Comentarios al artículo de Xavier Iglesias: O galego nas empresas (Vieiros, 28/12/2009)
#3 hai 2 dias Raimundo
Pois sí, os do Club Financiero de Vigo queren facer co galego o que fan os cataláns co español... e o razoan nunha publicación que non tivo a sona que merecía...
Porque de ai ven o perigo para o galego... Chámase 'política. lingüística. Una visión empresarial' (enlace abaixo)
Enlace ao panfleto do Club Financiero:
http://www.clubfinancierovigo....
Raimundo, levas xa polo menos un ano dando a chapa co mesmo disco raiado. Hai que confiar, logo, segundo dis, na ética persoal dos empresarios e non na forma do dereito? Iso non é defender a liberdade senón o principio despótico que se rexe pola máxima de que "as cousas van ben se o déspota é bo" (Marzoa.) Non, hai que IMPOÑER o dereito –que é sempre coactivo- pra que haxa liberdades.
Hai que ler máis a Kant e Marzoa para non se deixar influír tanto pola demagoxia mediática. (Se é que estamos aínda a tempo e non é xa que sodes, irremediablemente, a mesma cousa, un e o mesmo, indivisible e inmutable.) E cambiar a tocata de cando en vez, que xa cha temos moi oída.
E despois le o informe do Club Financiero de Vigo, moi atentamente (que é do que falamos), porque a súa argumentación é a que estase a usar polo PP...
É moi curioso, poderíase dicir que collen os argumentos do Carod a favor do catalán, e danlle unha revirivolta para poñelos a favor do castelán en Galicia...
Moi sutil... tamén deberon de ler a Kant...
Hai linguas oficiais? Pois hai que actúar conforme á forma do Dereito e deixarse de retrónicas despóticas.
Nos paises bilingües... con duas, ou tres, linguas... oficiais, cooficiais, as dos emigrantes...
En Europa, os nenos aprenden as duas, ou tres linguas... sen multas, sen pistolas... na escola...
Sen retrónicas despóticas, as das pistolas, as das multas... sen as retrónicas do Carod, sen as retrónicas do Club Financiero de Vigo...
En liberdade... como en Europa, como no modelo trilingúísta de Burela...
Se elos fano ¿nós non habemos poder?
Confiar na bondade dos empresarios é seguir o principio despótico. Defender que se pode matar unha lingua, un animal, unha especie ou persoa en nome dunha liberdade fundamentada non impositiva e coactivamente -e, polo tanto, no eido do ético e non no do Dereito- é defender o despotismo. O Dereito é coactivo sempre, por definición. Reducilo a unha cuestión ética é de déspotas. Amais es hipócrita porque se non queres que se regule legalmente (e, polo tanto, necesariamente coactivamente sempre; aquí, en Cataluña en Europa ou onde for que imperase a Lei e o Dereito) o uso das linguas en establecementos públicos, deberías comezar polo castelán, que é o que máis imposto está.
#14 hai 4 horas e 3 minutos Raimundo#12 bertus, o que queren impor o Carod, o Club Financiero de Vigo é a discriminación... eiquí, alá... cunha lei na que vanlle meter 3.000 euros de multa a quen contrata a un traballador (galego, sudamericano9 que non saiba atender en catalán... (enlace abaixo)
Por tanto, darase o caso de que unha empresa galega en Cataluña (e, ¿por qué non? Propiedade dun dos do Club Financiero de Vigo) teña que despedir a un dos seus traballadores galegos, por non falar catalán.
Por tanto, poderían dicir os do Club Financiero de Vigo: “Se teño que despedir a un traballador galego que non fale catalán, en Cataluña ¿Por qué non vou poder despedir a un traballador galego que non fale castelán,en Galicia?… ¿Pola distancia? O dereito é o mesmo…
E poden seguir argumentando… “se o Bloque apoia ao Carod, ao Mas, en que se poida despedir a traballadores galegos en Cataluña, por non saber catalán… tamén estarache dacordo en que eu poida despedir traballadores galegos, nas miñas empresas de Galicia, por non saber galego"… porque é o mismo… despidese por non saber unha lingua… discriminación por lingua. A mesma que queren impor os republicanos americanos, os de Bush.
O dereito ¿Quen o impón? ¿A quén? En Cataluña, os señoritos, a tres millóns de traballadores castelánfalantes… en Galicia, os señoritos, a un millón de traballadores galegofalantes… That is the cosa… en Galicia, en Cataluña.
Estes do Club Financiero de Vigo non son tontos… falan do que está a pasar… e a súa posición nola podería tumbar o mismiño Kant.
O seu soño, é poder aplicar a lei catalana, apoiada polo Bloque, en Galicia… para esmagar ao Bloque… porque, din: “se o Bloque permite o despido de traballadores galegos en Cataluña ¿con qué dereito vai vir a decirnos que nós non podemos facelo mismiño en Galicia? Só cambeamos o nome da lingua aldraxada… en Cataluña é o castelán… e en Galicia o galego… o motivo do despido, o mismo, non saber idiomas…
Perfeitamente kantiano ¿ou non?
E nos ¿que imos facer? ¿Mercarlle a empresas que despiden traballadores galegos, por non saber catalán, ou por non saber castelán? Supoño que non.
¡¡ Bon ano a todos, agás aos traballadores galegos en Cataluña, que poden estar a sere perseguidos e discriminados pola súa lingua ¡!
O enlace do que falaba no meu comentario #14, vai eiqui (perdon polo olvido):
http://nacionalismodeandarporc...
Evidentemente, non é o mesmo vulnerar dereitos lingüísticos dos consumidores que comenter un homicidio, de igual xeito que non é o mesmo unha multa ca 15 anos de prisión.
Vender aspiradoras sen instruccións en castelán: multa.
Non é un delito traballar sen saber catalán... ese delito foi creado polos Carod, e tentan crealo os do Club Financiero de Vigo... é un dereito que está por riba de saber ou non saber un idioma...
Un traballador está traballando... sen problemas... co acordo dos 'consumidores' que non protestan, porque entenden todos o castelán...
Pero, os señotitos fan unha lei... e ese home perde o traballo... e vai a miseria... da que estaba a salir...
E un aldraxe aos dereitos dos traballadores...
Dende logo, pos cada exemplo...
En fin... ¡Bó ano! Que xa é tempo das uvas...
Falas dos emigrantes desviando a cuestión pra non responder claramente a miña pregunta. Mais, inda para fuxir da verdade, introduces un tema interesante, pois, o Estado trata de xustificar, mediante a ideoloxía da que participas, a redución de dereitos dos traballadores (e non só lingüísticos, senón tamén laborais –redución de garantías: redución de salarios, aumento de horario semanal, etc.) coa introdución de man de obra máis barata so a escusa de lle dar de comer a familias ecuatorianas ou de onde for. Aínda que a falacia dos dereitos lingüísticos, seguindo o fío da túa argumentación, resulte máis claramente anti-lóxica, pois non me consta -como me consta que Montilla, emigrante, chegou a president da Generalitat aprendendo catalán entre outras cousas- que as presuntas coaccionadas propietarias do Eroski mailas libres, boas e xenerosas do Mercadona sexan familias ecuatorianas esfameadas por mor de respectar os dereitos lingüísticos.
Deben reducir, logo, os obreiros, os seus dereitos conquistados por mor dos novos emigrantes dispostos a traballar máis horas e cobrar menos?
Deben deixar aumentar a explotación a que se ven sometidos en nome do principio ético da piedade? Iso si que é aldraxar dereitos en nome do ético...
O Estado, ideoloxicamente, coma a Igrexa e ti, abéirase, hipocritamente, para manter a súa dominación de clase e colonial (dereitos laborais e lingüísticos), baixo o principio ético da piedade, aldraxando así os dereitos dos traballadores.
Tamén perden, seguindo o teu mesmo fío discursivo, inda que neste caso o negues, de comer familias chinesas enteiras por ter que facer instrucións de aspiradoras en castelán, pois iso, clara e obxectivamente, reduce a competividade da industria chinesa e de traballadores chineses, búlgaros, rumanos, marroquies, etc., que sexan tan analfabetos en castelán coma ti en galego, dentro e fóra do Estado. Mais utilizar esa escusa como artimaña para reducir dereitos os traballadores dun Estado é defender o principio despótico: a supresión de dereitos en nome do ético. O que ti fas -inconsecuentemente ademais cando se trata de defender o patrio español-. A imposición, sen Lei, do máis forte. A aldraxe aos dereitos dos traballadores. O común nestes días na prensa diaria.
#24 bertus, do que estamos a falar é do galego e as empesas... non de que os obreiros portugueses lle quiten o empleo aos galegos, porque cobran menos, e traballan ata 65 horas semanais...
E así comen as familias portuguesas, e deixan de comer as galegas.... mira ti, a explotación capitalista. Dendo o principio dos tempos.
Oa emigrantes galegos (anos 60, 70...) fixeron que os salarios alemáns non subiran, e que os salarios cataláns e vascos, tampouco... e agora os obreiros portugueses, pois o mesmo... mira ti... a piedade dos empresarios... o de sempre...
Non sei de que te amilagras... nin que argumentas... ¿A "supresión de dereitos en nome do ético"? ¿Estas toliño? O úneco que hai é a explotación pura e dura...
O aproveitamento polos poderosos da desesperación dos que teñen mais fame, para estar a seguir explotando aos que estaban a salir dela... aos que podín escomenzar a facerlles cara...
¡Qué piedad do Estado español, da Iglesia, nin que lerias! Explotación do empresariado... do catalán, co vasco, do madrileño, do galego...
Vou a seguir a falar do galego e das empresas...
Vexamos... os do Club Financiero de Vigo, mailo o Carod, seguen a tentar aldraxar aos traballadores galegos, sudamericanos, pola lingua... fano así:
Collen o dereito dos consumidores a sere atendidos no seu idioma, e baseandose nese dereito (de rango inferior), queren guindarlle aos traballadores o seu dereito a non sere discriminados no aceso ao traballo pola lingua (dereito de rango superior).
Xa que un consumidor catalán ten o dereito a sere atendido en catalán, pois os do Club Financiero de Vigo, din que eles tamén teñen dereito a sere atendidos en castelán polos seus traballadores...
E a argumentación do Carod, a do Club Financiero de Vigo.
Se en Cataluña imponse o catalán en bares e tendas, en empresas... en Galicia imponse o castellano en bares, tendas e empresas...
Lóxica aplastante a dos patróns do Club Financiero de Vigo ¿ou non?
En Cataluña, ata agora, miles e miles de camareiros galegos, e sudamericanos, levan atendido perfeitamente aos parroquianos na súa lingua... porque todos entenden o castelán...
E os traballadores galegos levan falando en galego, nas empresas dos do Club Financiero de Vigo, dende sempre... porque todos entenden o galego.
Pero os patróns catalán, os patróns de Vigo... queren ter mais poder... queren que os traballadores só falen a súa lingua... a dos patróns... o catalán, o castelán... nas empresas...
Queren o mismiño... o Carod, o Mas, e os do Club Financiero de Vigo
Queren discriminalos... queren explotalos... inda mais... a ver se poden igualalos cos portugueses...
Segues sen responder as miñas preguntas, Raimundo.
'seu dereito a non sere discriminados no aceso ao traballo pola lingua'. Voltamos os chineses e as aspiradoras... Así non hai debate...
Os prexuízos son incompatibles coa universalidade da Lei e polo tanto coa forma Dereito.
Vivín en Cataluña, Raimundo, e teño amigos que traballan alá na hostelería. E sei que está moito menos explotado un camareiro en Cataluña ca en Galicia. O que demostra, como veño expondo, que non é preciso, como sostés, renunciar a ningúns dereitos lingüísticos en prol de dereitos laborais, senón máis ben ao contrario: non só máis dereitos lingüísticos senón tamén máis dereitos laborais hai en Cataluña respecto de Galicia.
Tamén se demostrou neste último referendum que en Cataluña os emigrantes teñen máis dereitos políticos ca no resto de España, quen lles nega o sufraxio.
Pero, enfin, en vez de responder as miñas preguntas, sempre acabas desviando o tema cara Cataluña. É patolóxico o teu cos cataláns. Cheira algo podre.
#27 bertus, eu tamén viaxei moito por Cataluña, e teño moitos amigos alí. Algúns sudamericanos.
Voltamos... dis que "Os prexuízos son incompatibles coa universalidade da Lei e polo tanto coa forma Dereito"... home, os prexuizos... o resultado deses prexuizos...
A discriminación... é o que e incompatibel con todo... porque é unha das bases do poder dos patróns... que é do que falamos eiquí.
E dende logo, "está moito menos explotado un camareiro en Cataluña ca en Galicia", sabeo todo o mundo... en calquera pais con industria haiche menos explotacion que nun de pais de servizos ou de agricultura... sabeo todo o mundo...
Pero non tes razón ao dicir "non é preciso, como sostés, renunciar a ningúns dereitos lingüísticos en prol de dereitos laborais, senón máis ben ao contrario"...
Porque en Galicia os camareiros sudamericanos non son multado por non falar en galego... e en Cataluña si, falar na súa lingua-nai, entendida por todos...
O que queren os do Club Financiero de Vigo e traer esas multas linguísticas a Galicia... pero, para multar a calquer traballador que fale galego, como no franquismo, como en Cataluña...
Só queren traer esa lei... así que ao negar os dereitos lingüísticos, negánse tamen os dereitos laborais... como no franquismo, como hoxe en Cataluña...
Como maña en Galicia, se os patróns de Vigo traen a Galicia esas leis de discriminación lingúística.
Esas multas en Galicia terían un efeto moi curioso... un camareiro sudamericano non seria multado, porque falaria en castelán... a lingua dos señores.
Sería multado un traballador galego por falarlles aos clientes en galego, aos patróns... como é multado un camareiro catalán por falarlles aos clientes, aos patróns en castelán... multados por falar na lingua dos traballadores galegos, dos traballadores cataláns... mira ti...
O que queren os patróns de Vigo, os patróns cataláns, é impor a súa lingua... rematar cos dereitos lingüísticos dos traballadores galegos... O mismiño ¿por qué sera? Para que teñan menos deritos os traballadores... e mais deretios os patróns... mira ti...
Tes amigos suramericanos? Eu tamén compartín piso un pouco tempo cun ecuatoriano e cun chileno, e tamén nos fixemos amigos: apañaron a súa vida laboral en Barcelona sen os grandes traumas e cataclismos que describes por mor do catalán.
Se hai menos explotación en Cataluña, como concordamos, hai logo, necesariamente, máis dereitos laborais. Iso contradise co que dis, de que os dereitos lingüísticos colisionan cos dereitos laborais en detrimento destes.
Anque agora falas, sen deixar de te contradicir, de que se negan dereitos á ignorancia e isto fai que tamén os laborais... Sería bo que citases xurisprudencia.
O do franquismo xa o temos falado tamén e non é así: había moitos menos dereitos lingüísticos e laborais, aquí e en Cataluña. Iso é verificable e obxectivo, póñaste como te poñas de demagogo. Fíxate ti que só o castelán era a única e exclusiva lingua oficial no territorio estatal todo (había tamén moita máis ignorancia). Daquelas augas veñen estes lodos, como se di: as resistencias de quen, coma ti, naturalizaron a imposta uniformidade do Réxime e, por contra, calquera política conforme á forma do Dereito que procurase normalizar outras linguas do Estado en partes do seu territorio se denunciase como opresora, impositiva e non sei que máis...
Pasas das multas os empresarios ás multas os traballadores.
O Club financiero de Vigo, aparte de contaren con bastantes empresarios fracasados, non ten potestade para lexislar.
En Cataluña haiche menos explotación que en Galicia, polo mesmo que en Francia haiche menos explotación que en Cataluña... polo maior nivel de vida... por eso emigra a xente, por iso emigraron os galegos... non ten que ver cos dereitos lingüísticos... ten que ver coa industria... cos millores salarios.
Pero se en Francia eres negro ou marroquino... e vives nos suburbios... pois estás bastante explotado... pero tiras para adiante, millor que en Marrocos...
A xurispurdencia estouchea citando... as famosas multas lingüísticas estanche na xurisprudencia catalana... que na francesa seriache imposibel... considerarianas antirepublicanas...
E no franquismo (xa sabemos como foi o fascismo), pois foi a época da imposición dunha úneca lingua, a dos señores (o castelán)...
Que mira ti, é o que quere facer o Carod... e o que queren copiar os do Club Financiero de Vigo... ouseña, revivir o franquismo lingüístico... pero o Carod impoñendo a lingua dos señores cataláns (o catalán), aos traballadores castelánfalantes de Cataluña (3 millons).
E os patróns de Vigo, pois queren impor a lingua dos señores galegos (o castelán), aos traballadores galegofalantes de Galicia (1 millón).
O de impor multas aos empresarios, é para que vaian parar ao lombo dos traballadores castelánfalantes, cando deixen de contratalos por medo as multas... quedan os de Cornellá discriminados pola lingua...
Como no franquismo... cousas veredes...
E os patróns de Vigo non lexislan, pero fan informes pra que lexisle o Feijoo, según o que din...
A explotación da que falamos aquí ( consistente en traballar máis e cobrar menos, sen nos meter a teorizar sobre a plusvalía) ten que ver cos dereitos laborais que ti dis que están vulnerados, sen explicar como, por causa da vulneración dun presunto dereito -á ignorancia- que ti chamas lingüístico.
Seguindo o teu razoamento, diriamos: hai máis industria, logo, hai menos explotación. (Vale, non é necesario entrar a discutir isto pró caso).
Mais eu só digo: hai menos explotación, logo, hai máis dereitos laborais.
En Francia, se non sabes francés, péchanseche moitas portas no eido laboral. Saber francés, escribilo e falalo con corrección, é en Francia unha ponte cara unha mellor situación laboral, igual que en Cataluña co catalán. Por iso tanto en Francia coma en Cataluña impoñen o ensino universal do coñecemento das súas linguas: para que os rapaces no futuro poidan ascender na escala social grazas ao seu dominio da lingua. Sexan fillos de emigrantes (coma Montilla) ou de nativos, de campesiños ou obreiros.
O que dis que fai o teu querido Carod (ti imitas o que pra ti é Carod coma un antisemita imita ao que pra el é un xudeu) na Generalitat foi aprobado varias veces polo TC e polo TS (iso é xurisprudencia e non un blog dun alucinado), polo tanto, se se atén a unha Constitución que lle outorga primacía ao castelán, calquera comparanza co franquismo é puro delirio e ganas de intoxicar.
Ala, uns agasallos de reices anticipados, cos meus mellores sentimentos:
Raimundo! Estabas alí con esa cara de apanpanado lendo na chuleta?: http://www.youtube...
A completa: http://www.youtube.com/watch?v...
#31 bertus, estamos a falar de idima na empresa... en Galicia, iso siñifica falar do informe do Club Financiero de Vigo... do seu intento de rematar cos dereitos lingüsticos dos traballadores galefalantes... ao tentar que só falen o castelán...
Un aldraxe aos seus dereitos laborais... que pasa a depender, non do seu mérito, tampouco da súa raza ou relixión, senón da súa lingua (os que non falen castelán, estarían mais no paro). E un aldraxe ao seu dereito a falar na súa lingua, entendida por todos.
Queren imporlles o mesmo aldraxe aos seus dereitos laborais que tenta o Carod... que os traballadores que non falen catalán, vaian ao paro... un aldraxe aos seus dereitos laborais, e mais un aldraxe ao seu dereito a falar a súa lingua, entendida por todos.
E seria constitucional, o aldraxe aos traballadores galegos, como é constitucional o aldraxe aos traballadores cataláns ¿Que tal, que un obreiro galego fora despedido por falar só o galego?
¿Pareceriache ben? Pois eso é o que queren os patróns de Vigo... o que quere o Carod... queren o fascismo...
¿Ou estas dacordo en que un só traballador galego en Cataluña sexa despedido por non saber catalán, con estas novas leises, inda que leve traballando en Cataluña vinte anos? ¿Estarías dacordo co Carod, cando diga que botalo faise por Cataluña? ¿Pensas que ese traballador galego despedido por non saber catalán, teno merecido? Pois os patróns de Vigo diranche o mismiño... que eles queren botar ao paro a quen non fale castelán... igual que fai o Carod, que quere botar ao paro a calquer traballador galego que non fale catalán...
Insisto ¿Estás dacordo co Carod, cos patróns de Vigo, en que podese botar a un traballador por cuestións lingüísticas, por moi constitucional que sexa?
Se dis que sí, daslle aos patróns un arma mais, pra meter medo aos traballadores galegos, en Cataluña, ou en Galicia... se dis que si, daslle un empurrón ao fascismo.
En Francia, en Inglaterra, paises monolingües, tes que falar francés ou inglés... senon, morres coa fame, porque non che entenden. Nos paises europeos bilingües, ou trilingües, os nenos aprenden os dous, ou tres idiomas que se falan nel.
A explotación capitalista é mais pequena nun pais desenvolvido, nunha empresa grande (en Citröen), porque hai mais dereitos laborais... que nunha empresa pequena, que nun pais campesiño...
Pero os empresarios, os de Vigo, os fascistas como Carod, están sempre a quitarlleos, con calquer excusa... pola súa lingua, niste momento..
Méxanse si, Raimundiño, contigo, que es igualiño ca eles, igual de franquista. Mira ti, os mesmiños argumentos, en contra da discriminación positiva... coma a caverna machista, coma o club financiero de Vigo, mira ti. Un nazi miserable. Incapaz de contra-agumentar. Nin mesturando ao teu arbitrio nin cambiando a orde das miñas palabras poderá xamais levar a razón un nazi demagogo.
#55 bertus, home, eu levo contra-argumentando fai tempo, decindote se pensas que os nacionalistas cataláns teñen dereito a multar (3.000 euros) a empresa barcelonesa que teña un galego (un sudamericano) que non sepa antender en catalán, inda que a clientela non se dea queixado de tal cousa...
Claro, despois da multa, o galego a puta rúa...
¿Estás dacordo conque os galegos, os que levan media vida alí, ou os que vaian a traballar hoxe... sexan discriminados pola lingua, por non saber o lingua dos señores barceloneses, o catalán... pero sí a lingua dos traballadores barceloneses, o castelán?
Dis que sí, que os señoritos cataláns teñen dereito a discriminar aos traballadores pola lingua...
Pois... Entón estás dacordo cos do Club Financiero de Vigo, que queren que os traballadores só falen, no traballo, o castelán, o idioma dos señores galaicos, e non o idioma dos traballadores, o galego.
E claro, sinto decircheo, pero isa é unha postura fascista, a dos patróns de Vigo, a dos patróns de Barcelona... a túa...
A ver... contra-argumenta ti, que eu vou canso...
No hay comentarios:
Publicar un comentario