17/10/12

O seguidismo catalán do Bloque. A voltas co concerto galego. Unha ruina... máis

"O tema estrela do BNG nesta campaña é a reivindicación dun concerto fiscal para Galicia. É unha proposta claramente seguidista do nacionalismo catalán, pero que ignora a realidade económica do país.


 Fronte ás vagas cifras que manexa Jorquera de recadación do estado en Galicia e das transferencias que o sistema de financiamento autonómico realiza a Galicia, só hai que lembrar o diferencial entre o PIB per cápita e a renda dispoñible per cápita en Galicia. 

En 2009, último dato que ofrece o INE, o PIB per cápita en Galicia equivalía ao 89,8% da media española. No mesmo ano, a renda per cápita dispoñible era o 94% da española. É dicir, cada galego dispón dun 4,2% máis de renda do que realmente produce. Superávit que é financiado pola solidariedade interterritorial española.

 É por isto, que resulta difícil de entender que, con argumentos estritamente económicos, se reivindique un concerto fiscal. Outra cousa sería formular o asunto en termos políticos, explicándolle á cidadanía que o concerto vai facer que sexamos, a curto prazo, un pouco máis pobres pero que incrementará de xeito decisivo a nosa capacidade de decidir. 

Curiosamente, este asunto, o de máis substancia de todo o que propón o BNG, non saíu no debate con Núñez Feijóo. Por algo será."     (A furada do trasno,  13/10/2012)

No hay comentarios: