21/6/10

La Mesa dice cúal es la buena (o mala) emrpresa gallega

(traductor gallego-esppañol)

"Nace o distintivo empresarial 'Abertos ao Galego'. O catálogo de compañías que apostan pola lingua xa conta con 62 empresas, mais está aberto á incorporación de moitas máis.

O galego non é unha barreira para as empresas, mais ó contrario, a lingua pode converterse nunha ferramenta comercial máis. Baixo esta premisa, a Mesa pola Normalización Lingüística presenta o seu proxecto 'Abertos ao Galego', co obxectivo de crear unha rede de empresas que apostan pola lingua de Galiza. Ante o que considera un "deixamento de funcións" por parte da Administración, "cando non manifesta agresividade", di Carlos Callón, o colectivo cultural retoma este proxecto, agora reformulado, ao carecer de axuda gobernamental ningunha.

A Mesa concederá este distintivo ás empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego. Calquera entidade interesada en formar parte do proxecto só ten que cumprir tres requisitos: ter unha disposición favorábel ao uso do galego; analizar a súa situación lingüística, a través dunha ficha que fornece A Mesa; e proporse obxectivos de mellora, así como pagar a cota mínima de 48 euros anuais para ostentar o certificado, que se destinarán a xestión e desenvolvemento do propio proxecto." (Vieiros, 21/06/2010)

Comentarios:

#5 hai 3 horas e 54 minutos Raimundo

Vaia, agora é a Mesa a que di quen é galego, e quen non... mira que ben... a seguir co cipaismo catalan...

E o Feijoo, a rirse... que veñen as municipais... e todo axuda, e a Mesa, a que máis...

#6 hai 3 horas e 50 minutos elrr

Raimundo, non sei se o teu comentario é irreflexivo ou simple provocación.

Que terá que ver co "cipaioismo catalán" que unhas empresas, libre e voluntariamente, queiran facer visible á sociedade o seu compromiso coa lingua?

#7 hai 1 hora e 4 minutos Raimundo

#6 elrr, ven de que a mellor empresa galega é a que sexa propiedade dos traballadores, e creee emprego, e despois a que trate aos trabslladores como traballadores, sexan galego ou emigrantes... falen galego ou falen como os dos barrios...

Os catalans din que so e catalana a que fale catalan, inda que explote aos traballadores...

O cipaismo e que son uns cantos os que din quen é catalan, e quen non... e claro, os que viven e traballan en Cataluña, pero bailan por sevillanas, pois mira ti... son charnegos... non son catalans..

No hay comentarios: