8. No ámbito lingüístico, nas nacións europeas desenvolvidas, ilustradas e civilizadas isto concrétase na chamada intercomprensión lingüística: A intercomprensión é o feito de comprender diversas linguas sen falalas: cada un fala e escribe na súa lingua, e comprende e le as dos outros. A intercomprensión baséase na capacidade dos falantes de encontrarse falando cada un a súa lingua propia e entendendo a do outro, a pesar de non falala fluidamente. Esta noción de familia de linguas, comprendérona ben os escandinavos: un danés, un noruegués e un sueco compréndense, mentres falan cada un a súa lingua. O costume de apoiarse sobre as similitudes (e utilizalas preferentemente cando se fala) e os estudio das diferenzas (e coñecelas para non perturbar a comprensión) permiten aos escandinavos comunicarse doadamente entre eles. Así, desde hai máis de un século en cada un destes países, ensínanse na escola as bases da gramática das linguas dos outros. Claro que alí ninguén pretende impoñer a súa lingua e borrar as demais do mapa.
#8 hai 8 horas e 47 minutos Raimundo
#6 clausewitz, unha idea moi boa, a da intercomprensión entre falantes de diferentes liguas.
Que é o fenómeno que dase cando un portuguén ven a España, ou un galego vai a Portugal.
E co italiano... e algo menos co francés, pero dáse. Si señor, a ter en conta o exemplo dos escandinavos. Pero entre nos, cos idiomas latinos.
Moi boa idea...". (Eduardo Rego: É xusta a liberdade de opinión?. Vieiros, 09/05/2009)
No hay comentarios:
Publicar un comentario