11/11/09

La lengua de los emigrantes

(traductor gallego-español)

Comentario al artículo de Camilo Nogueira. Desorientación (Vieiros, 10/11/2009)

#2 hai 18 horas e 59 minutos Raimundo

Se os do bipartito non fixeron moito, agás perder as eleccións ¿por qué ten que facelo o Feijoo?

o Feijoo ten unha politica moi clariña... non engana... de privatizacions... do que queda... a culpa é do Quim, do Touriño.

E por certo, ¿qué ten que ver a "a normalización da lingua galega como propria e oficial, a reforma do Estatuto de Autonomía, a emigración e o declinio demográfico"... ouseña... para traer emigrantes a vivir a Galicia... ¿imoslle esixir que aprendan galego? E senon, non...

Pois van vir...

#3 hai 15 horas e 32 minutos ESPARAVANDA

Raimundo....xa estás aquí outra vez?. Mira unha cousa: aos brasileiros e portugueses que veñen a Galicia ninguén os obriga a aprender a falar en "castellano", aprenden eles porque lles convén. Se eles aprenden o castellano, por qué razón un arxentino non vai poder aprender o galego?.- De todas maneiras direiche que coñezo a algunhas persoas do resto de España e tamén inmigrantes que tratan de aprender o galego sin ser obrigados. Ou, se non o aprenden, polo menos respeitano. Cousa que non facedes os renegados e acomplexandos galegos, que sempre estades a despotricar contra a nosa lingua.

#5 hai 4 horas e 34 minutos Raimundo

#3 Esparavanda, ¿xa estas eiqui outra vez? Plantexando unha cuestión... ¿e os romaneses, os bulgaros, os marroquinos... se o que queren é aprender o castelán? Porque poden ir a traballar a calquera lado...

¿Vaiselle prohibir? como fan os cataláns, que os cursos pra emigrantes danlleos en catalan? A maioria mulleres marroquinas... moitas con familia en Madrid, en París... ¿Se non queren o catalán? ¿votanas fora?...

Un traballador ten dereito a elexire o que mais lle convén... é un dereito...

#6 hai 3 horas e 2 minutos ESPARAVANDA

Raimundo... e como sabes ti que os romaneses, os bulgaros e os marroquinos queren aprender o castelán? Preguntachesllo ti??.- Ao mellor o que eles queren é que os madrileños e máis ti aprendades o romanés, o bulgaro e mais o árabe. Que che parece a cousa?.- Por què enseñarlles aos inmigrantes castellano é bo, e enseñanrlles catalán ou galego é malo?.- A un romanés, bulgaro ou marroquino que emigra á suiza francesa enseñánlle o alemán (idioma oficial de Suiza) ou o francés?? Ti que pensas?.- Penso que xa está ben de dar tanto a tabarra cos cataláns. A min non me interesa o que pasa en Cataluña.- Quero decirche, por último, que eu personalmente sempre falo en castelán con quen vexo que son inmigrantes, e tamén con españois que falan esta lingua, pero tamén penso que si unha persoa vén a Galcia debe ter presente que é ela a que se tén que acomodar aos galegos e non ao revés. A meu pai non lle falaban galego en Alemania (nos anos 60), senón que foi meu pai que tivo a aprender o alemán; e se fora para a Suiza francesa aprendería o francés.-

#7 hai 2 horas e 43 minutos Bacurinho

Teño unha amiga romanesa e un amigo esloveno que traballan dende hai 5 ou 6 anos no meu pobo;nun pais bilingüe,ela aprendeu galego e castelan indistintamente,no traballo fala galego porque vive no rural e o 100% da xente ca que trata fala no galego e na rua decide coma todos o que quere falar.El fala unicamente galego porque lle peta e porque non comprende como tendo un idioma temos que falar outro...gran lección a do esloveno eh?

#8 hai 2 horas e 4 minutos Raimundo

#7 Bacuriño, pois moi ben... un gran tipo o esloveno, pero ¿cal é a lección? Nos en Ferrol falamos castelán, e mailo castrapo... ¿Por qué temos que falar outro? Seguindo ao esloveno...

¿E por qué unha muller marroquina ten que facer os cursos da Generalitat en catalán, cando os traballadores barceloneses teñen o seu idioma, o castelán?

¿Por qué ten que falar outro idioma, distinto do qeu falan a maioría dos traballadores cataláns? e que arreglarialle a vida...

#9 hai 1 hora e 22 minutos ESPARAVANDA

Eu penso que o futuro de España e tamén de Galicia está nos inmigrantes. Sinto por eles unha especial simpatía. O amigo Raimundo parte da base de que todos os inmigrantes entran por Madri e que alí aprenden malamente o castellano e logo trasladanse a Cataluña. Tamén pensa que os inmigrantes son parvos e non poden aprender máis idioma ca o castellano. O que sí me gustaría decir é que afortunadamente os inmigrantes que veñen a España son persoas todas elas intelixentes e SEN OS PERXUIZOS LINGÜISTICOS que teñen os españolistas_castellanistas que se instalaron na lingua de Cervantes e xa non son quén de aprender outra, sexa euskera, catalán, galego, inglés ou francés. Os presidentes españois son os únicos que van polo mundo adiante sen saber máis idioma ca o seu. Claro que o problema non está en estas persoas estean menos dotadas que as demáis para aprender novos idiomas, senón na súa sobervia e intransixencia.-

Raimundo #10 hai 22 minutos Raimundo

#9 Esparavanda, dende logo, o noso fututo estache nos emigrantes... como estivo nas súas mans o de Alemaña, Arxentina, EE UU...

E os inmigrantes teñen dereito... entren por Barajas, ou polo Prat, ou na patera...

A elexir idioma nos paises bilingües... como o noso... a elexir a lingua común... a que vailles millor, pra traballar... hoxe en Madrid, logo en Barcelona, despois en Bilbao...

¿Ou van a aprender catalán, vasco, galego e castelán?

E non coñezo a ninguún galego que aprendera o vasco (home, algún con diploma, si... pero nin chapurrealo)... e os novos emigrantes, pois tampouco...

E non poden ser discriminados pola súa lingua, se só aprenden o castelán, nas oposicións das administracións vascas, catalanas ou galegos... senon, menuda integración esperalles...

#11 hai 4 horas e 52 minutos ESPARAVANDA

Vale Raimundo. E se o inmigrante é portugués e se quere quedar en Galicia e escolle o galego e quere traballar nun comercio da Coruña ou en Vigo? Os señoritos donos dese comercio permitiranlle que fale en galego no comercio?.- E se a inmigrante é unha galega da aldeia que vén para a cidade da Coruña ou Vigo e quere traballar de "criada" na casa dun rico? Permitiralle "la señora de la casa" que le hable en gallego a sus hijos/as??.- Miña nai traballou nunha casa en Ousense, fregandolle os pratos dúas horas polas tardes, e a "señora" rifaba con ela porque lle falaba en "gallego" aos seus fillos. Miña nai non sabía falar o castellano.

#15 hai 37 minutos Raimundo

#11 Esparavanda, non dis nada que non sepamos dende fai séculos... a lingua dos traballadores molesta aos señores...

Os de Club Financiero de Vigo están a tentalo... o de que no traballo, por lei, se fale en castelán... aldraxando o dereito dos traballadores a falar na súa lingua, que os patróns tamen entenden... igualiño que en Cataluña, de donte toman o exemplo... así que... xa me dirás...

Entón, vexamos, se levamos os teus exemplos a Cataluña... ¿Qué pasaría? O mismiño...

O mismo que ao emigrante portugués en Galicia, que nolo deixan falar os patróns en galego, pasarialle ao emigrante ecuatoriano, que traballa en Cataluña, nun bar... e que inda por riba, e que é perseguido polos inspectores da Generalitat, e se non sabe o que é un "tallat"... multa... e a pagala él... ou ao paro... unha persecución lingüística en regra...

¿Iría o portugués ao paro, en Galicia? Polo menos, inda os do Club financiero de Vigo non poñen inspectores pra vixiar que os inmigrantes só falen castelán...

En Galicia inda non tomamos medidas fascistas contra os traballadores, só estamos no intento... en Cataluña xa as teñen... mira a diferencia...

E se unha ecuatorian da aldea emigra a Cataluña, "¿Permitiralle "la señora de la casa" que le hable en castelán a sus hijos/as? Esa ecuatoriana non sabe o catalán... ¿Despediranla?

Aos traballadores obliganlles os patróns, a aprender a súa lingua, o castelán en Galicia, o catalán en Cataluña... dende sempre...

Enlace a comoson perseguidos os traballadores sudamericanos ou chinos, polos inspectores fascistas da Generalitat, o mesmo sistema que gustaríalles impor en Galicia ao Club Financiero de Vigo:
http://nacionalismodeandarporc...

#21 hai 2 dias Maeloc-do-Rouco

Se vives em Londres, Paris, Roma, Suecia, Mexico, etc...em qualquer sitio onde nom cheguem os tentaculos mediaticos madrileiros o discursinho do Raimundo e ridiculo....E tam cativeiro o seu mundoq ue so reproduz o discursinho mediatico de Madri aplicado a sua mentalidade provinciana....O parvo utel

#26 hai 16 horas e 5 minutos Raimundo

#21 Maelocdorouco, En París, en Madrid, en Roma, en México, só teñen un idioma, son monolingües...

En Suecia soche bilingües... igual que en Cataluña, en Galicia...

Pero en Suecia non teñen bandas fascista de inspectores lingüísticos da Generalitat perseguindo aos camareiros que só falen o idioma dos traballadores barceloneses... o castelán.

¿Gostariache perseguir aos camareiros galegos que só falen o barcelonés, Barcelona adiante? Só tes que pedilo... ¡a ese, a ese galego, traidor a Cataluña! Ata darianche unha medalla, "aos cipaios galegos dos cataláns"...

O que son os fascistas uteis...

Outra vez, enlace aos camareiros sudamericanos perseguidos polos fascistas:
http://nacionalismodeandarporc...

No hay comentarios: