17/6/09

Explicando porque la inmersión lingüística total en un solo idioma es un método fascista, y un genocidio cultural... igual que el franquista


"O Governo interroga aos pais dos alunos sobre se querem que os seus filhos aprendam em espanhol em lugar de faze-lo na lingua própria. Tratam uma língua nacional como se fosse alheia e malvada. Em Galiza isto resulta especialmente perverso, porque os membros do Governo autónomo, se são de origem galega, ainda não falando habitualmente a língua do país têm necessariamente pais ou avós que viviram falando galego, de maneira que podem estar a tomar a decisão de negar não apenas o idioma oficial que o é, senão também a língua da sua familia, esmagando a cultura dos seus. (...)

Eles que negam o galego desta terra, dizem que as linguas não se podem impor. A ninguém se lhe ocorreria aduzir isso sobre o espanhol em Madrid, o sueco em Estocolmo ou o húngaro em Budapest. Não é possível que vivam sem serem conscientes da ignominia que levam a cabo." (Camilo Nogueira: O conto é que..., Vieiros, 16/06/2009)

#2 hai 23 horas e 11 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -11 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

Maticemos, di o Camilo: "os membros do Governo autónomo, se são de origem galega, ainda não falando habitualmente a língua do país têm necessariamente pais ou avós que viviram falando galego"


E os traballadores castelánfalantes de Ferrol, teñen pais e avós que falan en castelán. E os traballadores ecuatorianos en Barcelona, teñen pais e avós que falan en castelán.

E tamén di: "A ninguém se lhe ocorreria aduzir isso sobre o espanhol em Madrid, o sueco em Estocolmo ou o húngaro em Budapest."

Pero aos señoritos cataláns ocurreuselles impor o catalán aos traballadores galegos ou sudamericanos, e aos señoritos franquistas impoñelles o español aos traballadores galegos.

E aos señoritos do Club Financeiro de Vigo, impoñerlles o castelán aos traballadores galegos. E aos señoritos do Bloque, imporlles o galego aos traballadores ferroláns castelánfalantes.

Os señoritos sempre tratan de esmagar os dereitos dos traballadores. E que os señoritos sonche os mismos, sexan capitalistas, ou nacionalistas...

#7 hai 20 horas e 55 minutos forxas [Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Os traballadores castelán falantes de Ferrol...seica esqueciches os traballadores galego falantes de Ferrol..que tamén os ai. Mas o fervor da defensa de Raimundo faille esquecer tambén aqueles outros traballadores que non vivindo na "Calle María" ou en Amboage ian lá traballar ou a receber servizo médico desde Serantes, Cedeira, Valdoviño,Narón, Moeche,etc ...e que ben nos sentiamos coa acollida !Entraches alguna vez nunha tenda ferrolá falando galego?

#8 hai 20 horas e 51 minutos Xistral [Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Raimundo, eu coñezo moita xente de Ferrol. E a maioría (e digo de Ferrol de toda a vida) dos que teñen máis de 50 anos falan en galego. Incluido meu sogro, os pais dos primos da miña muller... Iso sí aos seus fillos faláronlles castelán (grazas á imposición do franquismo). Así que intentar que o galego recupere parte do terreo perdido non será pedir demasiado non...

#10 hai 20 horas e 6 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -6 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

#7 forxas, e #8 xistral, en Ferrol, en Valdoviño, na familia, haiche traballadores aos que os do Club Financeiro de Vigo quren imporlles o castelán...


Do mesmo xeito que os señoritos cataláns queren imporlles aos traballadores galegos, sudamericanos, barceloneses, o castelán...

¿Ou non eche o mesmo? Describo... completo a descrición do Camilo.

Non olvido aos traballadores galegofalantes de Lugo ou Ferrol, ou de Barcelona, nin aos castelánfalantes de Lugo ou Ferrol. Ou de Barcelona.

Eche así a realidade. Todos teñen o seu dereito a falare a sua lingua-nai. Os de Ferrol(da calle María), os de Valdoviño, os de Barcelona.

Non é tan díficil que os do Club Fianaceiro de Vigo, ou os do PSC respeiten ese dereito de todo traballador...

Non queren.

Enlace ao informe do Club Financiero de Vigo, que defenden a imposición do castelán en Galicia, cos parecidos argumentos aos que defenden a imposición do catalan:

http://www.clubfinancierovigo....

#13 hai 19 horas e 30 minutos mceleiro [Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A imposicion nola cha queremos, Raimundo (como podes oserbar, estoi adeprendiendo ferrolano en total libertaz)

Não esqueças adicar três ou quatro dúzias de comentários aos emigrantes galegos em Vallecas e Leganés aos que cada dia lhes impõem o castelhano os senhoritos madrileños. São muitos mais que os do Club FiNAZIero de Vigo. E não falemos dos senhoritos impositores compatriotas da irmã de Messi que oprimem linguisticamente a milheiros de trabalhadores galegos continuamente.

#16 hai 18 horas e 43 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -8 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

#13 mceleiro, en Leganés os nenos galegos teñen que aprender en español, porque os seus mestres madrileños non coñecen o galego.


En Cornellá os pais galegos e sudamericanos queren que os seus nenos aprendan en castelán, porque os seus mestres poden. Coñecen perfeitamente o castelán, as veces mellor co catalán.

Os mestres madrileños non son feixistas. Un mestre catalán que no lle fale aos nenos galegos ou sudamericanos en castelán, é un feixista.

E os do Club Fianaceiro de Vigo sonche os que mellor argumentaron a imposición da lingua dos señores (en Galicia o castelán, agás en Ferrol, en Cataluña o catalán) aos traballadores...

Dinno moi clariño... lee todo o informe... da pra pensare...

(enlace ao informe do Fianciero de Vigo, no comentario #10)

#38 hai 10 horas e 7 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

#17 arzaya, #23 pasarloben e #29 maelocdorouco, describo... o que pasou en Galicia co franquismo foi un xenocidio cultural... ¿ou non? Pois é o mismiño que está a pasar en Cataluña cos nenos castelanfalantes (galegos, ou sudamericanos).

¿E que pasou? Que os nenos fillos dos traballadores campesiños, galegofalantes, entraban nunha clase na que o 80% eran galegofalantes, pero o mestre de primaria, (tamén galegofalante nun 80%, mais ou menos), non deixabaos falar a eses nenos en galego ¡Xa o aprenderán na rúa!

Resultado... diglosia. Aprendían arreo o castelán, pero non aprendían a escribir ou leer en galego. Inda hoxe, os vellos leen a Voz en castelán perfeitamente, pero si ven un artículo en galego, o saltan. Nolo leen. Non poden. Xenocidio cultural. Porque os mestres, que podían ensinar en galego, nolo fixeron... pero, porque darianlles unha paliza de morte.

Os nenos... algúns sentironse humillados, outros cabreados... outros nada. Pero a cultura en galego, a súa trasmisión, perderona...

Hoxe nunha clase catalana en Cornellá, de primaria, os mestres falan perfeitamente o castelán e o catalán. Entra un neno galego ou sudamericano. Non entende papa de catalán, coma o 80% da clase. O mestre non deixalles falar o castelán. Aprenden arreo o catalán, pero non a escribir ou leer en castelán ¡Xa o aprenderán vendo Tele 5!

Uns sentiranse humillados, outros cabreados... outros nada.

Resultado... ¿Vanlle escribir aos seus avós en catalán, ou escribiranlles a Ecuador no castelán dos "turista"? Diglosia, no tan forte coma o dos vellos galegos, pero diglosia (ver enlace ao final). A súa cultura, india ecuatoriana, vana a perder.

E os mestres cataláns ¿de que teñen medo pra repetir o xenocidio do franquismo? Palizas de morte xa non estilanse...

Os mestres madrileños, ou franceses, se teñen alumnos galegos, marroquíes, rumanos, non poden falarlles nas súas linguas porque nolas coñecen. Os mestres galegos ou cataláns, tampouco. Eses nenos marroquíes ou rumanos, en Madrid, Vigo, París ou Barcelona, teñen que aprender nun idioma novo, e perdelo seu. Unha calamidad mais da emigración. Non falarán cos seus avos en rumano ou árabe, porque nolo leerán ou escribirán ben. Seranche diglósicos. A súa cultura perderana.

Pero os nenos galegos do franquismo, ou hoxe, os nenos sudamericanso de Cornellá, foron e son diglósicos porque os seus mestres os esmagan. Puidendo, uns e outros mestres, evitalo, porque o idioma deses nenos temén é o seu.

Os mestres franquistas eran uns feixistas, por medo... os da Generalitat, tamén.

Enlace a unha estadística da Generalitat na que mostra que os nenos traballadores falan mellor o catalán co castelán, como pasoulles aos nenos galegos, que falaban mellor o castelán co galego. Sinal de diglosia. O enlace eche este:

http://nacionalismodeandarporc...

#40 hai 8 horas e 10 minutos pasarlobien

E pregunto eu, se un neno mapuche que estude en Cataluña ten que aprender Catalán e perder o mapudungun, por que un neno galego en Cataluña non ten que aprender catalán e perder o galego??

lenin #41 hai 7 horas e 49 minutos lenin

Jajaja.

O Raimundo é de coña. Entón Raimundo os profesores en Suecia son "feixistas" porque imparten a metade das asignaturas en inglés, e os coitados dos cativos son sueco falantes?

#42 hai 12 minutos Raimundo

#40 pasarloben, os mestres cataláns (ou madrileños, ou barceloneses, ou parisinos) non saben galego, ni mapuche.

Non poden ensinar neses idiomas. Está claro. Non hai nada que facer. Os nenos inmigrantes perderán a trasmisión da súa cultura no seu idioma-nai (o mapuche, o galego) en Barcelona, Madrid ou París. Unha calamidade mais da inmigración, do seu desarraigo.

Pero si poideran aprender en castelán, no perderían toda a súa cultura. Os pais inmigrantes mapuches, ou galegos, saben o castelán... sabeno moitos avos. Nunha aldea galega saben o castelán. Nunha mapuche, algúns saben o castelán. O catalán nolo sabe ninguén en Galicia, nin en Sudamérica.

Só en Cataluña, Galicia ou País Vasco, os mestres poden ensinar perfeitamente en dous idiomas. Coñecen, moitas veces o castelán mellor co galego ou o catalán (no País Vasco, case todos, a maioría so chapurrea o vasco). En París, en Madrid, non. Só coñecen un idioma... o seu.

Só en Cataluña un mestre provoca a diglosia aos seus nenos, sabendoo... pola inmersión total. Un neno sudamericano entra na clase e non entende nada durante meses. Crueldad tipicamente feixista.

En Galicia, non. Inda non temos inmersión total nun só idioma. A feixista. Cun poco de sorte, teremos inmersión en tres idiomas, seguindo o Plan Burela, a demócrata. A que necesitan os nenos.

"Que se joda. Así se enterará de quien manda aquí" berran en Cataluña os señoritos... e os mestres, obedecen. Igual din os do club Financiero de Vigo, "que hablen español, que es nuestra lengua, y para eso les quitamos del hambre". Igualiño. Os traballadores de Vigo, ou de Cornellá, perden o seu idioma, sen necesidade, porque quereno así os jefes. Galegos ou cataláns.

Mesmo os netos dos republicanos cataláns exiliados en México, teñen que perder o seu idioma. O mexicano. Feixismo.

#43 hai 1 minuto Raimundo

#41 lenin, os suecos fixeron uns dos esforzos mais grandes pra darlles aos nenos un futuro. Se o inglés é a lingua do comercio, e hai que sabela, tiñan dúas opcións, a española, que o inglés souberano só os ricos... ou todos.

Pois como bós demócratas, os suecos dixeron que todos os nenos terían as mesmas oportunidades para o seu futuro, aprendendo o inglés.

Ese profesorado é demócrata ao 100%. Siguen ensinando en sueco, o idioma nai dos nenos. Só faltaría que só ensinasen en inglés. Os nenos conservan a súa cultura, e dende pequeniños, abrense ao mundo.

E non sei como, pero tiveron que facer un esforzo xigantesco... e fixerono ben. Amigos meus que estiveron tempo alí comprobaron que todos falan inglés. Deben ter uns mestres fabulosos. Porque dise pronto... Imaxínate. Eiquí non somos capaces de que os nenos aprendan galego, catalán ou castelán, idiomas moi parecidos... pero o inglés e o sueco...

O Plan Burela esixe un esforzo semellante, pra que a escola pública ensine nos tres idiomas fundamentais pra os nenos. Non seremos capaces de facelo.

O inglés pra escola privada, que total, pra que queren os traballadores sabere inglés, "para eso ya estamos nosotros".

#44 hai 42 minutos mceleiro

Ai Raimundo! Os professores mais "xenocidas" e "feixistas" que podes conhecer estão na escola de idiomas.

Se vamos às aulas, tu que falas ferrolano e eu que falo galego, toparemos com um professor "feixista" de inglês que nos falará só inglês, e o grande f.d.p. seguro que sabe galego e ferrolano.

O mesmo, o "feixista" de francês, de alemão, de italiano, de árabe, de chinês,...

#45 hai 1 minuto Raimundo

#44 mceleiro, aos profesores de inglés paganlles pra que falen só en inglés. Home... Vexamos o caso que propos...

Imaxínate que a Xunta lexislase que na escola pública só se falase en inglés... que todolos mestres falasen e ensinasen en inglés, sin deixar aos nenos falare en galego, ou en castelán. Inmersión total só no inglés (un supoñer, home)

Os nenos aprendería a leer e escribir en inglés. En galego, ou en castelán, so falarían. Coloquialismo. Non terían facilidade pra escribir ou leer en castelán ou en galego, porque na escola só escribirian e escribirian en inglés.

Sabrian moito inglés, pero cando fosen maiores, os periódicos só estarían en inglés. Cun algún artículo en galego, ou castelán, que estes nenos, xa mozos, non leerían, por falta de costume, costarialles... e o deixarían...

En ese caso (que é o caso catalán), os mestres (todos, non só os de inglés), serían uns feixistas, porque os nenos perderían a súa cultura en galego, ou en castelán... sustituida pola inglesa... Cando eles poderian ensinar en galego ou en castelan, pero nolo farian por medo a Xunta.

O que pasou no franquismo... os argumentos serianche os mesmos... "é mellor pra eles que aprendan o castelán, que así sairan de pobres" decían os mestres do franquismo... poderian decir o mesmo no caso de impor o inglés... "es mejor que aprendan todo en inglés, asi tendran mejores empleos", dirian. Igual.

Os suecos fixeronlo cunha pedagoxia democratica, pra que todolos neos sexan iguais. Pero sen abandonar o sueco. No franquismo antes, e hoxe en Cataluña (no Pais Vasco, van cambiar), os nenos perdían/perden a súa cultura, a da súa lingua nai.

A diferenza entre un ensino feixista (o catalán, o franquista), e outro democrata (o sueco).

¿Que che pareceu este pesadelo? O que están a pasar os nenos de Cornellá castelánfalantes... e non os suecos...

#46 hai 11 horas e 19 minutos mceleiro

Os "nenos de Cornellá castelánfalantes" não estão a passar nenhum pesadelo. Estão a aprender um idioma em situação de diglósia (não bilinguismo) mediante um sistema educativo onde se quer CORRIGIR UM PROBLEMA LINGUÍSTICO. A pedagogia consiste numa política linguística de IMERSÃO.

Sabes perfeitamente que sem essa imersão, esses nenos de Cornellá nunca aprenderão catalão.

Sabes perfeitamente que o conhecimento de castelhano em Cornellá está também TOTALMENTE GARANTIDO. Equilibra o uso linguístico de duas línguas num mesmo espaço.

Sabes perfeitamente que os "nenos de Cornellá" saem da escola sendo BILÍNGUES, tanto no oral como na escrita, e ainda com melhor competência em castelhano que em Castela.

Sabes perfeitamente que os "nenos de Cornellá" são totalmente competentes em 2 idiomas, embora os de Madri só o são num, e que o facto de conhecer várias línguas os situa em ventagem respeito aos madrilenhos para a aprendizagem de outras.

#62 hai 1 minuto Raimundo

#46 mceleiro, sei perfeitamente que a situación de inmersión na lingua dos señores era a política do franquismo. Só castelán. Resultado: humillación dos nenos galegofalantes, e diglosia... os nenos aprenden a escribir e leer nun só idioma, o da escola. En castelán, non en galego, a súa lingua-nai.

Sei perfeitamente que a situación de inmersión no catalán ten os mesmos efectos. Humillación dos nenos castelánfalantes. E diglosia. Os nenos aprenden a leer e escribir en catalán, o idioma da escola. En catalán, non en castelán, na súa lingua-nai.

A mesma inmersión, os mesmos resultados... non tan rotundos, porque hoxe hai mais medios, pero os fillos dos traballadores teñen mais fracaso escolar... e a inmersión ¿vailles axudar? Axudalles a fracasar mais. A estadística dí que la inmersión lingüística en Cataluña "da un fracaso en alumnos castellanohablantes del 42,6% frente al 18,6% de los catalanohablantes", ouseña, a inmersión = fracaso escolar don nenos inmigrantes (enlace abaixo)

A mesma humillación (enlaces abaixo)

E aprenden mellor o catalán co castelán, como os nenos galegos do franquismo aprendían mellor o castelán co galego (enlace abaixo).

En Canadá faise a inmersión pra que os nenos aprendan dous idiomas, inglés e francés. En Cataluña, no franquismo, pra que os nenos aprendan o idioma dos señores (enlace abaixo)

Enlaces:

Una vasca recuerda (todavía hoy) su humillación en la escuela franquista:

http://nacionalismodeandarporc...

La hermana de Messi lloraba porque solo le hablaban en catalan. En el primer comentario, MCeleiro recuerda como la maestra le imponía el castellano. Como el catalán a la hermana de Messi. O a los hijos de los trabajadores inmigrantes:

http://nacionalismodeandarporc...

Enlace sobre a inmersión lingüística en Canadá:

http://nacionalismodeandarporc...

Enlace sobre o conceuto de inmersión lingüistica, e os seus resultado en Cataluña:

http://nacionalismodeandarporc...

Os nenos castelanfalantes teñen maior nivel en catalan que en castelan, como os nenos do franquismo:

http://nacionalismodeandarporc...

#94 hai 58 minutos Maeloc-do-Rouco

raimundo o unico nacionalista excluinte descarado es tu com o teu nacionalismo espanholissimo...Qualquer criança pode aprender qualquer lingua em qualquer pais do mundo...O normal e aprender a do pais onde se reside, seja este Catalunha, Inglaterra, Galiza, Thailandia ou Dinamarca. O seu nacionalismoe spanhol leva-lhe a "burrear" do jeito imperialista ao meter no saco espanhol aos peruanos (foi vostede a Peru??? o castelhano eum idioma tam imposto como o e o galego na Galiza senhor...a populaçom fala quechua e outras linguas sr Raimundo...se falam castelhano e orque se ecolarizaram nessa lingua, o mesminho que figemos os galego-falantes deste pais, malia ter-mos lingua proprias!!!...Como nom vai pretender a Generalitat de CATALUNHA que as crianças catalas sejam de origem quechua, galego, aymara, romeno, irlandes, basco, frissom, mandarim, bretom ou ruso aprendam EM CATALAM??? A unica razom de seu e polo seu nacionalismo EXCLUSSIVISTA ESPANHOL...Nem mais nem menos...nom nos tome por parvos nem insulte a noss ainteligencia..e por certo viaje a Londres (Stockwell0, a Peru, a Chiapas etc etc e deixe d emanipular com o seu imperialismo linguistico hispanista

Raimundo #95 hai 1 minuto Raimundo

#94 Maelocdorouco, ouseña... un neno peruano que fala quechúa, cando é escolarizado en castelán... é un xenocidio cultural, porque ese neno aprende arreo o castelán, pero perde a súa cultura, porque non vai a leer nin a escribir en quechúa... vai leer e escribir en castelán... o quechúa falaralo... coloquialismo... diglosia... de mozo, leerá periódicos en castelán, pero cando traian algún altículo en quechúa, saltaralo, porque ten dificultade en leelo quechúa.

O mesmo xenocidio cultural do franquismo en Galicia.

Ben. Un neno arxentino, ou andaluz, que fala castelán, cando en Cataluña é escolarizado en catalán, inda que os mestres cataláns poderiano ensinar perfeitamente en castelán... ¿Non vai a aprender a leer e escribir só en catalán? ¿Non vai a escribir e leer mal en castelán? ¿Non vai só a falar o castelán, sen escribilo apenas? ¿Non vai ter diglosia? ¿Non é un xenocidio cultural como o do franquismo?...

Igualiño... os xenocidios galegos, quechúa, catalán... todolos que impoñen aos fillos dos traballadores a lingua dos señores...

Comentarios ao artigo de Heitor Picallo: A nacionalidade sen nome. Vieiros, 04/07/2009

#28 hai 1 dia iamesa [Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

A ver Raimundo... Penso que non me entendes (...)

PD: Nada ten que ver o modelo franquista co catalán, infórmate un pouco e aprende... Esa comparanza é digna dunha mente acostumada a aprender todo a través da boca dun tío que o leva por onde queira, mais non é propia dunha persoa que "supostamente" ten a intelixencia suficiente como para comentar nun artigo de opinión du xonral como Vieiros... Ante todo, orgullo e dignidade, non caiamos tan baixo como para comparar catalanismo con franquismo.
Respecto, educación e sinceridade, por favor... (...)

#30 hai 22 horas e 43 minutos Raimundo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#28 iamesa, os nenos galegofalantes fillos dos traballadores cando entraban na escola primaria franquista, os seus mestres (que sabian falar galego, e castelán), non deixabanlles falar en galego... resultado... humillación, fracaso escolar, diglosia (aprenderon, e pronto, a escribir e leer en castelan, pero non en galego)...

Os nenos castelánfalantes fillos dos traballadores, hoxe, cando entran na escola primaria catalana, os seus mestres (que saben falar castelán e catalán), nolos deixan falar en castelán... resultado... humillación, fracaso escolar, diglosia (estes nenos escribirán e leerán ben en catalán, pero non na súa lingua nai, o castelán)... ¿Invento?

Xa me dirás as diferenzas... (...)

#34 hai 15 horas e 52 minutos Maeloc-do-Rouco

Os nenos castelánfalantes fillos dos traballadores, hoxe, cando entran na escola primaria catalana, os seus mestres (que saben falar castelán e catalán), nolos deixan falar en castelán... resultado... humillación, fracaso escolar, diglosia (estes nenos escribirán e leerán ben en catalán, pero non na súa lingua nai, o castelán)... ¿Invento?

Inventas ..porque alem do teu preconceito os nenos podem aprender perfectamente a lingua propria de Catalunha (o catalam) e a lingua que se fala na sua casa (qie ao ser o castelam este presente numha esmagadora maioria nos meios de comunicaçom social lidos e audiovisuais de Catalunha...Por certo...que tem que ver que um mestre catalam saiba castelam pra que tenha que desenvolver a sua tarefa na lingua propria de Catalunha...Por que nom falam galego com os nenos galegos os mestres que o saibam?? Se falam castelam e polo nacionalismo hegemonico espanholista propiciado polo franquismo e que ignora a realidade plurinacional do Estado Espanhol...As crianças Raimundo nom tenmhem os teus preconceitos..e se os nenso galegos e peruanos tiveram que aprender castelam dantes do galego ou do quechua NATURAL des eu...por que nom ham aprender o catalam se estam a viver em catalunha?? Es tu umha especie de genocida cultural?? Por que nom aceitas que milhor lhes seria a essas crianças aprender bem o ingles?? Por que nom aceitas que em Catalunha pode-se e deve-se aprender a lingua propria (o catalam), a lingua internacional (o ingles) e logo a/s lingua/s proximas como o castelam ou o frances??

#36 hai 13 horas e 20 minutos iamesa

Raimundo... Ninguén priva aos nenos castelanofalantes en Catalunya falar castelán e poden facer os exames en castelán (agás o de catalán e os de lingua estranxeira, evidentemente), mentres que na época de Franco iso levaba asociado un suspenso, un expediente, un tachón na túa carreira educativa e noutros niveis, se cadra, levabate a un paseo no que finarías e, que eu saiba, en Catalunya non se asasinou a ninguén por falar castelán, ou si?

Que máis? Franco impuña unha lingua allea, en Catalunya normalízase a lingua propia/nacional de Catalunya dende o século X... Outro dato máis que demostre que esa comparanza carece de lóxica?

Ok! Que o catalán é unha lingua minorizada, que levaba (ata hai 30 anos) 300 anos sendo reprimida na propia Catalunya (fóra dela, en Castela, aínda o segue a ser) e que necesita destas medidas para sobrevivir; sen estas medidas, moi probablemente (segundo os estudos dos entendidos, non as túas ou miñas suposicións de novato) desaparecería a longo prazo... E o castelán con Franco? Unha lingua con 300 millóns de falantes e que nas zonas bilingües contaba con todo o prestixio, necesitaba esas medidas?

#37 hai 11 horas e 27 minutos Raimundo

#36 iamesa, os fillos dos meus amigos arxentinos que viven en Cataluña só poden aprender en catalán.

Dis que "Franco impuña unha lingua allea, en Catalunya normalízase a lingua propia/nacional de Catalunya"... Frando impuña unha allea aos fillos dos traballadores... a clase media das cidades falaban, e falan, castelán, a lingua imposta aos fillos dos traballadores...

Cataluña impón unha lengua allea aos fillos dos traballadores, que son castelanfalantes... a clase media catalana fala catalán, , e é a lingua imposta aos fillos dos traballadores...

As clases medias impoñen a súa lingua aos traballadores... no franquismo onte, e hoxe en Cataluña. As linguas non necesitan nada, son os nenos os que necesitan aprender na súa, e ademais outras, as que necesite.

No hay comentarios: