"Os escoceses amósanse a favor de se separaren do Reino Unido (en Vieiros, 15/01/2007):
Máis da metade dos escoceses estarían dispostos a se independizaren do Reino Unido, segundo unha sondaxe que publicou o xornal The Daily Mail, 15-01-07.
O mesmo estudo indica que o 48% dos ingleses son tamén favorábeis á secesión… Dous terzos dos ingleses desexan que rematen as cuantiosas subvencións que lles pagan aos escoceses, e o 55% pensan que é inxusto que os deputados do norte poidan decidir en temas do resto do territorio mentres se reservan competencias exclusivas (…)
Por outra banda, tanto ingleses coma escoceses están a favor de que Inglaterra conte co seu propio parlamento autónomo e ministro principal. A hostilidade entre as dúas nacións, segundo esta análise, aumentou dende que Tony Blair aprobara a autonomía escocesa no ano 1998, malia que o seu obxectivo era xusto o contrario".
Me suena, me suena...
No hay comentarios:
Publicar un comentario