30/11/16

“As balanzas fiscais fornecen a idea dun Estado benefactor e unha Galiza subsidiada”... Aí están as eléctricas, que fan negocio a conta do que teñen aquí mais os beneficios lévanos fóra... a Cataluña

"(...) - Déixao ben claro na propia capa do libro, 'As contas que nos contan. Balanzas fiscais, unha ferramenta ao servizo da recentralización'.

- A economía non pode reducirse ás balanzas fiscais, hai moitas máis, como as comerciais, as económicas ou as enerxéticas. O que non ten sentido é pretender basear somentes nas balanzas fiscais todo o contido económico, pretender que unha parte explique o todo.  (...)

Dar por boas as balanzas fiscais para explicar todo o fluxo de relacións entre Galiza e o estado é unha perversión intelectual. (...)

- Falaba antes de que non se podía reducir todo ás balanzas fiscais, que había máis criterios: comerciais, enerxéticos, etc... Ben, de ter todos en conta, sería moi diferente a fotografía da relación Galiza / Estado da que nos dá a das balanzas fiscais?

- O problema que queren tapar é o de como se financia o Estado español. Eu creo que os problemas de Galiza derivan en grande medida das políticas que se adoptan no Estado. Isto non é casualidade, hai que ter en conta a posición subordinada de Galiza a respecto do Estado e a Unión Europea. Non temos instrumentos de abondo para facer un modelo acaído aos nosos intereses e necesidades. E mentres non podamos facer iso, non avanzamos.

A diferenza entre créditos e depósitos era en Galiza no primeiro trimestre deste ano de máis de 15.000 millóns de euros. Estamos a falar de que o sistema financeiro expulsa de Galiza 15.000 millóns de euros para Madrid e o resto do estado, para fornecer créditos alí. Que poderiamos facer con eses cartos aquí? Non esquezamos que é o duplo do que o orzamento da Xunta para 2017.

Outra cuestión a ter en conta, en Galiza hai máis de 4.000 empresas, entre elas importantes compañías enerxéticas, extractivas..., que non tributan aquí. E iso afecta o noso PIB, mínguao. Aí están as eléctricas, que fan negocio a conta do que teñen aquí mais os beneficios lévanos fóra, e tributan fóra.

Con todo isto, o que quero dicir é que esa fotografía de Galiza, cando se poñen todos os balances riba da mesa, sería positiva para Galiza, mesmo estando nunha situación como a actual, de subordinación.
(...) 

Mais esa postura de refutar esa idea de pobo subsidiado atopámolo tamén en persoas que non son nacionalistas. Eu lembrou no tardofranquismo, un escrito do presidente da Cámara de Comercio da Coruña dicindo que tiña moi claro que Galiza tiña reservado o papel de suministradora de produtos e bens ao resto do estado, criticando a usurpación de aforros, a emigración... Se o pensamos ben, hoxe continuamos máis ou menos nas mesmas. Ou, en certos aspectos, peor, pois por non ter xa non temos nin sistema financeiro propio. "                (Entrevista a Xosé Díaz Díaz, Sermos Galiza, 28/11/16)

No hay comentarios: