28/11/09

Fueros y redistribución

(traductor gallego-español)

Comentarios a la noticia de Vieiros, 27/11/2009: A unión de forzas da prensa catalá en favor do Estatut axita o escenario político.

#18 hai 50 minutos nordes

RAIMUNDO, nestas tardes de outono podias ler a evolución historica dos sistemas forais de españa e aprender entre outras cousas que:
Foron respetados desde a "violenta anexión" do Reyno de Navarra no 1512, tanto polos reis catolicos, como polos austrias(carlos V,filipe II,etc), e sobretodo polos borbóns (unha rama da familia ven dos reis de Navarra), recollido como dereito dende a primeira constitución (Cadiz 1812,300 anos de dominación despois era a principal defensa nacional) defendido polos carlista (guerra borbons-borbons) defendido na I Republica, polo nacionalismo de Euskalherria, pola II Republica, polos requetés franquistas e os tecnocratas do opus dei nos anos 50-70 e ademais agora, tamen pola Constitución Española e os Estatutos de Autonomia. Non tes por que crerme, pero informate.
Decir con iso que o defenden todolas cores politicas de EUSKALHERRIA, todas; e ademais o problema fiscal e financieiro non é pa esas Autonomias senon pas outras 15 Autonomias que AINDA NON O TEMOS. Ese debe ser o obxetivo a alcanzar.

Raimundo #19 hai 1 minuto Raimundo

O carlismo vasco foi o que impidiu a constitución do estado liberal en España... o desenrolo da Constitución de 1812... o que quedaba dela...

O carlismo navarro foi o que deulle a vitoria a Franco, e impidiu o desenrolo da constitución republicana...

O cativeiro estado do benestar español é dos tempos de Felipe González... polo tanto... e o nacionalismo vasco foi quen de impedir a ruptura co franquismo, co seu terrorismo...

Esto foi o que pasou na realidade... sempre un atranco nas ansias de liberdade dos españóis... porque os movementos que beben nas fontes tradicionalistas, antogónicas coas surxidas da Revolución Francesa, son os que deron no fascismo...

E todos apoiaron aos nazis no seu momento, ou a Franco (flamencos, rexistas, carlistas...), agás o PNV, tras moito dudar (¡Dudar entre Franco ou a República! Isa duda solo pode tela un fascista), pois apoiaron a República, porque pensaron que iballe sacar mais privilexios para eles.

É cuestión de privilexios... o Concierto só é pra os territorios industrializados, ou con petróleo... para o País Vasco, para Cataluña, para Flandes, para o norte de Italia, para Santa Cruz de Bolivia, para Escocia, para Rio de Janeiro, para Sao Paulo...

Nolo é para Galicia, para Nápoles, para os indios amazónicos, para Valonia, para Gales, para A Paz... ¿Por qué?

Porque nega a redistribución socialdemócrata... dende os ricos, aos pobres... dende Botín aos becarios do seu banco... dende Madrid a Galicia (por certo, Madrid é quen mais aporta ao presuposto estatal, o que inclúe a Galicia)...

Pero dende o País Vasco (e pronto, dende Cataluña), non vai nada aos presupostos estatais... unhas limosniñas...

Se a túa proposta cumplírase, o que queren os vascos e cataláns... cumpliríase o soño do Botín...

Non habería redistribución socialdemócrata, dos mais ricos aos mais pobres... Botín (as élites económicas) non pagarían impostos... os hospitais, as pensións dos españois so se financiarían cos impostos dos traballadores...

E quebrarían... pero os hospitais privados dos ricos, non, e estarían moi ben dotados... se (ao estilo americano) estiveran financiados polos seguros privados dos que gañen mais de 10.000 euros ao mes...

Terían uns poucos hospitais perfeitamente dotados... ao que levarían en helicoptero a calquer enfermo rico da periferia... total, en media hora, atendido...

Pois igoal sería no caso do Concierto... os galegos pagariamos os nosos hospitais... sempre piores cos dos vascos, ou dos cataláns... porque as nosas rendas son mais pequenas...

Esa desigualdade é coa que pretende acabar a Revolución Francesa, a Constitución de Cadiz, a da República... a de agora...

E os vascos, os cataláns... e tí... queren que os galegos sexamos sempre pobres, e eles ricos... porque as reglas do xogo só benefician aos Botíns, aos territorios industrializados...

O que queres tí, 15 conciertos mais, é o que queren os que buscan a ruína de Galicia...

Que un galego pense así, que os nacionalistas galegos queiran rachar coa redistribución da riqueza, nolo entendo, nin entenderei nunca...

Porque chámase "traición a la patria"... así, en castelán... por si nolo sabes...

#20 hai 1 dia nordes

Mira neno non te lambes!!! Mira o que dis!!??

"O que queres tí, 15 conciertos mais, é o que queren os que buscan a ruína de Galicia...

Que un galego pense así, que os nacionalistas galegos queiran rachar coa redistribución da riqueza, nolo entendo, nin entenderei nunca...

Porque chámase "traición a la patria"... así, en castelán... por si nolo sabes"

Galiza Raimundo xa vai camiño da ruina. Donde estiveches este vran?!!
Perdemos coa nefasta negociación da financiación autonomica pa Galiza unha barbaridade de cartos, facendonos ainda mais deficitarios fiscalmente, precarizando os servizos autonomicos, nunha "negociación" cunha soa frase: "que ai de lo mio".

Non me señas inxenuo, co da "redistribución da riqueza" porque:

1)non souberon/quixeron aplicala nin PP nin PSOE, so coidar baronias

2)Madrid representa ó 14% do PIB, pero recauda ó 23% dos impostos..redistribución?? "traición a la patria"?? Vaia!!

3)Galiza produciu mais de 12000 M euros en impostos o ano pasado,pero recaudaos Madrid, e devolvennos 5500 M pa Xunta!? somos ricos claro!!

4)somos unha C.C.A.A. deficitaria que non pobre, donde van os 6500 M/euros?? redistribuidos claro!!

5)O LEXITIMO sistema foral corresponde cun modelo fiscal FEDERAL,por qué? porque si os servizos basicos os dan as CC.AA.,deberan recaudar os impostos, cubrilos seus gastos,e contribuir equitativamente segun a riqueza (PIB) coas competencias Estatais.

#25 hai 1 minuto Raimundo

#20 nordes...

E deses impostos recaudado en Madrid ¿cantos veñen a Galicia? Algo...

E dos impostos recaudados no Pais Vasco (e pronto en Cataluña) ¿cantos veñen a Galicia? Nin un chisco...

E eses impostos recaudados en Galicia ¿ chegan para finaciar as pensións, os hospitais dos galegos? Non...

Fai falla o reparto cos territorios ricos... e Madrid é o primeiro... en repartire...

Se Iberdrola ten a súa sede social no País Vasco... ¿ven diñeiro a Galicia dos seus impostos? Non...

Se a tivera en Madrid... algo viría...

O sistema común de financiamento do cativeiro estado do benestar español pódese millorar... pero o sistema de Concierto, non ten mellora... os territorios ricos apandan con todo... agás unha miguiñas para o estado...

Se Caja Madrid quedase coa Caixa Galicia, virán algúns cartos a Galicia... pero se a compra unha caixa vasca... adiós a todo.

Eu non entendo como un galego pode siquera querer un sistema de privilexio fiscal para os territorios ricos, que esmaga a Galicia.

É unha traición aos dereitos dos galegos, a disfrutar dos mismos servicios que todos... servicios logrados polos enormes capitais que trouxeron da emigración...

O sistema foral privilexia aos territorios ricos.

O sistema capitalista privilexia as élites económicas.

Lévanse moi ben, os dous sistemas... teñen a misma lóxica... a dos ricos.

O Feijoo tenta privilexiar aos seus, aos ricachos galegos, coas privatizaciones...

Os vascos (e pronto os cataláns), están a esmagar os dereitos de todolos galegos, ricachóns ou traballadores... a súa diferenza.

O sistema común basease na redistribución das rendas, os ricos pagan mais cos traballadores... e sumando todalas rendas, podese soster o estado de benestar europeo...

Se sacaslle as rendas dos ricos... pois pasamos ao sistema americano... cada un paga o que pode... os ricos teñen unha cobertura total...

Os pobres... poden ter cuberto o parto, pero non a cesárea... un profesor ten que vender casa e propiedades pra pagar unha operación... como en Galicia, antes de Felipe González...

Ou pagamos todos... ou non temos cobertura universal.

¿Cómo sería a sanidade con 17 sistemas forais? Pois que no País Vasco, coas rendas da industria... terían cobertura universal... pero en Galicia... coas rendas dunha poboación envellecida... e poucas industrias (Zara, Citröen..), pois teríamos un sistema como o americano... pagaría o parto... pero non a cesarea...

E si por riba Feijoo o tivera privatizad nosa sanidade... os ricos galegos terían gratis a cesárea... e os traballadores copago para todo... inda para os catarros...

Sería o resultado do roubo das rendas dos traballadores pola explotación capitalista...

O resultado do roubo das rendas dos territorios pobres... polos territorios ricos...

¿Como un traballador pode estar dacordo coa privatización dos servicios sociais?
¿Como un galego pode estar dacordo co sistema de privilexios foral?

Os dous sistemas, no fondo, iguais... son a ruina para Galicia... ¿cómo un galego pode querelos?

Un misterio...

Comentarios ao artigo de Xavier Cordal: Cataluña, o antes e o despois (Vieiros, 29/11/2009)

#5 hai 18 horas e 55 minutos Eurico

Raimundo....a túa ideoloxia PRO-CASTELÁ/MADRILEÑA é noxenta.

"E Cataluña vive millor gracias ao diñeiro dos emigrantes galegos, andaluces, extremeños, que trouxeron de Alemaña, Francia, Suiza, Inglaterra"

NON señor, Cataluña vive mellor porque defende o seu, porque non se deixa pisotear por Castela (Madride), porque é un pobo a gusto consigo mesmo, porque é un pobo que non pensa no "maloserá", porque é un pobo intelixente e traballador, e porque con todas as súas virtudes e defectos están UNIDOS.

En cambio, Castela (Madride como o seu centro) triunfou porque lograraon pisotear ao resto, linguistica, cultural, economica e politicamente. Como é posible que nun deserto/mesetario haxa tanto carto e poder, só hai unha explicación, por LADRONS!.

Raimundo, lembra que non é o catalán senón, o CASTELÁN o idioma que OBRIGATORIAMENTE teñen que aprender os nosos rapaces (galegos) na escola, teno ben presente.

Nin un paso atrás contra a escravitude que nos impón CASTELA, nin un peso máis para Madride.

#6 hai 6 horas e 12 minutos Raimundo

#5 Eurico... vaia por dios... asi que os enormes capitais traidos polos nosos emigrantes de Alemaña, Francia... non capitalizaron a industria vasca, catalana, madrileña... como en Italia... como hoxe en Marrocos, Ecuador, china... vaia por dios... negar a importancia capital do traballo dos emigrantes...

¡Ah! Claro... os miles de millóns de marcos e francos creceron alí por sere "é un pobo a gusto consigo mesmo"... pois vaia...

¿E a gusto cos emigrantes galegos, andaluces ou extremeños? Pois polo que decía deles o racista de Jordi Pujol... non tan a gusto... ou pola incomodidade do Quim Monzó cunha camareira charnega (ver enlaces ao final)...

E falas da imposición do castelán... estarás de coña... porque é fascista a persecución dos emigrantes sudamericanos polos inspectores lingüísticos da Generalitat (enlace abaixo). En Madrid non persiguen a ninguén, non obligan a "cursillos de español, ou ao paro"...

E Madrid é o que da mais diñeiro para o estado de benestar español... polo da redistribución, socialdemócrata, das rendas... o sistema europeo, que é rachado polo foral.

Madrid rouba, sí, pero reparte... os vascos rouban, pero non reparten (enlace a unha discusión do sistema foral, co "nordés" en Vieiros, cunha resposta moi atrasada, polo descanso dominical)

Eu non entendo este autoodio aos lexítimos dereitos dos traballadores galegos a ter os mesmos servizos cos vascos... non entento este papanatismo cos privilexios vascos... que tanto dano fannos... ¿poderiameo explicare alguén? Por caridade...

Enlace ao racismo de Jordi Pujol:
http://nacionalismodeandarporc...

Enlace ao etnicismo anticharnego do Quin Monzó:
http://nacionalismodeandarporc...

Enlace a persecución dos sudamericanos nos bares de Barcelona.
http://nacionalismodeandarporc...

Enlace a discusión co "nodes":
http://nacionalismodeandarporc...

Comentarios ao artigo de Camilo Nogueira: A dignidade dun pobo (Vieiros, 27/11/2009)

#23 hai 9 horas e 6 minutos fillotolo

Un apuntamentos para Raimundo por pena:

"¿O que estache a favor do..." Neste caso sería ¿O que che está a favor...?, pois hai que antepoñer o pronome, aquí e en ferrolán tamén. É como se no teu querido castelán dixeras "el comió se un bocadillo"

"O que está a favor da igualdade de todos... en todo... e en contra dos privilexios fiscais", Aquí refireste aos privilexios a nivel mundial, europeo ou español. Claro se te consideras español tes unha perspectiva nacionalista española, que non é o mesmo que tela a nivel europeo ou mundial. ¿Ti dende onde me falas?. Porque se queres xustiza e igualdade fiscal a nivel mundial asegúroche que non deberías mercar nen o 90% das cousas que tes. É a túa perspectiva de pensar que por crer nunha España "igual" es máis xusto e menos nacionalista, en realidade eres moito máis inxusto, pois España non é homoxénea, e dende logo moi nacionalista, moito, pero español.

#24 hai 1 minuto Raimundo

#23 fillotolo, gostame mais "estache", ou "nolo"... e listo.

Teño unha perspectiva dende o cativeiro estado do benestar español e galego, que eche o mismo.

Ameazado polo fraude fiscal dos ricos, e polo fraude fiscal dos privilexios forais dos territorios ricos (os vascos, e pronto os cataláns, claro)...

E sí, penso que un estado de benestar "igual" para todos os españois, e no futuro, para todolos europeos... é o sustento da liberdade... de todos...

E que un estado de benestar só para os territorios ricos, ou un servizo hospitalario ou de pensións privatizado (como o americano)... é un desastre para os dereitos sociais dos galegos...

Nos dous casos, non teríamos unha cobertura sanitaria, nin de pensións, universal... para todolos españois...

#25 hai 16 horas e 28 minutos breoghain

A própria exitência de Madrid é um cancro para todos os que aspiramos à democracia e al liberdade dos povos na península ibérica.

Os imperialistas espanhóis sem Madrid nom som nada.

#26 hai 1 minuto Raimundo

#25 breoghain, a existencia do concierto vasco é un cancro para os dereitos sociais dos galegos... do estado do benestar... do que Madrid o maior contribuinte...

En cambeo, os vascos (e pronto, os cataláns), non dan un chisco pra os hospitais galegos, ou as pensións dos galegos, inda que a súa industria foi levantado polos traballadores galegso...

Non te confundas de cancro...

Comentario al artículo de Rafael Cuiña: A nai de todolos estatutos (Vieiros, 26/11/2009)

#29 hai 7 horas e 57 minutos AntonCorsario

xa, "clarinete"... na Catalunya axúntanse 12 (12!!) periódicos nunha opinión común e temos unha imposición.
En Galiza dous ou tres periódicos botan a lingoa a pacer (Malia manter subvencións á esgalla, non o nego; pero isto xa é o colmo da traizón) e temos liberdade de expresión.
O de misturar churras con merinas só resulta cos gañáns. Raimundo, o teu anticatalanismo é patolóxico. estas doente meu!

Raimundo #30 hai 7 horas e 1 minuto Raimundo

#29 AntonCorsario, se en Galicia xuntáranse todolos periodicos (todos subvencionados) para esixir que o galego só se dera no 20% das asignaturas... ¿teríamos dudas de que era unha consigna politica imposta polo Feijoo? Supoño que non...

Entón, se 12 diarios subvencionados, pero cataláns, sacan un editorial político... pois, entón non é unha consigna política... ¿Por qué?

Nun sitio sí, e noutro, non... ¿podesmo explicare?

E o meu anti-nacionalismo dos ricos (vasco, catalán, flamenco, santacruceño boliviano, paulista brasileiro...)... é claro... e argumentado...

¿Ou pensas que os rexímenes de Concierto Económico, (o vasco, o que piden esa ducia de periódiocos subvencionados polo Montilla), é bon para Galicia...

Eu penso que é un atentado aos dereitos de todolos galegos (traballadores, e empresarios), incluidos...

Supoño que pensarás que o sistema de Concierto vasco eche bon para Galicia... eu penso que aceitar esto é patolóxico... ¿podesmo explicare, porque pensas que nolo é?

No hay comentarios: