23/10/09

La lengua de los emigrantes ¿es la de los señores?

(traductor gallego-español)

#28 hai 9 horas e 26 minutos ESPARAVANDA

Raimundo. ¡Non paras¡ Estás en todolos sitios. Vin algunha opinión túa criticando aos cataláns porque "obrigan" aos emigrantes a falar en catalán.¿ En que idioma pensas que falan os senegaleses que chegan a Madri? ¿Ou os galegos que traballan en Canarias?

Meu fillo, que fala correctamente galego, castellano e inglés, foi pedir traballo a un hotel de recepcinista (non vou decir nome)aquí en Galicia e dixolle a persoa que o entrevistou: " veo que estuviste en la Universidad ¿Fue allí donde cogiste la MANIA de hablar en gallego.". Meu fillo díxolle que o falaba desde neno porque o aprendera na casa pero que tamén falaba castellano e inglés. O estrevistador dixolle que o sentía moito pero que alí viña moita sente de Madri e que se lle podía escapar unha gallegada.-

¿Que che parece, Raimundo? ¿A túa defensa dos traballadores alcanza tamén ao meu fillo, tratado na súa terra como se fose un inmigrante? (...)

#29 hai 8 horas e 26 minutos Raimundo

#28 esparavanda, (...)

Se o galego que traballa en Canarias, se o senegalés que traballa en Madrid, e que falan castelán... van traballar a Barcelona ¿por qué vai cambear o senegalés o idioma? Se o entenden todos.

En Madrid só entenden o castelán. En París, só o francés. Pero en Barcelona, en Bilbao, entenden perfeitamente o castelán... esa é a diferencia...

Se ao senegales, se ao galego, nolo deixan falar no castelán que todos entenden... están a discriminalo, están a votalo fora do traballo (que asi queda pra os cataláns). En Madrid, en París, non che ai outra, pero en Barcelona sí... polo que é unha imposición política... que responde a unha vontade de discriminar ao de fora. ¿Ou non?

A teu fillo pasalle o mismiño que lles pasa ao senegales, ao galego de Canarias... pero en Galicia... onde os señoritos que falan castelán, queren discriminalo pola súa lingua, o galego (home, inda non din "ou falas castelán, ou non tes traballo, como alá, pero...)...

E en Cataluña, os señoritos, que alí falan catalán, queren obligalos a falar en catalán, inda que entendan perfeitamente a lingua dos traballadores (que é o castelán), a lingua dos emigrantes.

En Galicia os señoritos castelán-falantes esmagan aos traballadores galego-falantes... e en Cataluña, os señoritos catalán-falantes, esmagan aos traballadores emigrantes castelán-falantes.

É cuestión da discriminación dos traballadores, en Galicia, en Cataluña... a discriminación do teu fillo, é a misma discriminación dun galego en Cataluña... mira ti...

#32 hai 7 horas e 42 minutos tranqui

(...) En canto o senegalés que vive en Cataluña (non que vai dous dias de pasada (que parece que hai que explicalo todo) porque ten que aprender catalán? pois quizás por que é a lingua de Cataluña? ou é que en Madrid cando os nenos co pp sexan todos expertos no inglés van deixar de falar castelán e así entenderanos tódolos senegaleses?.

#39 hai 5 horas e 22 minutos Raimundo

Tranqui, en canto ao senegalés, se vive e traballa, e paga os seus impostos en Cataluña ¿non é catalán? ¿Por qué fala en castelán? Inda que sexa porque xa ten dabondo con traballar dez horas diarias no andamio, e non quere ir a clases.

Se se falan dúas linguas ¿por qué non ten dereito a escoller a que permitirialle traballar en mais sitios? ¿Por qué non vai ter dereito a decidir a súa lingua de traballo?

Se non pode elixir, é discriminado... e da discriminación, pásase rapidiño a persecución... por exemplo, a que explica o xornao "El Periódico", de como os inspectores lingüísticos da Generalitat, persiguen aos camareiros sudamericanos... se nolo falan, ao paro...

¿Se perdes o traballo porque un inspector dí que non sabes catalán... en donde estamos?

Enlace a persecución dos camareiros sudamericanos en Cataluña:
http://nacionalismodeandarporc...

#152 hai 4 dias MCXOSE

Por certo, en E.U.A. fálanse moitas linguas. Julio R.M. traballa en New Jersey, como centos de galegos e miles de portugueses que en New York e na súa área metropolitana intentan gañar o pan cada día; uns falan galego e outros portugués, e enténdense. Non falan "ejpañol" ou "ehpañó", e menos castelán. E non che digo en Chinatown o que se fala tamén, ou en Little Italy... "Señoritingos" abundan máis que en ningún outro sitio na Comunidade de Madrid, e na cidade de Madrid e no PP de España. Mira O caso Gürtel, e o PP de Valencia: reloxios de vinte mil euros etc etc etc etc etc (son nacionaLISTOS españois)... Os galegos emigraron a Arxentina e tiveron que adaptarse ao idioma de alí, que nin sequera é castelán, senón unha especie de español que por obra e graza dos medios de comunicación nos soa tan familiar e que ninguén se cuestiona se "vos" é "tú" ou "Yo" "Xo", e tantos outros vocábulos e formas que no Estado Español non se empregan: pois os galegos tamén tiveron por necesidade que aprender a fala de alí. Pero non todos fan todo por cartos: hai xente que aproveita calquera instante ou situación para aprender, incluso enriba dun andamio e na novena hora de traballo cando xa estás até os collóns de pasarlle tella ao compañeiro. Enriba dun andamio aprendín moitas cousas, e falando e escoitando EN GALEGO. Por exemplo aprendín italiano, filosofía, cultura xeral, prefeccionei e enriquecín o meu vocabulario en galego, aprendín cousas sobre a sexualidade... e moitas cousas que non se dan nas universidades de Zara e Bershka e becas fraudulentas: estas só as podes aprender na Única e Imcomparábel Universidade da Vida. Esa cultura xeral e específica é a que a moitos "finolis" castelanfalantes vos fan máis "vulnerábeis" culturalmente. Eu tiven coa idade de 15 abriles que cargar ao lombo con sacos de 50 kg. de cemento. Sabes de canto son agora?... Mentres escoitaba o disco "Bucdafucup" de Onyx por exemplo, e aprendía a entender e desfrutaba o Rap, levantaba a economía do lugar co meu esforzo -como dis ti ;)- Ao mesmo tempo aprendía inglés. E por se non queres parecer tan vulgar e ignorante, direiche que o peor na profesión de albanel nin por asomo é estar nun andamio. Sabes o que é botar unha placa con 35-38 graos ao sol?

MCXOSE #153 hai 4 dias MCXOSE

no comentario #151, as aspas "tragaron" o texto, e poñía despois de:por exemplo: Este es el punteiro.

#155 hai 4 dias Raimundo

#152 e #153 Mcxose, un albanel rumano en Barcelona, traballa dez horas, vota placas a 35-38 graos… e aprende filosofía, coma tí… e castelán.

A lingua dos traballadores barceloneses. E os señoritingos dos nacionalistas cataláns, queren quitarllea, e imporlles a súa, o catalán.

Un albanel marroquino, mentras carga sacos de cemento ao lombo, en Bilbao, aprende cultura xeral, coma ti… e castelán.

A lingua dos traballadores de Bilbao. E os señoritingos do PNV, e os asesiños de ETA, queren quitarllea, e imporlles a súa, o vasco.

Un albanel ecuatoriano, un pescador filipino de Ribeira, aprenden a universidade da vida, coma ti… e galego, a lingua dos traballadores galegos, que os señoritingos do Club Financiero de Vigo, queren quitarlles, para que falen na súa… o castelán.

Tes que estar moi acomplexado para botarlles aos emigrantes as culpas nosas. Se o vasco, o catalán, o galego, van mal… e por culpa dos vascos, dos cataláns, e dos galegos. non polo que falen os emigrantes.

Non porque os emigrantes prefiran o castelán en Bilbao, en Barcelona… porque é a lingua dos traballadores alá… e porque pode serlles mais util…

Se só soubese catalán… non podería saír de Barcelona, para ir a obras de Madrid ou Bilbao. E xa non digamos co vasco, entón… despois de 10 horas falando en castelán ¿Por qué vai cambiar?

Moi acomplexado debes ser, para votarlles en cara o que é o seu dereito a vivir mellor, na lingua que mais lles conveña.

E a educar aos seus fillos nela… se queren, se pensan que é o mellor para eles…

E dende logo, hai xente estranxeira enamourada do galego, e galegos enamourados doutras linguas… e que teñen dereito a enamourarse da lingua que lles pete…

#156 hai 4 dias MCXOSE

Raimundo, amigho, mexas por fóra eh!. Cíñete ao conto e non vaias polos cerros de Úbeda, a ver se vas chegar nunha destas esbardalladas a El Ejido e che confunden cun explotador deses andaluces. Home, alí si que che entenderán en castelán; agora ti a eles (non digo aos mouros) non sei, porque como se xunten catro ou cinco nunha roda e se poñan a falar un pouco rápido e ao seu, non te vas enterar de moito (dígocho porque fixen a Puta Mili en Andalucía). Os do Club Financeiro de Vigo, que veñen sendo algo así como a elite da estupidez máis ensanguentada de inxeniocidio burrocrático non representan Galiza. Como os magnates do Petróleo cos que negocia o Goberno Español non representan a España, aínda que haxa mouros dos do hule na cabeza multimillonarios negociando in Spain. Lamento que os do Club Financeiro de Vigo, ou para que nos entendan os das periferias ou aldeáns (¬¬), Camada de Chupatintas de Vigho, disfrazados de homes formais e cultos. Se lle dás a calquera traballador de a pé 1000 ou 2000 euros para gastar ao día xa verás como tamén se volven formais e andan tan tranquilos e sosegados que parecerán cultos incluso os que non o son. Si home, con cartos calquera é guapo. Se Bill Gates for galego e non renegase coma ti da súa terra, senón ao contrario coma Min, falarían galego até na China. Pero claro, con xente acomplexada de ser galega e que non cren neste País dos mil ríos, con tanta riqueza e beleza no seu seo, estariamos condenados ao fracaso e incluso á extinción. Se por ti for, só predominaría a raza aria ou raza española, e todos falarían español, una lengua grande y libre; e os homosexuais non poderían casar nin adoptar fillos/as; non se podería abortar... O LÓXICO EN GALIZA É FALAR GALEGO. O GALEGO NON SÓ É A LINGUA DOS TRABALLADORES GALEGOS; TAMÉN O É DOS PARADOS, DOS VAGOS, DOS QUE ESTÁN DE BAIXA, DOS RICOS, DOS MÁIS RICOS E DE AMANCIO ORTEGA. O GALEGO É A LINGUA DE TODO O MUNDO, DE QUEN A QUEIRA FALAR. Pódese falar galego nun Jacuzzi, dentro dun Ferrari e incluso comendo ovas de esturión e bebendo un Vega Sicilia ou Don Perignon. Si, sei por experiencia que hai xente que está namorada de Galiza: da súa lingua e da súa cultura, da súa terra e do seu mar. Que mágoa que non sexa o teu caso. Se me falas do PNV e da ETA, fálame tamén do PP, da Falange, do Opus Dei, das Faes, dos Ultrasur e de todos eses nacionalistas españois que teñen a desFACHAtez de lles chamar nacionalistas -e incluso perigosos- aos partidos nacionalistas doutros territorios que non comulgan cos touros, co flamenco-chotis e co fútbol da capital. Toda esa fauna ibérica de fascistas tamén impoñen o español (refírome ao castelán). Impositores cínicos: eles poden, os demais non podemos. Vafanculo scemo! diría Fabri Fibra nunha canción.

#158 hai 4 dias Raimundo

#156 MCXOSE, en Galicia haiche un millón de galego-falantes (a maioría, traballadores, agás Ferrol)... E outro millón de castelán-falantes (clase media, xente da cidade)... polo que eu sei...

E todos sonche galegos, porque viven e traballan en Galicia... e eiquí pagan os seus impostos... falen o que falen... a cidadanía non pode quitarse por falar un idioma, ou falar outro...

E en Cataluña, no País Vasco, os señoritingos fascistas impidenlles aos seus traballadores castelán-falantes traballar na administración autonómica, pola esixencia de saber o idioma dos señores (o catalán), non dos traballadores (o castelán). Os discriminan pola lingua.

¿Pareceriache que aos traballadores galego-falantes se lles esixira un outo nivel de castelán pra traballar nos concellos das cidades galegas, castelán-falantes? ¿que foran discriminados sese xeito? Non, verdade, pois iso é o que fan os teus señoritingos vascos e cataláns... impor a súa lingua aos traballadores...

#168 hai 3 dias bertus

"Bueno, pois dalle unha volta as miñas refutacións, baseadas na defensa dunha cidadanía sen discriminancións por linguas, razas, ou relixións..."
As túas parvadas xa están máis que vistas de tanto que as repites, e xustamente demostran que se basean no contrario do que dis que se basean. É unha das claves da ideoloxía entendida como distorisión o ocultar os intereses que moven o seu sistema de valores, amostrando como "natural" un feito histórico continxente.
No caso do teu discurso falta demasiada sutileza intelectual (como moi ben di Vence no seu artigo, no caso de Galicia os discriminadores lingüísticos son de pouca categoría intelectual e profesional) como para non ver o discriminatorio e os prexuizos lingüístico-relixiosos que o moven sen ocultamento ningún. Por moito que en #164 te autoenganes, o teu é coma o dunha anoréxica extremadamente demacrada con aspecto de caveira: mírase ao espello e vese gorda.

#171 hai 2 dias Raimundo

#168 bertus... o conceuto de cidadanía... de homes libres... non admite ningún tipo de discriminación... por exemplo... impoñendo aos traballadores dun lugar, a lingua exóticas dos señores... o castelán en Galicia, o catalán en Cornella...

¿Podes refutalo? Ou vas seguire con insultos, eso sí, moi ideolóxicos, tipo "pouca categoría intelectual e profesional"... ou "túas parvadas"...

Insisto... ¿para cando os teus argumentos?...

#218 hai 4 horas e 40 minutos suso

Se um magrebí vai a trabalhar a Merdid ou a Miranda de Ebro (e há dous milhões deles na Espanha nessas circunstâncias), pois que aprenda castelhano, "pa eso está en España"; pois se um andaluz vai a Catalunha, digo eu que terá que aprender o catalão...se o não aprende, sendo tão fácil como é, é que o guicho é um autêntico filho da puta e um catalanófobo. Que pensariamos dum pakistaní que monta uma loja de frutas em Carabanchel e, como tende gente do seu pais e não lhe vai nada mal, passam 20 anos e o fulano segue sem saber falar em castelhano? Seria para mandá-lo a tomar polo cú. Se eu fosse madrilenho e me encontro com um tipo assim, diria-lhe "oye, estás aquí en mi tierra, viviendo de puta madre, y no sabes que coño es una berengena?" "Pues eres un mamón". Pois isso mesmo é o que devem pensar os catalães quando gentes vidas de fora se negam a aprender o catalão. E os galegos, quando um imbécil qualquer (seja ou não galego) depois de vinte anos no bçacão dum bar ainda não sabe o que é um sumo de pessego.

#219 hai 1 minuto Raimundo

#218 suso,

En principio, moitos galegos que estiveron en Alemaña dez ou quince anos, non aprenderon alemán… ¿eran uns mamóns? Se ti lo dis… eu penso que despois de 10 horas nunha fábrica, aprendes a chapurrear o que necesitas… pensas en aforrar para voltar… e listo… pero claro… sons uns mamóns… di o señorito…

E un tendeiro pakistaní de Madrid, metido 12 horas na súa tenda, na que só fala cos seus… pois aprende a chapurrear o español que necesite… pensando en aforrar para voltar… pero é un mamón… di o señorito…

En Alemaña, en Francia, en Madrid, falase soamente un idioma, alemán, francés, castelán… ninguén sabe outro. Os emigrantes teñenlo que aprender… ese, non hai outro.

Non eche así en Cataluña, no País Vasco, onde a lingua dos traballadores é o castelán… ou en Galicia, onde é o galego, pero nas cidades falan todos o castelán.

Así que os emigrantes poden elexir… a lingua dos traballadores, o castelán, o galego, ou a dos outros.

En Cataluña tres millóns de traballadores son castelánfalantes… en Galicia, un millón de xente da cidade fala castelán… así que un emigrante pode aprender só castelán, porque co castelán pode ir por toda España… e co catalán, co vasco, ou co galego, non.

Pero os emigrantes que traballan en Barcelona… aprenden a falar, ou chapurrear, o que falan os traballadores alí… o castelán… mira ti…

Pero segun ti, sons uns mamóns… porque aprenden a falar a lingua dos traballadores… di o señorito… cando tiñan que aprender o idioma dos señores…

¿Onde? Porque no posto de traballo… non…

E se o tendeiro ecuatoriano, metido todo o día na tenda, só fala castelán coa súa clientela ecuatoriana… é un mamón por non falar catalán, di o señorito.

E ti podes pensar o que queiras… desa xente, dos emigrantes… que son uns mamóns, ou que nolo son…

Pero o que non tes dereito, ao que ninguén ten dereito, é a criminalizalos por iso, ou a discriminalos pola lingua, por non saber catalán ou galego… ou a perseguilos e facerlles perder o seu posto de traballo por non saber catalán… cando saben o castelán, o idioma dos traballadores barceloneses… ou cando só saben pakistaní… porque veñen a traballar, a facer cartos, coma os nosos emigrantes, a levantar o pais no que traballan… non son erasmus, non van a aprender idiomas… só o xusto chapurreo para terse desenvolvido ben no día a día… e listo...

No hay comentarios: