31/7/15

O nacionalismo catalán, que moita independencia, moita leria, pero non son capaces de tirar para adiante co proceso. Venden motos e mentres tanto recortan servizos sociais

"Afincado en Cataluña, onde imparte Teoría do nacionalismo e Movementos sociais, Raimundo Viejo (Vigo, 1969), aterrou en política con Podemos e Guanyem

(...) Depende. Se polo nacionalismo entendes unha matriz de carácter etno-territorial, que entende que unha nación é unha lingua, un territorio, unha historia, uns rasgos diacríticos obxectivos que se expresan e que acadan a súa realización obxectiva por medio dun estado-nación, entón eu non son nacionalista. 

Para min iso é unha aberración do século XIX. Eu son fillo e neto de galeguistas, se me preguntas pola idea de nación no sentido revolucionario, no sentido que lle imprime a Revolución Francesa, a idea de nación como igualdade de nacemento, todas as persoas nacen libres e iguais, entón si, claro.

 O meu é un nacionalismo black nationalism, é dicir, porque naciches nunhas determinadas condicións ves vulnerado o teu proxecto de vida. É dicir, eu son da nación galega, como non vou selo? E porque nacín na nación galega tiven que emigrar, se nacese en Cataluña, viviría alí sen ter que emigrar a Suíza. Ser galego en Xenebra ten unha significación. 

E claro, entón, se falamos dese nacionalismo, como non vou ser nacionalista? O que non creo é que a forma-estado serva para realizar a liberdade nacional. Ese é o problema. (...)

Podemos é unha escisión coa forma-estado, unha impugnación coa configuración histórica da patria, unha patria neoliberal que mira ao estado mínimo, reducido aos corpos represivos, xudiciais e diplomáticos, e desentenderse e deixar en mans do mercado saúde, educación e todos estes servizos. 

Invertemos esta lóxica e o que se xera é un escudo inmunolóxico, algo ten que conter as forzas da mercantilización e iso pode ser o Estado, e ese é o concepto de patria de Pablo.  (...)

A cousa agora é como se van declinar as eleccións españolas. E temos que ser quen de comprender as limitacións dos nacionalismos no marco das autonomías. Porque isto é o que é duro de aceptar, porque igual que as esquerdas teñen que aceptar que non foron quen de saír de certos marcos, os nacionalismos, o mesmo. 

Por exemplo, o catalán, que moita independencia, moita leria, pero non son capaces de tirar para adiante co proceso. O 9-N é un dos maiores fraudes de lei que se fixo en moito tempo. Vende motos e mentres tanto recortan servizos sociais, que iso, precisamente, é a substracción efectiva da soberanía.

Se falamos de realidade política, o que hai que recoñecer, e iso doe, é que cando Podemos fala de que a esquerda non serviu para nada nos últimos 30 anos é certo, e os nacionalismos tampouco, e Galicia non é máis soberana hoxe que en 1980. (...)"         (Entrevista a Raimundo Viejo, Sara Torreiro, Praza Pública, 19/07/2015)

No hay comentarios: