolingüismo. Sexamos claros: o modelo de inmersión o que garante é o bilingüismo pleno nas dúas linguas para os falantes de ambas. A retórica monolingüista ten un efecto contraproducente: retrae a moita xente perante o modelo de inmersión, un modelo que probablemente aceptaría se se lle presentase como o que realmente é: garante dun bilingüismo equitativo, que é xusto ao que aspira a maioría social.

Sexa como for, temos que saber conxugar dous factores contraditorios (un modelo ideal de inmersión, e una realidade social de non aceptación maioritaria dese modelo), e iso só pode conseguirse, unha vez máis, artellando un modelo flexible, cousa que o decreto vixente non ofrece. Así como así, o borrador que se presenta non ofrece ningunha mellora neste sentido, pois deseña de novo un modelo ríxido, coa asignación dun terzo do horario curricular a cada lingua. A decisión por votación dos pais sobre as materias que se deben dar en galego ou castelán non significa flexibilidade. Significa caos.

- 4. Está xustificado o uso do inglés como lingua vehicular nun terzo do horario escolar?

Repárese: non nos preguntamos se, nas condicións actuais é viable esa pretensión, pois calquera que coñeza a realidade do noso sistema educativo sabe ben cal é a resposta. Preguntamos se, no caso hipotético de que fose realizable, iso sería sensato. A resposta é: non tal. Non existe na Europa coñecida ningún sistema educativo trilingüe de implantación xeral en que a lingua estranxeira sexa utilizada como vehicular nun terzo do horario desde o inicio da primaria ata o remate dos ciclos educativos obrigatorios.

Un quiñón tan grande resulta desmesurado (ademais de custosísimo), e inxustificable en termos tanto de aprendizaxe das materias dadas en inglés canto de dominio da lingua estranxeira.

Nas recomendacións contidas nos informes europeos, establécese que a introdución dunha lingua estranxeira con carácter vehicular, especialmente na primaria, debe iniciarse con carácter voluntario e experimental, e ampliarse de xeito gradual. Outra cousa constitúe, ademais dunha intolerable imposición, unha fonte máis de atrancos para o aproveitamento educativo de amplos sectores do estudantado.

Onde o modelo tripartito podería ter unha mellor xustificación sería no sistema universitario. Por que non se desenvolve un programa, axeitadamente dotado, para que as nosas universidades sexan trilingües de aquí a dez anos? The answer is blowing in the wind..." (Henrique Monteagudo: Trick or treat' it's up to you. El País, ed. Galicia, Galicia, 15/01/2010, p. 10)

21/7/08

Xenofobia en Flandes... y en Barcelona.

Xenofobia en Flandres
Polo que vin, a clase media de Antuerpe pégase unha vida de sete estalos: mansións espléndidas, viños escolleitos, esquí na Suíza... A pesar diso, un non para de escoitar queixas sobre os emigrantes, que son vistos como parásitos que zugan sen vagar do estado, e contemplados como unha ameaza constante. O medo ao estranxeiro é obsesivo, ata o punto de que eu cheguei a preguntarme polo equilibrio mental dalgunha persoa que me aseguraba que ela e a súa luxosa vivenda eran permanentemente asediadas por delincuentes magrebís, ao tempo que recoñecía que nunca tivera un mal encontro. De máis a máis, os frecuentes comentarios de tipo racista tornan incómodas moitas conversas.
Así e todo, foi un incidente concreto o que me decidiu a non voltar a Flandres. (…)
Non me quedou outra que alugar un taxi, cuxo condutor resultou ser un exilado político de Irán que me advertiu que sabía ir a Antuerpe, pero descoñecía as rúas da propia cidade.
Unha vez que chegamos, vin que lles pedía a outros condutores que lle indicasen como chegar ao meu hotel. Pero de alí a un pouco decateime de que o home se puña cada vez máis nervioso, ata que me confesou que non conseguía que ninguén lle explicase. Morto de vergoña, preguntoume se me defendía en inglés (el só falaba francés) e, visto que si, me pregou que preguntase eu, a ver se tiña a sorte de que me fixesen caso.
A situación era kafkiana: tiven baixar varias veces do coche para interrogar a calquera viandante que pasaba por alí, e a xente facía coma quen que non me vía. O taxista explicoume que o seu problema era que o recoñecían como "árabe" e o meu que debía ter aspecto sudamericano…No mesmo intre xurei non tornar.
Intolerancia lingüística
Un dos principais alimentos daquel ambiente adoecido foi e é o histórico conflito lingüístico entre a comunidade de fala flamenga (modalidade do neerlandés ou holandés falada en Flandres), e a de fala francesa, radicada na Valonia, a rexión meridional de Bélxica. (…)
As dúas comunidades ignóranse mutuamente, de maneira que resulta case unha aldraxe falar francés en Antuerpe (de aí que o taxista me aconsellase o inglés), non menos do que proferir o flamengo en Liexa.
Un manifesto a prol da ignorancia
Vai camiño España de converterse nunha Bélxica ao cadrado? (…)
Non son os únicos, pero non se pode negar o inmenso contributo que neste senso están a realizar determinados intelectuais, medios de comunicación e partidos políticos de expresión castelán. A última achega dunha serie que se vai facendo interminable é o alegato a favor da protección legal da ignorancia das linguas "cooficiais", promovido por unha lucida nómina de persoeiros ata agora coñecidos máis ben como intelectuais, pero que haberá que comezar a tratar directamente como políticos metidos en fariña ata o pescozo, e por certo con mañas ben arteiras. (…)
En substancia, o que se postula é que os cidadáns españois, polo mesmo feito de séreno, teñen dereito a non aprender as linguas chamadas cooficiais, pero gozan do deber de saberen o castelán. (…)
Quo vadis, Madrid?
Sexa como for, uns e outros levan camiño de atopar un eficaz substituto "democrático" á terapia franquista para facer antipático o castelán (…)
Entrementres, Madrid disponse a competir con Anveres como capital europea da nova dereita nacionalista, co protagonismo duns medios de comunicación doentes de poder e co beneplácito dun sector desnortado da súa intelectualidade. Víndeo ver á porta da vila!” (HENRIQUE MONTEAGUDO: Aprender para convivir. El País, ed. Galicia, Galicia, 11/07/2008, p. 9)
Seria mejor preguntarse ¿Quo vadis, Barcelona? Porque Madrid, ya se sabe, con el fascismo clasista de siempre, el de Esperancita, pero es en Amberes y en Barcelona donde se quiere imponer la lengua de los ricos a los inmigrantes (viejos o nuevos, murcianos o sudamericanos). Parece evidente que eso no pasa en Madrid.
Porque es en Barcelona dónde suceden anécdotas del mismo tipo (o en catalán, o ni agua). Cómo el diálogo entre Carod y una camarera sudamericana, contada en la sección de “cartas al director” de El Periódico, y otra de Quim Monzó, menos humillante, pero igual de molesto que Carod por tener que aguantar una camarera charnega que no quiere/puede hablar en catalán:
(1) "Carta de una lectora de El Periódico, publicada hoy: El domingo, 25 de noviembre, estaba desayunando en un cafetería de Barcelona cuando una voz grave y rotunda nos deseó buenos días. Era el señor Carod-Rovira. Una vez hecho el saludo, se dirigió a la camarera, de un evidente aspecto suramericano, y le preguntó, en catalán, si tenía que pedir en la barra o se sentaba y le tomaban nota. La camarera no contestó, en un gesto claro de no entender el catalán. Entonces, Carod-Rovira le soltó: "Parlais vous français?", pregunta que la camarera ni entendió, ni contestó. Me dio vergüenza ajena, como barcelonés, como catalán y, sobre todo, como persona. ¿Así hemos de tratar a los inmigrantes? ¿Ridiculizándolos?” Laia Boada. Barcelona ". (Criterio, 10-12-2007)
(2) “Mi amigo - que no bebe destilados- observó que había dos botellas de vino abiertas y le dijo a la camarera: "Una copa de vi negre". La camarera - una chica rechoncha- lo miró de través y le dijo: "Querrá decir ´una copa de vino tinto´". ... ( Quim Monzó: A Payne in the ass; La Vanguardia, 09-03-07)
"A partir de ahí Monzó, aferrado a la respuesta algo impertinente de la camarera, lloriquea durante toda su columna acerca de la situación terrible que se vive en Catanya avasallada por LOS OTROS “decididos a triturarnos ¡LA LENGUA!" (Emanaciones. Blog de Juan Abreu, 11-03-07)
¿Se sentirá tan molesto el señon Monteagudo, como Quim Monzó, si en Ferrol un camarero no le sigue la conversación en gallego-portugués, y habla en ferrolán? ¿Escribiría sobre esa insoportable injusticia de no poder exigir que en toda Galicia, todos hablen en gallego? ¿También en Ferrol? Dónde no se habla.
Contra esa imposición lingüística (llevada al extremo en Flandes) es contra lo que protestaba el Manifiesto por una lengua común. Esa derecha nacionalista de que habla Enrique ya existe, pero en Barcelona. Y va de Carod a Quim Monzó. O en catalán, o a la hoguera.
Y (3) lo que piensa esa derecha xenófoba nacionalista de Montilla (el charnego-presidente) es lo mismo que pensaban esos flamencos de usted. Más o menos, esto:
“Salvador Sostres, uno de los “pensadores” más admirados desde el partido de los Pujol. El pasado día de San José escribía refiriéndose a Montilla:
“¿Qué tal, Pepe? Huías de la miseria, viniste a Catalunya y lo has tenido todo pagado. No te hemos exigido nada, ni siquiera que crearas ninguna riqueza a cambio de la riqueza que te sació el hambre.” (Bye, Bye, Spain, lunes 7 de julio de 2008. No todos los nacionalistas son iguales)
Sólo por ser charnego. Vindeo ver á porta da Barna!