2/11/12

Calquera reorganización política que nos sitúe fóra dos mecanismos de solidariedade do estado español suporía para a cidadanía galega unha perda de entre o 10% e o 20% da súa renda dispoñible

"A cuestión que ten por diante o BNG é, efectivamente, a de reflexionar consensuadamente sobre o qué se pode facer, non de pelexar por ver quén manda. 
No que discrepamos de Quintana é na súa formulación de nacionalismo ortodoxo. Hoxe por hoxe, o benestar dos cidadáns galegos non depende de si acadamos ou non o pleno autogoberno. Calquera reorganización política que nos sitúe fóra dos mecanismos de solidariedade do estado español suporía para a cidadanía galega unha perda de entre o 10% e o 20% da súa renda dispoñible. É aquí no que se equivoca Quintana na súa análise, o seguidismo miope de Cataluña. 
Polo tanto, calquera opción política que se formule como obxectivo prioritario o pleno autogoberno, ten que comezar por explicarlle á cidadanía que, aló menos a curto prazo, esa posibilidade converteranos en bastante máis pobres. "             (A furada do trasno, 28/10/2012)

No hay comentarios: