5/2/10

'55 mentiras sobre a lingua galega'... un argumentario mal argumentado...

8traductor gallego-español)

"O castelán é tan lingua propia de Galicia como o galego porque é a lingua dos galegos que falan castelán. Esta é unha das falacias que rebate o libro de ensaio '55 mentiras sobre a lingua galega'. Un dos parágrafos do razoamento para desmontar esta falsidade é o seguinte: “O castelán non é a lingua natural de Galicia, aínda que sexa cooficial. O inglés é lingua cooficial en Tanzania e a ninguén se lle ocorre dicir que o inglés sexa tan tanzano como o swahili, lingua maioritaria, autóctona e cooficial nese estado africano”. Así de contundentes son todas as contestacións aos numerosos prexuízos que seguen a rodear ao noso idioma e que impiden a súa normalización real na sociedade." (Vieiros, 04/02/2010)

#11 hai 10 horas e 54 minutos Raimundo
Non sei, pero din que un millon de galegos teñen como lingua nai o castelán (os da cidades), e outro millon, teñen como lingua-nai o galego (os das vilas e aldeas).

Se é certo (cen mil mais ou menos, en cada parte)... entón o argumento de que 'O castelán é tan lingua propia de Galicia como o galego porque é a lingua dos galegos que falan castelán'... é certo.

Porque o 50% dos galegos (ou o 40%, mais ou menos), teñenlo como lingua-nai.

Polo tanto, non é certo o argumento a contra, o de que '“O castelán non é a lingua natural de Galicia'. Hoxendía, tan natural como o galego...

Metade e metade... polo tanto... a mesma naturalidade, a mesma oficialidade...

Só con contar dase un de conta... ¿Ou non hai que ter en conta a lingua dun millón (cen mil, mais; cen mil menos) de galegos?

¿Somos piores cos outros? ¿e maid feos, tamén? Vaia por dios...

Aos do libro... home... hai que argumentar millor. As intencións son boas, pero... non chegan
#13 hai 10 horas e 27 minutos piugo
#11 O que hai que facer é ler ben, Raimundo.

Tanto ten que o castelán se fale nunha proporción de 12, 34, 45, 78 ou 95%. A única lingua propia de Galicia é o galego; o exemplo non pode ser mellor. Non sei moi ben que é o que non entendes. En Galiza, por termos falantes de noruegués, alemán, árabe francés ou catelán non podemos dicir que estas linguas sexan linguas propias do país, porque non son de aquí, non son a nosa, non son A Lingua Propia. Non sei se o entendiches agora. Rele o exemplo de ProLingua e verás.

Un saúdo.
#19 hai 2 horas Raimundo
#13 piugo, simbolicamente, pode ser... así como o irlandés, ou o galés, é simbolicamente a lingua de Irlanda ou Gales... pero se o 95% deles falan inglés... pois o inglés tamén...

Tamén é custion de contar... de maiorias e minorias... ou de metades.

Se en Barcelona, o 70% ten o castelán como lingua nai... non se pode decir que é unha lingua 'estranxeira'... é tan catalana como o catalán... simbolicamente, pois tamén...

A lingua da maioria non pode afundir a lingua da minoria... nin a lingua dunha metade, pode facelo ca da outra...

Son todas oficiais... igualiñas... e o inglés, porque teñen que falalo os nenos... para que lles vaia millor...
#24 hai 11 minutos pitiriti
Para Raimundo 11# pola túa lóxica, se por falaren castlán en galicia, eso che parece natural, entón tamén é natural que un grupo (ou xénero,ou sexo) malle no outro, porque como pasa habitualmente e en cantidades considerables...A verho,que algo suceda non significa que sexa natural nin que teña que ser oficializado, e non, o castelán non é a lingua propia de galicia, nin é natural que se fale aquí, os meus veciños falan chinés porque veñen da China,os fillos tamén, vai ser por iso o galego lingua natural en galicia???
#26 hai 2 minutos Raimundo
#24 pitiriti, é natural que en Camariñas se fale galego nun 95%... é natural que se fale castelán en Ferrol nun 80%, é natural que se fale catalán nun 84% en Girona, é natural que se fale castelán nun 75% en Cornellá, é natural que se fale castelán nun 90% en Ermua, nun 80% en Bilbao...

Agás o vasco (que está a desaparecer, porque é moi dificil... e nolo fala ninguén, nin o Ibarretxe)... non deberiamos ter ningun problema en falar galego, catalan, castelan... todas moi parecidiñas...

todas oficiais, porque as fala a xente... nun sitio mais, noutro menos... só un desastriño de escola impideo...

Non temos outro problema... a escola...
#28 hai 1 hora e 1 minuto piugo
Raimundo, ti non queres entender. Até o aí todo ben. Ora ben, fai o favor de non nos facer perder o tempo coas túas falsidades.

Fala con calquera lingüista que teñas a man e pregúntalle polo concepto de lingua propia. E déixate de lerias, que fas o ridículo de mala maneira.
#31 hai 1 minuto Raimundo
#28 piugo, a lingua propia é a lingua-nai... a primeira que fala un neno... ¿ou vai resultar que o neno ferrolán, co primeiro que fala é o castelán, non ten lingua propia?

Ter, tela... o castelán... a sáu lingua oficial, propia, nai... como queiras chamarlle... ou como queiran chamarlle os lingüistas...

O nome non é importante... o que é importante é o argumento...que quere deixar a ese neno sen lingua oficial... e polo tanto... ¿discriminado, como os de Cornellá? Pois non...

É un mal argumento... porque é un argumento ideolóxico, que vai contra a realidade... o que faltaballe ao galego... eses argumentos copiados dos fascistas da Liga do Norte, dos vasco-navarro-cataláns...

Con estes defensores, ao galego non lle fan falla enimigos...
#14 hai 17 horas e 35 minutos bifidibrom

Eu quédome co modelo do país nº1 en desenrolo humano pola ONU, a historia sociolingüística desta democracia avanzada é cuspidiña á galega:
O caso de Islandia tamén é sobranceiro. É o país con maior índice de lectura por habitante do mundo e cuns resultados escolares óptimos. Islandia pertenceu a Dinamarca ata 1944 e ata ese ano a vida oficial (escola, administración etc.) discorría en danés porque era a única lingua oficial; o islandés era a lingua B, a lingua da casa. O islandés leva só 60 anos sendo lingua oficial e só se fala en Islandia, onde viven 300.000 persoas, tantas como habitantes ten a cidade de Vigo.

Os nenos islandeses estudan en islandés como lingua principal, pero tamén aprenden en danés, inglés e alemán/francés. As tres universidades islandesas imparten clases só en islandés, aínda que a maioría dos manuais estean en inglés ou outras linguas. Despois da independencia os islandeses normalizaron o seu idioma sen renunciaren ao danés e ao inglés. De feito, os estudantes islandeses teñen boa ou moi boa competencia en catro linguas ao remate da súa escolarización. O islandés a primeira.
http://webs.uvigo.es/pluriling...

#38 hai 4 horas e 25 minutos Raimundo
#14 bifidibrom, por certo, se os nenos islandeses aprenden 4 idiomas, e ben... ¿por qué os nenos galegos non poden aprender tres?

Só con seguir os seus métodos, abondaría ¿ou non? todos falaría castelán, inglés... e galego, e ben.

Método que non é o de impor unha úneca lingua, como tentan en Cataluña ou no País Vasco... senon as que necesitan os nenos...

Irianos ben coñecer ese método... para traelo a Galicia...
#41 hai 3 horas e 32 minutos iamesa
Raimundo...

70% castelán en Barcelona?? De onde sacaches esa burrada?? Ou son enquisas falseadas de El Mundo??

Aínda así hai unha diferenza moi grande entre catalán e castelán en Catalunya... Unha impúxose con sangue e outra é froito do pensamento e da forma de ser, do día a día, da "intrahistoria" das xentes catalás.
#42 hai 3 horas e 19 minutos Raimundo

#41 iamesa, xa digo que 'mais ou menos'... pero en Barcelona a maioria da poboacion fala castelán... o 60%, o 70%... mais ou menos...

#43 hai 3 horas e 16 minutos Raimundo

#41 iamesa, e logo, os galegos, os andaluces que foron a traballar a Barcelona... impuxeron o castelán 'con sangue'... e agora, os ecuatoriano seguen a ser 'sanguinarios'...
Home... un respeto polos traballadores que levantaron as industrias dos capitalistas franquistas de Barcelona, co seu esforzo... e co castelán...
#48 hai 1 hora e 24 minutos Mcnally

(...) Tu ejemplo de Islandia es una falacia (como lo es toda la campaña de donde has sacado esa información: una colección de trolas que decía que el vigente decreto es similar a lo que se aplica en Finlandia o Gales.

Islandia es uno de los escasos países de Europa en los que la casi totalidad de la población tiene como lengua materna una sola: el islandés; por lo tanto es lógico que la enseñanza sea en islandés con el inglés como materia obligatoria. Decir que la historia o la realidad sociolingüística islandesa es "cuspidiña " a la gallega es un alarde de ignorancia difícil de superar (la situación de insularidad y lejanía tuvo mucho que ver, como ocurre con las Islas Feroe o Groenlandia). (...)

Ciertamente un islandés con cierta instrucción puede comprender (en registro coloquial al menos) las dos lenguas noruegas, el sueco, el danés y hasta el feroés (esta mejor que las tres primeras), como un español puede hacerlo con el italiano o el portugués (o un castellanohablante con el catalán o el gallego). Los islandeses acban con muy buena competencia en su lengua y en inglés, y normalmente con buen conocimiento del danés y puede que, en efecto, de una cuarta lengua: pero es que su lengua sólo la hablan 300.000 personas (pasa como con los luxemburgueses).

Pero semejante circunstancia es impensable con personas cuya lengua sea hablada por muchos millones de personas (francés, alemán, español, italiano y ya no digamos inglés). Por la misma razón que a un gallegohablante le interesa mucho más tener un buen nivel de español que aun hispanohablante - de Galicia - tenerlo de gallego, y al que no le guste que se rasque. Como aun anglófono de Singapur le importa muy poco tener buena competencia en tamil o malayo, pero ya le interesa más últimamente tenerla en chino mandarín. La vida es así."

#60 hai 1 dia iamesa
O de respecto pídoo eu, que para algo son un deses ;)

Non o impuxeron con sangue... Pero ti mesmo o dis... Eu son galego, a miña lingua materna é o catalán, pero como segunda lingua teño o galego. E, a pesar de falar galego, e ter moitos amigos cataláns cos que o falo, non direi que o galego é unha lingua propia de Catalunya, aínda que haxa moitos cataláns que o falen. Tampouco direi que o castelán o sexa, a pesar de que case un 40% dos cataláns o falen. Tampouco direi que o caboverdiano sexa a lingua propia de Burela, nin o galego 2ª lingua de Buenos Aires ;)

As que impuxeron o castelán con sangue foron os franquistas, os burgueses, os nobres, as institucións españolas, o exército... Ou por nazi-onanismo español, ou porque a lóxica de mercado e a explotación do proletariado é máis sinxela canto máis homoxeneidade haxa, ou ben por intereses políticos...

E os cataláns levamos 300 anos soportando de todo. Ata hoxe. Poden tentar aldraxarnos o que queiran, que non o consentiremos. E menos en democracia.
#61 hai 1 dia Raimundo
#60 iamesa, o marroquino, é unha lingua de Cataluña, porque haiche, alomenos 300.000 marroquinos que viven e traballan en Cataluña... e igual os galegos...

E hai tres millons de catalans que teñen como lingua nai o castelán... os traballadores... asi qeu o castelan, pois mais, se queres.

Pero como o marroquino, o galego, nolo coñecen os profesores, nolo poden ensinar na escola... pero si coñecen o castelán, todolos profesores, pero nolo poden ensinar aos seus nenos...
humillandoos, como humillabannos no franquismo... o mesmo método, o mesmo aldraxe...

Que, ben dis, foron os señoritos catalans, os franquistas, os que impuxeron a sangue o castelan en Cataluña... e os que lle pagaron o exercito a Franco (xunto cos empresarios vascos). Eses foron, e son, os da sangue... e agora, o Carod, copia os seus métodos, e o Montilla, vaia por dios...

E os catalans levan 300, ou 3000 anos soportando de todo... como todolos traballadores do mundo... non van ser especiais...

1 comentario:

josean_767 dijo...

Que ben que escriben o galego estes raios dos da Ghalisia Pilingüi, mellor cos nativos. Se o falasen ighual