26/4/18

Carles Sastre: "Non se pode entender o ‘procés’ sen a crise económica. Nunha situación de abundancia, por dicilo así, non habería ‘procés’"

"(...) - Non se pode entender o ‘procés’ sen a crise económica. (...)

A crise pon en evidencia unha serie de cuestións, racha a autopercepción da clase media, o ascensor non sube e calquera persoa é susceptíbel de ir cara ao piso de abaixo. Acabou a idea de que os fillos vivirían mellor que os pais, acabou a idea de estabilidade social e económica. Dáse unha precarización da clase media. 

Sen esta crise das clases medias non se explica o fenómenos do ‘procés’. Por que? Porque a nivel de rúa chégase á conclusión que a xestión da crise que fai o Estado español é absolutamente contraria aos intereses da xente: os recortes que se fan, a dependencia dunhas clases sociais puramente extractivas, o abandono de infraestruturas importantes en Catalunya como as redes de transporte de proximidade, que son chaves para o día a día da xente… O modelo de Estado non serve, esgotouse e iso está na rúa.

Nunha situación de abundancia, por dicilo así, non habería ‘procés’. 

Así que hai unha lectura de clase. Por que se produce agora e non antes? Hai elementos, claro, como o recurso ao Estatut mais a mobilización grande vén da sensación de que non hai proxecto social posíbel dentro de España, non hai nada. 

O que se albisca como unha posíbel saída é coa independencia. De aí ven o auxe independentista: nunha situación de desesperanza, o único elemento que positiviza é este. E isto interesa ou non interesa á clase traballadora? Eu entendo que si.  (...)"          

 (Entrevista a Cales Sastre, secretario xeral da Intersindical-CSC (Confederación Sindical Catalá) , X. M. Piñeiro, Sermos Galiza, 23/04/18)

No hay comentarios: