6/12/09

Derecho de autodeterminación catalán, gallego... y ¿por qué no? Español

(traductor gallego-español)

Comentarios a la noticia "É necesario ese labor básico: explicarlle á xente a importancia de decidir por si mesma" (Vieiros, 05/12/2009)

#1 hai 1 dia Raimundo

Si señor, temos que ensinarlle aos galegos o seu dereito as pensións... as que pagaron de xoves... e que queren quitarlles de vellos...

Porque a Cataluña independente non vai pagalas ¿Non? Mira que listos... quedanse cunhs seguridade social sin os vellos galegos... mira que listos...

#2 hai 23 horas e 56 minutos Reflexivo

O Raimundo o que ten é envexa dese país, Cataluña, que mira para arriba para ocupar un lugar en Europa privilexiado. Afortunadamente para Cataluña, a dereita que teñen non é o noso Pp.

A Galiza o cancro da dereita e caciquismo fixo moito por que non medrara. Lembra o sr Raimundo as declaracións nese sentido de Manuel Fraga, contento porque Galiza voltaba a ser claramente exportadora de man de obra?

#3 hai 23 horas e 43 minutos luisfoz

Não gosto de me meter com os outros mas parece que a Raimundo tudo lhe serve para atacar o nacionalismo galego (também o basco e o catalão mas não o espanhol). Não poderia ficar tranquilo, por uma vez, Causa Galiza convoca uns actos de jeito bem pacífico e mesurado; o normal é assistir à convocatória ou não, segundo as próprias ideias, e não andar a molestar, por dizê-lo de forma moderada. Saúde e Terra para todos e todas assistentes! (eu incluído).

#5 hai 23 horas e 5 minutos Raimundo

#2 Reflexivo, sou galego, e con iso penso que non teño que ter envexa do sistema caciquil de corrupción, baseado no ladrillo, e montado polo Pujol... os Baltar, os Fraga teñen envexa... si dese sistema caciquil catalán, moito millor co deles...

A dereita que teñen é pior ca nosa... porque é imbatibel...

e #3 Luisfoz, pois sí, argumento contra o nacionalismo galego, o que copia os métodos e os esloganes dos nacionalismos dos ricos, do vasco, do catalán...

Sen metermo cos outros, agas cando eses outros insultanme... enton... respondo...

Pero do que estamos a falare é de se a Galicia vaille ben a independencia... e pra min, o que vaille ben e o estado de benestar... que é español, porque ten que selo... porque a industria española (a vasca, a catalana), foi levantada polos nosos emigrantes... e teñen dereito as pensións que pagaron co seu traballo...

Ou, agora, van vir os cataláns e dicir que ese diñeiro das pensión acabase, non cando morran os vellos, senon cando o digan os cataláns...

Son os politicos catalans, os mais corruptos, os que vannos dicir se os nosos vellos van cobrar a pension, ou non van cobrala?

Diso é do que estamos a falar... pois falemos... temos ese dereito, a decidir como defender as nosas pensions... porque pagamolas co noso traballo... ise foi o contrato da constitución do 1978... feito efectivo polo Felipe Gonzáles, ao universalizar os sevizos soicais... pois iso...

#7 hai 20 horas e 10 minutos nordes

Raimond (en catalá), a tua Obsesión Compulsiva contra o Catalanismo roza a paranoia, alimentada de demagoxia.
Luisfoz di a verdade, donde estan as tuas criticas o nacionalismo iberico-español!??
Pois non todo serán virtudes digocho eu, pero ti non ves defectos no traballo dos hexemonicos partidos espagnoles. Os mesmos que de sempre gobernaron Galiza, que pa ti, puxeronnos o nivel medio do Estado??!

#8 hai 1 dia nordes

#5 DIS: "Pero do que estamos a falare é de se a Galicia vaille ben a independencia... e pra min, o que vaille ben e o estado de benestar... que é español, porque ten que selo... porque a industria española (a vasca, a catalana), foi levantada polos nosos emigrantes... e teñen dereito as pensións que pagaron co seu traballo..."

1.- Estado de benestar español!!: Xa vimos tras 30 anos como recoñecen en Madrí a nosa dispersión xeografica, e o noso envellecemento poboacional po custo da atención sanitaria e de dependencia, e peor é como o aplican..

2.- Aqui recoñeces que o potencial industrial español esta en Euskadi e Catalunya. Claro, foi españa que concentrou ali a industria!! Ou foi que eses pobos soberanos loitaron e defenderon a SUA industria fronte o imperialismo nacional-franquista.

3.- Cantos empresarios de orixe galega ai entre os industriais catalans?? Non son unha minoria, son residuais na sociedade. Os nosos emigrantes puideron traballar no Estado grazas a eles, sinon rematarian na Alemaña,Suiza ou Venezuela coma moitos.

4.- As pensións querido demagogo, non as da nin as paga a GENERALITAT senon o ESTADO, que o gobernan os partidos nacional-estatais, eses os que endexamais criticas.

#10 hai 1 dia Raimundo

#8 nordes, digo que o estado de benestar é español... e o francés, pois francés... e do estado... a caixa uneca da Seguridade Social é estatal... é de todos...

E sí, non é favorabel aos labregos, favorecen aos traballadores da industria... os de soldos millores...

E digo que a industria vasca e catalana existiu porque Madrid permiteulles ter o mercado español cautivo... os galegos non podíamos mercar as boisimas mercadorias inglesas porque os aranceis de Madrid impediano... para favorecer aos vasco, e catalanss... e asi, non se puido espallar a industria por todala peninsula... porque o mercado peninsular era deles, gracias a Madrid...

E foron os industriais vascos e cataláns os que pagaronlle o exercito a Franco... os que deronlle a vitoria, e impediron que as cooperativas anarquistas ou socialistas fixeranlles competencia (o March pusolle uns millóns en Suiza ao nome de Franco, para que tivera de que vivir, se o golpe non trunfaba)... home, isto sabeo todo o mundo...

E os nosos emigrantes poideron traballar en condicions de miseria, en Cataluña, no Pais Vasco, sen dereitos, porque senon os patrons enviabanlles a policia franquista... que para eso a pagaban...

E os nosos emigrantes levantaron Alemaña, gracias a eles e ao diñeiro dos americanos... en moito millores condicions, gracias aos sindicatos... E siguen a cobrar as pensions dos seus anos de traballo de alí...

E en Cataluña, algúns deles chegaron a empresarios, moitos na construcción... pero non entraron na élite... o normal...

E si, as pensión pagalas o estado, e ¿por qué vou criticalo? Mentres pague... fai o que ten que facer...

O que critico e que os da independencia catalana non din que vai pasar coas pensions dos traballadores galegos... ¿Vanse quedar coa mellor parte? ¿Vannos deixar a pior parte para pagar aos vellos galegos?

¿Non é importante o tema? ¿Non é importante falar diso? Pra min é o principal... e se é iso o que queren facer... pois boicot...

¿Ou non estarías dacordo con defender as pensións galegas cun boicot (nacional) aos produtos catalans? Cando queiran romper a caixa uneca da Seguridade Social (como tamén queren os vascos, mira ti).

Se non estas dacordo, enton... e non sei porque... pero poderias ser un traidor a Galicia... ¿Ou non?

Diso estamos a falar...

#11 hai 1 dia nordes

Raimond (que xa temos confianza) DIS: "
O que critico e que os da independencia catalana non din que vai pasar coas pensions dos traballadores galegos... ¿Vanse quedar coa mellor parte? ¿Vannos deixar a pior parte para pagar aos vellos galegos?"

Claro que o diran, diran que pagan a dos cidadans da sua nación e a dos traballadores extranxeiros que ali traballasen, como sabes que fan outras nacions (ex;Suiza).
E a dos traballadores galego pagaranola o Estado Español que quede (as outras 16 ou 15 CC.AA.)

Escoita..eres pensionista?? Traballaches na Catalunya?? Pediche vez pa consultalo da tua CATALANOFOBIA??

Ah!! Ponte o dia, os galegos xa temos de media a pensións mais baixas do Estado, e dicir xa levamos a peor parte... poderia ser peor cunha autonomia menos.

#16 hai 16 horas e 28 minutos Raimundo

#11 nordes, a Seguridade Social e financiada por todos... o conrato é de por vida... e ata mais alá... os vellos pagáronnos as pensións... e as nosas prestacións pagaran as dos nosos fillos... é un contrato de xeracións...

¿E que pasa cando alguén quere romper ese contrato? Ten dereito, dende logo... senón seriache un contrato 'leonino'... pero ten que facelo só...

Seguirá co seu esforzo só... escomenzando dende cero. Porque o que rompe o contrato do benestar de todos, para buscar só o seu... ten que coñecer os perigos desa decisión.

Se quere independizarse, romper a caixa úneca da Seguridade Social, que o faga, pero a súa costa... non as costas dos galegos...

Se o Botín quixera sair da Seguridade Social común (que quere), para facer as súas pensións privadas... se todolos empresarios quixeran facer unha seguridade social privada, como a americana... que o fagan... pero sen perxudicar aos traballadores, aos galegos...

Tamén deberían empezar dende cero... ¿ou van poder coller a mitade do diñeiro da Seguridade Social e levalo para a privada? E os traballadores a mirar, e aguantarse... non.

A Seguridade Social común mantendrá todo o diñeiro... os que rompa o contrato, sexan os empresarios ricos, sexan os territorios ricos... que empecen a acumular capital... para eso sonche ricos...

Se Cataluña quere sair da Seguridade Social común... que o faga... pero sen levarse un euro dos traballadores galegos.

E ¿poderán elexire os traballadores cataláns entre a Seguridade Social española, ou a catalana? Deberían poder... porque teñen dereitos adquiridos na española... ninguén podería quitarlleos.

Comentarios a noticia "Causa Galiza sae ás rúas de Compostela para reivindicar que “a autodeterminación é o único camiño” (Vieiros, 06/12/2009)

#6 hai 16 horas e 7 minutos Raimundo

O camiño... para qué... ¿para perder o diñeiro das pensións, pra escomenzar a facer a Seguridade Social galega... dende cero? Sen un euro...


O camiño... para que a poboación mais envellecida de Europa, que levantou co seu traballo a prosperidade dos demáis... teña que pagarse agora, eles soliños, as súas pensións...

O camiño para que os beneficiarios dese traballo, sexan os empresarios ricos, sexan os territorios ricos... quedan 'leberados' de pagar as pensións dos 'subsidiados' (chamanlles así) labregos de Lugo...

Pois, millor en bicicleta...

Home, as cousas que temos que escoitar...

#9 hai 14 horas e 27 minutos trade

Eu acho que era muito melhor nom fazer muito caso a gente demagógica como McNally ou Raimundo e simplesmente comentar o que consideremos oportuno. Há que deixar que comentem o que queiram pois estam-se autoqualificando. Mágoa de país!. E por favor Macnally nom fales de igualdade de direitos lingüísticos quando a situaçom é a de indefenssom do galego...O que diga o contrário simplesmente mente.

#17 hai 11 horas e 24 minutos Raimundo

#9 trade, asi que é demagoxico falar do que vai pasare coa Seguridade Social, nunha futura Galicia independente... pois vaia, a min paresceme que é ao contrario...

Falar de independencia sen falar de como vai sere a Seguridade Social Galega... de onde vai sacar os cartos para pagar as pensións da poboación mais envellecida de Europa...

Mais que demagóxico... unha traición a Galicia... nin mais, nin menos...

#21 hai 9 horas e 29 minutos juli_gz

non si raimundo? falas de fascismo cando os teus comentarios estan cheiños deles, como van pagar os galegos a seguridade social? como se galiza non tivera cartos e potencial para facer iso e moito mais, e se foramos independentes Galiza sería un dos países mais prosperos de Europa.

#26 hai 8 minutos Raimundo

#21 juli_gz... pois xa podes independizarte... pero ti soliño...

Porque a min o da Seguridade Social galega... dirixida polo Mendes, polo Gayoso. polo Feijoo... non sei... pero que queres que che diga...

Ti soliño...

No hay comentarios: