#28 hai 1 hora e 26 minutos ESPARAVANDA
Raimundo. ¡Non paras¡ Estás en todolos sitios. Vin algunha opinión túa criticando aos cataláns porque "obrigan" aos emigrantes a falar en catalán.¿ En que idioma pensas que falan os senegaleses que chegan a Madri? ¿Ou os galegos que traballan en Canarias?
Meu fillo, que fala correctamente galego, castellano e inglés, foi pedir traballo a un hotel de recepcinista (non vou decir nome)aquí en Galicia e dixolle a persoa que o entrevistou: " veo que estuviste en la Universidad ¿Fue allí donde cogiste la MANIA de hablar en gallego.". Meu fillo díxolle que o falaba desde neno porque o aprendera na casa pero que tamén falaba castellano e inglés. O estrevistador dixolle que o sentía moito pero que alí viña moita sente de Madri e que se lle podía escapar unha gallegada.-
¿Que che parece, Raimundo? ¿A túa defensa dos traballadores alcanza tamén ao meu fillo, tratado na súa terra como se fose un inmigrante?
Sobre o que dis de que Madri é solidaria con Galicia, decirche que moitas empresas que teñen o seu domicilio fiscal en Madri, e que polo tanto cotizan alí, os seu recursos económicos están aqui en Galicia. Empresas enerxéticas, etc.
Outra cousa: en Suiza falanse alomenos catro idiomas. O oficial é o alemán, máis a ningún suizo da zona alemana se lle ocurriría
chegar á zona francesa ou italiana presumindo de que "hablo en el idioma oficial del Estado y no pienso aprender el de zona". Menos ainda se lle ocurriría a ninún suizo da zona francesa ou italiana pensar que é máis suizo o que fala alemán ca eles. Tampouco vexo que suiza se taña PARTIDO porque se falen varias linguas. ¿Ocorririaselle a alguén da zona francesa ou italiana contratar a un funcionario que só soubese alemán?
#28 esparavanda, xa o sabemos... en Suiza todolos saben falar os tres idiomas... e non hai problemas...
¿Cómo o fan? Diso estamos a falar... ¿Cómo facer que os nenos galegos falen perfeitamente tres idiomas? Como os suizos, como os luxemburgueses, como os suecos (estes só dous, penso). ¿Algunha ideiña? Veña, un esforzo... só tes que poñerte a pensar...
Ata aquí o propio do comentario... dende eiquí... o de sempre, que si españoleiro etc... aviso...
Se o galego que traballa en Canarias, se o senegalés que traballa en Madrid, e que falan castelán... van traballar a Barcelona ¿por qué vai cambear o senegalés o idioma? Se o entenden todos.
En Madrid só entenden o castelán. En París, só o francés. Pero en Barcelona, en Bilbao, entenden perfeitamente o castelán... esa é a diferencia...
Se ao senegales, se ao galego, nolo deixan falar no castelán que todos entenden... están a discriminalo, están a votalo fora do traballo (que asi queda pra os cataláns). En Madrid, en París, non che ai outra, pero en Barcelona sí... polo que é unha imposición política... que responde a unha vontade de discriminar ao de fora. ¿Ou non?
A teu fillo pasalle o mismiño que lles pasa ao senegales, ao galego de Canarias... pero en Galicia... onde os señoritos que falan castelán, queren discriminalo pola súa lingua, o galego (home, inda non din "ou falas castelán, ou non tes traballo, como alá, pero...)...
E en Cataluña, os señoritos, que alí falan catalán, queren obligalos a falar en catalán, inda que entendan perfeitamente a lingua dos traballadores (que é o castelán), a lingua dos emigrantes.
En Galicia os señoritos castelán-falantes esmagan aos traballadores galego-falantes... e en Cataluña, os señoritos catalán-falantes, esmagan aos traballadores emigrantes castelán-falantes.
É cuestión da discriminación dos traballadores, en Galicia, en Cataluña... a discriminación do teu fillo, é a misma discriminación dun galego en Cataluña... mira ti..." (Comentarios ao artigo de Alba Nogueira: Incompetentes en tres linguas... e en matemáticas. Vieiros, 22/10/2009)
No hay comentarios:
Publicar un comentario