A condutora presentou un recurso pola vía contenciosa administrativa contra a multa porque infrinxía o artigo 56 da lei de tráfico e do artigo 138 do regulamento xeral de circulación ao estar a sinalización viaria exclusivamente en catalán "xerando indefensión á recorrente ao non estar rotulada en castelán".
Defendía que ditas normas prevén "que as indicacións escritas que se inclúan ou acompañen aos paneis de sinalización das vías públicas e inscricións figurarán en idioma castelán e, ademais, na lingua oficial da comunidade autónoma".
Pola súa banda, o Concello argumentou que a sinalización vertical, que ademais inclúe pictogramas, estaba "reforzada pola sinalización horizontal propia das zonas de carga e descarga para estacionamentos temporais e/ou universais, tratándose dunha sinalización universal".
No entanto, a xuíza asume que o artigo 56 da lei de tráfico obriga a que as indicacións escritas dos sinais "expresaranse, polo menos, na lingua española oficial do Estado" polo que o Concello incumpriu dita lei." (Galicia Confidencial, 18/07/18)