10/4/09

La identidad ferrolana

"A lingua galega é unha ferramenta colectiva que se compón de miles de pequenos relatos. Escaso futuro queda á marxe do nacionalismo e das súas organizacións dependentes, mais chegou a hora de mostrar que son os dereitos de cada unha das persoas –tamén as que falan castelán e asumen a cooficialidade- os que están sendo atropelados. E pouco se asemella a experiencia da neofalante ridiculizada na aula polos seus compañeiros á do rapaz que chaman gañán nunha rúa luguesa." (Xavier Cordal: Tácticas. Vieiros, 08/04/2009)

#3 hai 13 horas e 48 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -5 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

Pois sí... "Precisamos que o alumnado dos centros de ensino medio con maioría galegofalante se organice á marxe de sigla ningunha para dicir alto e claro que..." ¡¡¡ QUEREMOS O PLAN BURELA !!! ... ¡¡¡ QUEREMOS SER TRILINGÜES !!!


Dacordo... si señor...

#5 hai 12 horas e 44 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -8 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

Inda mais... "chegou a hora de mostrar que son os dereitos de cada unha das persoas –tamén as que falan castelán e asumen a cooficialidade- os que están sendo atropelados"...


Si señor, os dereitos DE CADA UN dos ferroláns castelanfalantes atropelados nas oposicións da Xunta nas que esixen responder en galego. Hai que protestar ¡¡ OS MESMOS DEREITOS EN GALICIA QUE EN FERROL !!

#6 hai 11 horas e 36 minutos Eurico [Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Ferrol, fundado no século XIII por Afonso VIII de Galiza e León, berce da revolución máis importante de toda Galiza, e comezo dos Irmandiños, postrada e arruinada por Felipe II de España, tiveches a honra de dar fillos como Roi Xordo, Vicetto ou Ucha Piñeiro e mala sorte de acoller a un fascista como Franco Bahamonde,


Que queda daquela cidade galega, daqueles galegos que na periferia de Ferrol resistiron á cultura allea dos militares españois ou españolizados aos que se lles concecia casa e dereitos no centro?,

Que queda daqueles galegos que mantiveron a súa diginidade nacional aínda cando eran repudiados, denostados sendo reservados para os peores traballos?

Que queda daqueles galegos aos que se lles atendía se falaban en galego?, isto lembramolo moitos, e era moi duro.

Onde están aqueles galegos que foron humillados e ninguneados polos militares foráneos ou "foraneizados" castelán-falantes?

Algúns como Raimundo, están a esquecer isto e a defender aos que sempre os humillaron.

Eurico #7 hai 11 horas e 35 minutos Eurico [Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Que queda daqueles galegos aos que NON se lles atendía se falaban en galego?, isto lembramolo moitos, e era moi duro.

#16 hai 1 hora e 26 minutos Raimundo

#6 e #7, eurico, que queda de aqueles campesiños que pra facerse obreiros tiveron que aprender o castelán porque os libros estaban en castelán...

Que queda de aqueles obreitos e campesiños que aprenderon en castelán as ideas anarquistas, as ideas internacionalistas, socialistas... e pensabano que o galeguismo erache unha cousa de señoritos.

Que queda dos obreiros e campesiños que fundaron sindicatos pra opoñerse aos patróns (castelánfalantes), tamén falando, escribindo en castelán...

Que queda dos mariñeiros da Armada, no 1936, que se fixeron cabos falando en castelán, e en castelán quitaronlle os barcos aos oficiales franquistas que tamén falaban en castelán...

Queda que hoxe os traballadores ferroláns castelánfalantes quedan discriminados nas oposicións da Xunta de Galicia (que esixan facerse en galego), coma antes os galegofalantes aos que se lles esixian o castelán pra aprender un oficio. A mesma discriminación.

Así que... "Que queda daqueles galegos aos que NON se lles atendía se falaban en galego?"... Quedan traballadores (ferroláns e doutras cidades), aos que non se lles deixa traballar na administración ds ¿súa? terra... discriminados pola súa lingua... a mesma discriminación...

No hay comentarios: