27/10/09

Fascismo, capitalismo, nacionalismo, racismo... o ciudadanía

(traductor gallego-español)

Comentarios al artículo de Alba Nogueira: Incompetentes en tres linguas... e matemáticas. Vieiros, 22/10/2009)

#68
hai 19 horas e 46 minutos dante

a) o idioma propio non se impón nunca raimundo. que os nenos estuden en catalán na Catalunya non é uma imposición, nen uma inversión, é o funcionamento normal das sociedades. o que non comprendes é que o galego, o catalán,etc, non son impostos nos seus territorios, son os idiomas naturais deses países, e o normal é que as institucións funcionen nos idiomas propios. se obrigamos ós castelhanos a aprender galego en Burgos si que sería uma imposición, que é o que acontece co castelhano na Galiza.

b) o problema é dos pais: o sofremento dos nenos nas aulas é uma falacia. é o pai que lhe inculca ós rapaces o problema, porque son eles quen tenhen o problema. como insistes nese tema, vou dizer uma cousa: é vergonhosa e inaceitável a atitude dos emigrantes de orixen espanhola face á Catalunya, e en especial face ó idioma. especialmente entre os andaluces e os extremenhos. estou seguro que eles non consentirían que un grupo social actuase asi en Andalucía ou Extremadura.

c) o fascismo volve...acaso marchou alguma vez? Fraga, Aznar, o Borbón,...que é o fascismo? obrigar un estudo duma lingua?¡¡ non, a escola franquista non o era por iso. por favor, non trivialicemos. entendo que poidas estar contra certo modelo educativo, mas en Cat non hai fascismo...ainda que ti non gostes do que pensa a maioría da poboación catalana

#69 hai 18 horas e 58 minutos dante

d) non es consecuente co teu discurso. se hai un dereito- o de que os nenos estuden na lingua de seus pais- ese dereito ten que ser universal e para todos os nenos. como pode depender un dereito de que se poida¡¡¡ aquilo que pides para ti tamén tes que pedilo para os demais.

#73 hai 11 horas e 47 minutos Raimundo

#68, dante, imos por puntos: a) O idioma propio de tres millóns de traballadores catalanes é o castelán... o idioma propio de outros tres millóns de cataláns é o catalán... os dous sonche propios...

En Galicia, a lingua propia dun millón de traballadores é o galego, e a doutro millón de xente das cidades, é o castelán... En Galicia, en Cataluña, o idioma propio da maioría dos traballadores, é distinto do resto da xente... ¿ou non? logo haiche empate na propiedad do idioma...

E dende logo, imporlles o castelán aos traballadores galegos é unha imposición fascista... porque persigue a súa discriminación... e polo tanto, imporlles o catalán a tres millóns de traballadores cataláns é unha imposición, que persigue a súa discriminación...

E posterior persecución, que xa empeza co acoso dos inspectores lingüístas da Generalitat, aos camareiros sudamericanos, o que siñifica esta frase: "El diario de Zeta acompañó algunos de estos técnicos a Lloret de Mar, a bares donde algunos trabajadores son sudamericanos. Los inspectores, sin identificarse, pedían un "tallat" [cortado], y comprobaban que los trabajadores entendieran su petición" E senon a entenden, multa, e ao paro.... volvo a poñer o enlace:
http://nacionalismodeandarporc...

Os do Club Financiero de Vigo queren impor o castelán aos traballadores galegos... logo son uns fascistas...

Se os de ERC queren impor o catalán aos traballadores cataláns, pois igual... son uns fascistas... cuestión do idioma propio dos patróns, ou do idioma propio dos traballadores galegos ou cataláns.

b) Vaia, parez que molestan os nenos e os pais... os da parte andaluza e extremeña ¿logo os galegos non?

Pois non... non é unha falacia... e non, non se pode consentir a inxuria aos padecementos de persoas que inda viven, padecementos contados polos vellos na escola franquista...

¿Ou vai resultar que eran os nenos labregos, e seus pais, os que tiñan un problema, e os mestres franquistas eranche os sufridores?

Non se pode consentir a burla a súa anguria no primeiro ano que entraban nunha escola na que eran aldraxados pola súa fala...

Non é unha falacia o padecemento dos pais que ven perder a súa cultura porque os seus nenos nola van a aprender... non é unha falacia o padecemento sufrido no xenocidio cultural do franquismo...

Non é unha falacia, hoxe, o padecemento da irmá de Messi, nin doutros nenos que non saen nos periódicos... volvo a poñer o enlace:
http://nacionalismodeandarporc...

Non é unha falacia o padecemento dun pai andaluz, se ve como a súa cultura, moi superior a catalana, aldraxada polos mestres de seu fillo, como virono os pais galegos...

E un insulto cruel rirse dos seus padecementos... e a crueldade é fascismo.

c) E sí, chamar fascista é moi grave... e non digo que a sociedade catalana, ou a galega, sexan fascistas... pero fascistas, hainos...

Sonche fascistas todolos patróns, galegos ou cataláns, que queren impor o seu idioma aos traballadores... sonche fascistas eses inspectores que andan acosando aso camareiros sudamericanos... é fascista calquera mestre, galego ou catalán, que non lle fale a un neno na súa lingua nai, o castelán, o galego... puidendo facelo sen traballo algún...

Falo de comportamentos fascistas, que saen de políticas fascistas, as do Club Financiero de Vigo, as do nacionalismos ricos, o catalán o vasco...

E #69... d) os dereitos son universais... mais non imposibeis... todos temos dereito a comer tres veces ao día, porque a producción de alimentos permiteo... nolo permite e a distribución capitalista desa comida...

Todos temos dereito a ter unha casa, porque todos podemos ter unha casa... e a política capitalista da vivenda quen impedinos facer realidade ese dereito... polo que temos que loitar por eles, por facer realidade eses dereitos...

Pero non temos dereito a inmortalidade... nin a sanar dun cancro incurabel... nin a ser todos guapos e simpáticos...

Todos temos dereito ao traballo, porque todos podemos ter traballo, agás polo mercado capitalista...

Traballo, sen descriminación por lingua, por raza, por relixión. Sí o son, discriminados por lingua, e persiguidos, os camareiros sudamericanos.

Esa persucución é fascismo, feita por fascistas, en resposta a unha politica fascista... ¿ou non?

E un neno xaponés non ten dereito a que seu profesor catalán poda ensinarle en xaponés... é imposible...

Pero un neno sudamericano, sí ten dereito a ser ensinado en castelán porque tamén é o idioma do seu mestre... se ese mestre nolo fai... estao discriminando... dandolle unha educación en catalán, pior da que podería darlle (sen esforzo algún), en castelán... esa discriminación é fascista... faita por fascistas, en resposta a unha poítica fascista... ¿ou non?

#74 hai 9 horas e 8 minutos dante

raimundo, mezclas dou conflitos diferentes, o capitalismo e o nacionalismo.
a maior parte dos cidadáns que falan catalán están en Lleida, Girona e Tarragona, e son trabalhadores!!. e para que o sepas, a grande élite económica de Barcelona é castelhano falante. volto a repetir que falas polo que te contan, e recomendo-te que conhezas ós cataláns...
eu fun a escola na Galiza, nos 80 e nos 90. recibín toda a ensinanza, a excepción do galego, en castelhano. sou filho de trabalhadores e galego falante. a min impuxeron-me o castelhano, pero eu non estiven numa escola fascista!!
pero o peor de todo é que nos respondes òs argumentos dos demais, só repetes uma e outra vez: imposición e fascismo, pobres e ricos...
ensinar castelhano en Castela non é uma imposición, na Galiza si, en Catalunya tamén. os tres milhóns eses dos que falan son persoas que como xa te dixen tenhen un comportamento vergonhoso, indo a un territorio ocupado por outra cultura a impor a súa. e mostran un desprezo profundo pola cultura catalana. e ti que tento falas doutros países, debías saber que é uma das culturas mais admiradas do mundo,e que BCN é uma das cidades mais cosmopolitas e universais que poidas encontrar.
os únicos fascistas que hai por alí son os que non admiten que aquilo é un país diferente cuma cultura diferente, e que para sobrevivir ten que lutar contra un grupo social que trata de impor-lhes a súa cultura.
esas é a realidade espanhola desde hai séculos, e ti tratas de xustificala cun conflicto de clases. por muito que te repitas, o idioma que foi imposto en Espanha foi o castelhano, e o proceso actual é o de recuperación por parte dos idiomas periféricos. e as persoas que queiran vivir en Cat terán que saber catalán, igual que as que viven en Arxentina tenhen que saber castelhano. ti chamas-lhe fascismo ó proceso reordenación daquilo que nunca debeu acontecer: o espalhamento do castelhano fora de Castela. o imperio xa morreu raimundo, e agora só quedan os últimos anacos dun verdadeiro estado fascista: Espanha. só falta que caia a monarquía, e despois acabou para sempre, por sorte. ou é que os trabalhadores dos que ti falas estades dispostos a repetir a Historia infame do século pasado??

#76 hai 1 minuto Raimundo

#74 dante, dis “a maior parte dos cidadáns que falan catalán están en Lleida, Girona e Tarragona”… e que “a grande élite económica de Barcelona é castelhano falante”… cousa sabida. Gracias a esa élite, Franco gañou a guerra.

Cómo é sabido que en Cornellá todos falan castelán… ¿Qué dirías se esa élite capitalista mandara falar castelán aos de Lleida? Pois que sería fascismo (xa pasou no franquismo).

Entón, porque ao revés non ¿por qué pódeselle esixir aos de Cornellá que camben o seu idioma, e aos de Lleida non? ¿Pola raza? Non, polo orixe… sonche discriminados polo seu orixe… ¿é ou non é fascismo?

A escola galega dos anos 70 e 80 non era a escola fascista dos 50 ¡gracias a deus! O galego xa estaba medio morto. O xenocidio cultural xa estaba faito… pero ti tiñas dereito a aprender en galego… ¿ou ibache ser peor aprender en tu idioma? ¿vasme dicir que foi mellor que aprenderas en castelán? ¡Pois menudo nacionalista estás feito!

Dis que “teñen un comportamento vergoñoso, indo a un territorio ocupado por outra cultura a impor a súa”… logo de traballar dez horas, de levantar Cataluña co seu traballo, cos seus impostos, ¿dis que son unha vergoña para Cataluña? Vergoña deberíache darche a ti dicir eso…

Iso é capitalismo, é o que diría o Botín… mira ti…
En EE. UU., teñen un nome para quen sinte vergoña dos seus, chámanlles “Tio Tom”.

Así que son os emigrantes os que “nos invaden”… pois iso é fascismo… é o mismiño que di o Berlusconi…

Dis “as persoas que queiran vivir en Cat terán que saber catalán”… que, mais ou menos, era o que dicía Franco. Pero para toda España. Cataluña ten dous idiomas. Arramblar cun deles, é fascismo. É o que tentou facer Franco. Igual que arramblar cunha relixión, inda que seña minoritaria.

O nacionalismo dos ricos é fascismo… o vasco, o catalán, o da Liga do Norte italiano, o de Santa Cruz de Bolivia, o do estado de Rio de Janeiro que quere quedarse coas rendas do petróleo…

O nacionalismo de pobres, o galego, non debería selo, pero como os copia… inda de pobres, apaleados… en fin.

E segues co teu nacionalismo fascista, “os únicos fascistas que hai por alí son os que non admiten que aquilo é un país diferente cuma cultura diferente”…

Ouseña, que a “rumba catalana” non é catalana… serao porque o dis ti… ou a Festa do Rocío de Barcelona non é a maior festa de toda Cataluña…

Así que non é fascismo tentar arramblar coa cultura de tres millóns de persoas… polo seu orixe… pois iso é nacionalismo fascista, lindando co racismo…

E un pensamento herdeiro do racista e nacionalista Jordi Pujol, que tamén é un capitalista (enlaces abaixo)

E polo de agora, eu o que vexo é que España é un estado (cativeiro) de benestar, non fascista.

No que os nacionalistas ricos (o vasconavarro, o catalán), como os da Liga do Norte, queren rachar o sistema de redistribución das rendas socialdemócrata, para quedarse os ricos cos mellores servizos, e os galegos cos peores hospitais…

Se iso non é fascismo, xa me dirás (polo menos a Liga do Norte chámanse fascistas, honradamente).

Así que a cuestión vai de fascismo e antifascismo, de nacionalismo ou socialismo… no fondo, de ricos e pobres…

Enlace ao diñeiro que Pujol levou de Banca Catalana ¿50.000 millóns de pesetas?:
http://corrupcionesvarias.blog...

Enlace ao pensamento racista de Pujol:
http://nacionalismodeandarporc...

#77 hai 1 dia dante

non son uma vergonha para ninguen...son uma vergonha para eles mesmos¡¡ seu comportamento é vergonhoso¡¡ non tersiverxes as minhas palabras.

como vai ser fascismo que se fale galego na Galiza, catalán en Catalunya ou inglés na Inglaterra¡¡¡se eu vou a Holanda tenho que aprender flamengo, e se vou a Madrid aprendo castelhano...iso non é fascismo nen nada polo estilo. o que non respetas son as culturas propias de cada lugar. que na Galiza se fale galego non é uma imposición, é un feito natural.

a rumba catalana?? entón a comida chinesa é madrilenha, ou agora galega??¡¡ e o marroquí entón tamén é parte da cultura catalana??¡¡

ou sexa, que defender a diversidade de culturas é fascismo?? lee a Marx amigo...

por qué foi esa xente para Catalunya? primeiro, porque na súa terra pasaban fame e non había trabalho. segundo, porque Franco comprendeu que era a melhor forma de acabar coas diferenzas. e eses, os teus pobres trabalhadores, despois de ponher a franco no poder, marcharon para Cat e Euskalerria a seguir coa misión do exército da Victoria.

argumentar non consiste en calificar ós oponentes. sabes por que non sou fascista? porque os fascistas non dialogan raimundo, non discuten cos que opinan diferente...

#80 hai 23 horas e 40 minutos Raimundo

#77 dante, digo que é fascismo que un traballador castelán-falante de Cornellá sexa discriminado por falar castelán… como sería fascismo que un traballador catalán-falante de Lleida fora discriminado por falar catalán.

Cómo é fascismo que un traballador galegofalante sexa discriminado por falar galego en Galicia, polos do Club Financiero de Vigo.

Esa é a miña argumentación. O que vale para os de Lleida, tamén válelles aos de Cornellá, aos de todoslos lados…

E a “rumba catalana” naceu en Barcelona, non en Andalucía… e un produto tipicamente catalán, nado nuns barrios barceloneses… non é de fora.

A Feria de Abril barcelonesa e importada, pero e a maior de Cataluña… dende fai 40 anos… ouseña, xa é autóctona… a cultura catalana ten nesta feira unha das súas expresións… como poderá ser o Aninovo chinés dentro de 40 anos, como é a festa de San Patricio, dos inmigrantes irlandeses, en New York.

Non alcúmote de fascista, nen digo que a sociedade catalana sexa fascistas… é evidente que nolo sodes…

Digo que usas argumentos fascistas, e que a sociedade catalana permite algunhas políticas fascistas, e que Jordi Pujol é un racista, e capitalista, e nacionalista…

Permitir por lei a discriminación na súa lingua, na súa cultura, dos castelánfalantes, cando o castelán é a lingua que todos coñecen… é fascismo. En Cataluña. En Francia, non. Nolo coñecen.

Eses son mis argumentos, antifascistas.

#81 hai 22 horas e 22 minutos laurinha

(...) Eis o que se passou em todas as opisiçoes da Junta no grupo A com nota altíssima, vamos cum laude

Oposiçons ao Corpo Superior de Funcionários, Grupo A1 da Junta de Galiza. Os exames repartem-se em espanhol e também em galego. O exame em espanhol é perfeitamente legível, mas o de galego resulta indescifrável. Fala-se de “sentenzas asines” e “órganos de ado” e “secretarios de ión” (?!?)… "Ions de carga positiva ou negativa?", perguntavam-se os pobres opositores galego-falantes. 10% das perguntas em galego continham gralhas ortográficas ou estavam penosamente redigidas, devido ao mal uso dum tradutor informático.

Viva o respeito pola nossa língua. (...)

laurunha

#82 hai 21 horas e 38 minutos Raimundo

#81 laurinha, os de Ferrol temos dereito a facer os exames da Xunta de Galicia, que pagamola con nosos impostos, igual que todolos galegos... no noso idioma, que é maioritariamente o castelán. E os galegos galego-falantes, en galego.

Sí, inda que sexamos galegos, somos galegos castelán-falantes, e non pedemos sere discriminados por lingua nesas oposicións a nosa administración... mira ti... a recuperación dese dereito debemola ao PP (inda que nolo votamos, ollo)...

E se o exame de galego non se entende, os que estaban nesa oposición deberonse levantar e negarse a facelo nesas condicións...

#83 hai 20 horas e 56 minutos dante

vale, porque eu tampouco creo que ti sexas un estalinista. imos por partes:

-rumba e feira da abril: é cultura andaluza, da igual onde sexa creada. da mesma forma que a festa de san patricio é cultura irlandesa, ainda que sexa famosa en NY. a verdadeira cultura americana foi aniquilida pola cultura europea dos emigrantes, e hoxe malviven en "reservas". se lhe preguntas ós andaluces eles non se senten cataláns para nada, por muito que tenhan nascido lá.

- e isto é normal e acontece en todo o mundo. non entendo como non comprendes que entre as culturas acontece o mesmo que na luta de clases. non hai convivencia entre culturas, hai solapamento. é imposivel que duas culturas convivan, uma elimina à outra. asi funciona a historia, non é uma cuestión ideolóxica. a Bélxica, un dos países de maior tradición democrática, é un claro exemplo. na Francia, en GB, en Alemanha...desapareceron muitos idiomas e culturas por este mesmo proceso histórico.

- en Cat non hai discriminación. simplemente hai uma lei que protexe ò catalán. e se non o fan así, o catalán-como o galego ou o vasco- desaparecerá. é a única saída despois de varios séculos de implementación de outras leis, as que o reino espanhol impuxo a todo o estado para implantar a cultura castelhana. esa é a historia de Espanha, e terás que asumir que é un proceso que debe ser revertido excepto que aspires à uniformidade. é lexítimo que penses asi, pero desde esas posicións non se ten credibilidade para acusar a ninguen de fascista.

-o proceso histórico actual é o da recuperación duns entes culturais que estan en risco de desaparecer. a historia é sempre un proceso, e as direccións que colhe dependen dos equilibrios de poder. Cat leva con gobernos nacionalistas catalanistas desde os inicios da democracia. polo tanto hai uma maioría da poboación que apoia estas políticas. e é evidente que a maioría da poboación son trabalhadores.

-o problema dos trabalhadores descontextualizalo cando o usas neste debate. creo que es uma persoa de esquerdas convencida. eu respeto ás persoas que creen en algo. sen embargo penso que un dos problemas do socialismo foi ver na diversidade de culturas e na defensa das culturas un inimigo para os seus obxectivos. grande erro, só uma humanidade multicultural e fundada na diferencia chegará a un grao elevado de solidariedade e providencia. é a liberdade a que nos fai diferentes, é a liberdade fundamentase na identidade. e a única identidade dos humanos que non é por convención é a cultural. por iso as culturas son as que entran en conflito excluínte

pd: saúdos, e desculpa se en algun momento os meus argumentos non foron respetuosos, eu entendo que é dificil argumentar contra un grupo numeroso.
o motivo de que me posicione contra o que defendes é simple: eu vivín muito tempo en BCN. cando cheguei non sabía uma soa palavra de catalán. conhezo case todo o país, tenho amigos cataláns, marroquinos, aragoneses, pakistaneses, franceses... polo meu trabalho conhezo perfectamente a área metropolitana de BCN (l'Hospitalet, Badalona, San Adriá,etc...os propios bairros de BCN,etc...) e podo asegurar-te que quen mais discrimina son os trabalhadores eses a quen tanto defendes. isto non é un link, é uma experiencia persoal de muitos anos..

#86 hai 17 minutos Raimundo

-Rumba: ¿E por qué ten que gustarche unha determinada cultura? ¿É obrigatorio? ¿Por qué o dí Pujol? ¿Por qué vai renunciar un galego a súa cultura, en Cataluña? Nin a súa relixión, nin a seu idioma… son dereitos irrenunciabeis…

Os charnegos non desfán nada, construiron Cataluña co seu traballo… e enriquecen a súa cultura coa rumba catalana, e a Feira de Abril barcelonesa… non impiden a ninguén a súa cultura, nin queren que esmaguen a súa.

Os charnegos non son uns xenocidas… E ao revés… Se gustalles o Loquillo, inda que cante en castelán ¿é iso anticatalán? Non son anticataláns, son cataláns que prefiren a rumba catalana… E parécema ata lóxico.

-¿Non hai convivencia entre culturas? Porque o dis ti… a rumba catalana ¿qué é? Os xaponeses que veñen a aprender flamenco… a música tradicional galega con toques flamencos, ou con compases de jazz ¿qué é?

Desaparecen as culturas campesiñas, polas culturas urbanas das metrópolis… agás o flamenco, que ten vida, ata en Xapón.

-O catalán é cousa dos cataláns catalánfalantes… teñen moito diñeiro, e moitas posibilidades para defender o catalán…

O que non teñen dereito e a usar os métodos franquistas, discriminando aos traballadores pola súa lingua, polo seu orixe, cos seus impectores lingüísticos (igualiños cos señoritos falanxistas que esmagaban aos obreiros que falaban na rúa o seu catalán…

Pois agora os señoritos inspectores da Generalitat, sen palizas, pero botandoos do traballo… un progreso...

-A maioría non pode esmagar o dereito da minoría… A Liga do Norte, por moita maioria que sexa, non ten dereito a esmagar aos inmigrantes, inda que sexan minoría.

E o Novo Estatut foi votado afirmativamente polo 40% dos cataláns. Non por unha maioría.

-O enemigo dos traballadores non é a cultura catalana, nin os traballadores catalánfalantes, nin a lingua catalana…

O seu enemigo sonche as normas dos partidos nacionalistas, que impidenlles o acceso ao traballo, pola súa lingua, polo seu orixen.

Non se pode descontextualizar o dereito dos traballadores. É universal.

PD. Viaxei moito por Barcelona, por traballo. E sigo a ter moitos amigos que me contan como vai aquilo.

Non encontrei que a xente negaráse a que os seus fillos aprendan catalán, nunca. O que queren é que, de nenos, estuden tamén en castelán.

E recordo telo pasado moi ben cun andaluz, guitarrista…

Este home dicía que o seu flamenco estaba vivo… e que a sardana, o folklore catalán estaba morto… e que ¿cómo iba él a cambiar un vivo por un morto?

Facía unhas imitacións dos da sardana, moi boas… Algo diso haiche… ¿non será envexa a unha cultura viva e moi potente?

#87 hai 18 minutos Raimundo

#84 mahleriano, dis que "Agora ser arrogantemente monolingüe é um direito e som os demais os que devemos inclinar o pescoço e pôr o cu à língua imperial"...

Eu digo que un millón de traballadores galegofalantes (en Galicia) teñen dereito a falar en galego cos seus patróns, que saben falalo, con quen seña... mesmo cos patróns...

E, se afirmo o anterior, non pode negar (sería totalmente ilóxico), que tres millóns de traballadores castelánfalantes cataláns (moitos, galegos), teñen o mesmo dereito cos galegos en Galicia, a falar no seu idioma con quen seña...

Ou vai resultar que o que é bó pra os traballadores galegos en Galicia, é malo pra os traballadores galegos en Cataluña...

Que os dereitos non son universais, que en Cataluña sonche distintos que en Galicia... home...

#149 hai 54 minutos MCXOSE

Xa paso de andar a mirar onde verte as merdadas de comentarios prexuizosos e sobrecargados de hispanidade o Rayworld. Para todos negativos a eito! En Galiza en galego, en Euskadi en euskera, en Catalunya en catalán e en España en castelán. A lingua universal non é o inglés: É O DIÑEIRO. Se tes moito diñeiro, non hai ninguén que non che entenda: todo o mundo che entende cun fardo de billetes de 500 euros. Proba, xa verás. NON AOS IMPERIALISMOS, nin lingüísticos!

#150 hai 1 minuto Raimundo

#149 MCXOSE, dende logo o diñeiro é a lingua universal... dende logo... pero a xente que nolo ten... os emigrantes (galegos, andaluces, ecuatorianos, arxentinos, rumanos), xa que no falan cos cartos... necesitan falar o idioma mais común do lugar ( cal sexa, inglés en Suecia, en USA...), ou castelán en España...

Os galegos, os arxentinos, os rumanos non emigran pra aprender idiomas... emigran pra sair da miseria, esa que os señoritingos racistas vascos e catalans escupenlles a cara (e mesmo nalguns dos comentarios deste artigo). Non son dos Erasmus.

Chegan a un sitio... levantan a economía do lugar co seu esforzo... e non están por aprender vasco (porque nolo fan nin os vascos), nin o catalán nin o galego... porque non teñen tempo nin gañas... despois de dez horas nun andamio...

¿Captas a cuestión?

#152 hai 5 horas e 3 minutos MCXOSE

Por certo, en E.U.A. fálanse moitas linguas. Julio R.M. traballa en New Jersey, como centos de galegos e miles de portugueses que en New York e na súa área metropolitana intentan gañar o pan cada día; uns falan galego e outros portugués, e enténdense. Non falan "ejpañol" ou "ehpañó", e menos castelán. E non che digo en Chinatown o que se fala tamén, ou en Little Italy... "Señoritingos" abundan máis que en ningún outro sitio na Comunidade de Madrid, e na cidade de Madrid e no PP de España. Mira O caso Gürtel, e o PP de Valencia: reloxios de vinte mil euros etc etc etc etc etc (son nacionaLISTOS españois)... Os galegos emigraron a Arxentina e tiveron que adaptarse ao idioma de alí, que nin sequera é castelán, senón unha especie de español que por obra e graza dos medios de comunicación nos soa tan familiar e que ninguén se cuestiona se "vos" é "tú" ou "Yo" "Xo", e tantos outros vocábulos e formas que no Estado Español non se empregan: pois os galegos tamén tiveron por necesidade que aprender a fala de alí. Pero non todos fan todo por cartos: hai xente que aproveita calquera instante ou situación para aprender, incluso enriba dun andamio e na novena hora de traballo cando xa estás até os collóns de pasarlle tella ao compañeiro. Enriba dun andamio aprendín moitas cousas, e falando e escoitando EN GALEGO. Por exemplo aprendín italiano, filosofía, cultura xeral, prefeccionei e enriquecín o meu vocabulario en galego, aprendín cousas sobre a sexualidade... e moitas cousas que non se dan nas universidades de Zara e Bershka e becas fraudulentas: estas só as podes aprender na Única e Imcomparábel Universidade da Vida. Esa cultura xeral e específica é a que a moitos "finolis" castelanfalantes vos fan máis "vulnerábeis" culturalmente. Eu tiven coa idade de 15 abriles que cargar ao lombo con sacos de 50 kg. de cemento. Sabes de canto son agora?... Mentres escoitaba o disco "Bucdafucup" de Onyx por exemplo, e aprendía a entender e desfrutaba o Rap, levantaba a economía do lugar co meu esforzo -como dis ti ;)- Ao mesmo tempo aprendía inglés. E por se non queres parecer tan vulgar e ignorante, direiche que o peor na profesión de albanel nin por asomo é estar nun andamio. Sabes o que é botar unha placa con 35-38 graos ao sol?

#153 hai 4 horas e 58 minutos MCXOSE

no comentario #151, as aspas "tragaron" o texto, e poñía despois de

:por exemplo: Este es el punteiro.

#155 hai 2 horas e 32 minutos Raimundo

#152 e #153 Mcxose, un albanel rumano en Barcelona, traballa dez horas, vota placas a 35-38 graos… e aprende filosofía, coma tí… e castelán.

A lingua dos traballadores barceloneses. E os señoritingos dos nacionalistas cataláns, queren quitarllea, e imporlles a súa, o catalán.

Un albanel marroquino, mentras carga sacos de cemento ao lombo, en Bilbao, aprende cultura xeral, coma ti… e castelán.

A lingua dos traballadores de Bilbao. E os señoritingos do PNV, e os asesiños de ETA, queren quitarllea, e imporlles a súa, o vasco.

Un albanel ecuatoriano, un pescador filipino de Ribeira, aprenden a universidade da vida, coma ti… e galego, a lingua dos traballadores galegos, que os señoritingos do Club Financiero de Vigo, queren quitarlles, para que falen na súa… o castelán.

Tes que estar moi acomplexado para botarlles aos emigrantes as culpas nosas. Se o vasco, o catalán, o galego, van mal… e por culpa dos vascos, dos cataláns, e dos galegos. non polo que falen os emigrantes.

Non porque os emigrantes prefiran o castelán en Bilbao, en Barcelona… porque é a lingua dos traballadores alá… e porque pode serlles mais util…

Se só soubese catalán… non podería saír de Barcelona, para ir a obras de Madrid ou Bilbao. E xa non digamos co vasco, entón… despois de 10 horas falando en castelán ¿Por qué vai cambiar?

Moi acomplexado debes ser, para votarlles en cara o que é o seu dereito a vivir mellor, na lingua que mais lles conveña.

E a educar aos seus fillos nela… se queren, se pensan que é o mellor para eles…

E dende logo, hai xente estranxeira enamourada do galego, e galegos enamourados doutras linguas… e que teñen dereito a enamourarse da lingua que lles pete…

#156 hai 1 hora e 55 minutos MCXOSE

Raimundo, amigho, mexas por fóra eh!. Cíñete ao conto e non vaias polos cerros de Úbeda, a ver se vas chegar nunha destas esbardalladas a El Ejido e che confunden cun explotador deses andaluces. Home, alí si que che entenderán en castelán; agora ti a eles (non digo aos mouros) non sei, porque como se xunten catro ou cinco nunha roda e se poñan a falar un pouco rápido e ao seu, non te vas enterar de moito (dígocho porque fixen a Puta Mili en Andalucía). Os do Club Financeiro de Vigo, que veñen sendo algo así como a elite da estupidez máis ensanguentada de inxeniocidio burrocrático non representan Galiza. Como os magnates do Petróleo cos que negocia o Goberno Español non representan a España, aínda que haxa mouros dos do hule na cabeza multimillonarios negociando in Spain. Lamento que os do Club Financeiro de Vigo, ou para que nos entendan os das periferias ou aldeáns (¬¬), Camada de Chupatintas de Vigho, disfrazados de homes formais e cultos. Se lle dás a calquera traballador de a pé 1000 ou 2000 euros para gastar ao día xa verás como tamén se volven formais e andan tan tranquilos e sosegados que parecerán cultos incluso os que non o son. Si home, con cartos calquera é guapo. Se Bill Gates for galego e non renegase coma ti da súa terra, senón ao contrario coma Min, falarían galego até na China. Pero claro, con xente acomplexada de ser galega e que non cren neste País dos mil ríos, con tanta riqueza e beleza no seu seo, estariamos condenados ao fracaso e incluso á extinción. Se por ti for, só predominaría a raza aria ou raza española, e todos falarían español, una lengua grande y libre; e os homosexuais non poderían casar nin adoptar fillos/as; non se podería abortar... O LÓXICO EN GALIZA É FALAR GALEGO. O GALEGO NON SÓ É A LINGUA DOS TRABALLADORES GALEGOS; TAMÉN O É DOS PARADOS, DOS VAGOS, DOS QUE ESTÁN DE BAIXA, DOS RICOS, DOS MÁIS RICOS E DE AMANCIO ORTEGA. O GALEGO É A LINGUA DE TODO O MUNDO, DE QUEN A QUEIRA FALAR. Pódese falar galego nun Jacuzzi, dentro dun Ferrari e incluso comendo ovas de esturión e bebendo un Vega Sicilia ou Don Perignon. Si, sei por experiencia que hai xente que está namorada de Galiza: da súa lingua e da súa cultura, da súa terra e do seu mar. Que mágoa que non sexa o teu caso. Se me falas do PNV e da ETA, fálame tamén do PP, da Falange, do Opus Dei, das Faes, dos Ultrasur e de todos eses nacionalistas españois que teñen a desFACHAtez de lles chamar nacionalistas -e incluso perigosos- aos partidos nacionalistas doutros territorios que non comulgan cos touros, co flamenco-chotis e co fútbol da capital. Toda esa fauna ibérica de fascistas tamén impoñen o español (refírome ao castelán). Impositores cínicos: eles poden, os demais non podemos. Vafanculo scemo! diría Fabri Fibra nunha canción.

#158 hai 1 minuto Raimundo

#156 MCXOSE, en Galicia haiche un millón de galego-falantes (a maioría, traballadores, agás Ferrol)... E outro millón de castelán-falantes (clase media, xente da cidade)... polo que eu sei...

E todos sonche galegos, porque viven e traballan en Galicia... e eiquí pagan os seus impostos... falen o que falen... a cidadanía non pode quitarse por falar un idioma, ou falar outro...

E en Cataluña, no País Vasco, os señoritingos fascistas impidenlles aos seus traballadores castelán-falantes traballar na administración autonómica, pola esixencia de saber o idioma dos señores (o catalán), non dos traballadores (o castelán). Os discriminan pola lingua.

¿Pareceriache que aos traballadores galego-falantes se lles esixira un outo nivel de castelán pra traballar nos concellos das cidades galegas, castelán-falantes? ¿que foran discriminados sese xeito? Non, verdade, pois iso é o que fan os teus señoritingos vascos e cataláns... impor a súa lingua aos traballadores...

#159 hai 4 horas e 27 minutos bertus

Acoséllovos que pasedes do RAYWORL, non respecta o debate. Só repite as mesmas consignas unha e outra vez mediante corta-pega. Nin sequera se molesta en escribir, nin en correxir os texos que malescribe. Por exemplo, esta última intervención xa foi máis que refutada noutros fíos e neste mesmo por moitos de vós. Non os lin todos pero concretamente dante faino en máis dunha. Enfin, seica non é unha obriga constitucional saber o castelán pra calquer cidadán do estado español...

#161 hai 3 horas e 57 minutos Raimundo

#159, bertus, ¿poderiasme dicir onde foi refutado o conceuto de cidadanía, non baseado na lingua, senon no traballo?...

#162 hai 3 horas e 50 minutos bertus

Xa cho dixen, revisa as intervencións de dante, por caso.

#164 hai 3 horas e 29 minutos Raimundo

#160 bertus, home, ten gracia... xa as teño leido atentamente, antes de contestalas...

Bueno, pois dalle unha volta as miñas refutacións, baseadas na defensa dunha cidadanía sen discriminancións por linguas, razas, ou relixións...

#168 hai 1 dia bertus

"Bueno, pois dalle unha volta as miñas refutacións, baseadas na defensa dunha cidadanía sen discriminancións por linguas, razas, ou relixións..."
As túas parvadas xa están máis que vistas de tanto que as repites, e xustamente demostran que se basean no contrario do que dis que se basean. É unha das claves da ideoloxía entendida como distorisión o ocultar os intereses que moven o seu sistema de valores, amostrando como "natural" un feito histórico continxente.
No caso do teu discurso falta demasiada sutileza intelectual (como moi ben di Vence no seu artigo, no caso de Galicia os discriminadores lingüísticos son de pouca categoría intelectual e profesional) como para non ver o discriminatorio e os prexuizos lingüístico-relixiosos que o moven sen ocultamento ningún. Por moito que en #164 te autoenganes, o teu é coma o dunha anoréxica extremadamente demacrada con aspecto de caveira: mírase ao espello e vese gorda.

#171 hai 1 minuto Raimundo

#168 bertus... o conceuto de cidadanía... de homes libres... non admite ningún tipo de discriminación... por exemplo... impoñendo aos traballadores dun lugar, a lingua exóticas dos señores... o castelán en Galicia, o catalán en Cornella...

¿Podes refutalo? Ou vas seguire con insultos, eso sí, moi ideolóxicos, tipo "pouca categoría intelectual e profesional"... ou "túas parvadas"...

Insisto... ¿para cando os teus argumentos?...

#198 hai 16 horas e 55 minutos bertus

#197, teño lido algunhas cousas sobre a psicoloxía e ideoloxía do antisemita e si que é noxenta, a verdade. Deberías preocuparte. A curación pode comezar polo autorecoñecemento.

#199 hai 16 horas e 50 minutos Raimundo

#198 bertus, a min non se me ocurre que 3 millóns de persoas teñan que cambear de lingua... porque o dí unha panda de señoritingos fascistas... ¡3 millóns de persoas! Ou tres...

A ver ese autocoñecemento... do propio fascismo... porque quen pensa que iso podese facer... o é, un fascista... e si ti o pensas... pois...

Aplicate o autoceñecemento...

#200 hai 16 horas e 44 minutos bertus

#199, vai ver se che atenden por urxencias que a túa pesistencia na mentira xa empeza a ser grave.

#201 hai 16 horas e 20 minutos Raimundo

#200 bertus, que si, home, que si... que sonche 3 millóns de traballadores cataláns, castelán-falantes, os discriminados pola lingua... que si, home, que si... preguntalles a eles... mira o google... as estatisticas... que si...

E inda que foran tres...


No hay comentarios: