19/3/14

Beiras: "Non é viable un estado independente en Galicia"

"O líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, ten claro que, hoxe por hoxe, o independentismo non é o camiño para acadar un estado soberano en Galicia. "Eu son independentista e marxista, pero nunca exercín como tal", apuntou nunha entrevista en RNE.
"Desenvolvín sempre liñas socialdemócratas, porque era o posible", suliñou. Precisamente, nesta idea insistiu ao defender un novo modelo político de Galicia con España que non sexa o independentismo, tal e como defende o BNG, porque cre que, na actualidade, iso non é posible para acadar a "soberanía política".
"Que se pode conseguir nun estado independente?... Que non, que iso non é viable porque non hai conciencia social suficiente, non temos a potencia de Cataluña, pero podemos conseguir unha articulación federal-confederal no estado español que preserve a nosa liberdade de decisión e exercer os nosos dereitos que non nos impoñan un modelo de financiamento, que o teñamos propio, ter unha facenda propia...?", destacou.
"Do que se trata é de cal é a vía mellor para que o pobo galego exerza a súa soberanía política, para que teña institucións políticas soberanas propias (...) e que iso sexa viable e conseguible", explicou en relación ao modelo polo que aposta Anova, agora en coalición cos federalistas de IU na Cámara galega e tamén para as eleccións europeas. (...)"       (Galicia Confidencial, 16/03/2014)


No hay comentarios: