Unha das eivas no programa de goberno da esquerda, recoñecida polos seus propios membros, se ben tras a derrota da primavera, é a renuncia, case histórica, a tratar a cuestión territorial. A paulatina incorporación dos movementos nacionalistas (chamados a sí mesmos en Italia secesionistas) nos gobernos rexionais, provinciais e locais non foi suficiente para que os partidos de signo esquerdista abordaran o asunto da estructura do Estado ou, en termos máis propios, a organización territorial de Italia. De sempre partidarios dunha vertebración unitaria do país, deixaron nos últimos anos sen atender ás reivindicacións de certas partes de Italia, desapegadas (se permiten a licencia dun termo exportado para Italia) da gobernación romana e, nalgúns casos, directamente molestas coa distribución dos orzamentos. Non só no coñecido caso da Padania, senón tamén en lugares afectos á esquerda, como a propia Toscana ou a Liguria, ou en feudos propios da dereita como o sur de Italia ou a propia Sicilia.
O discurso hexemónico da esquerda -por outra parte tamén moi extendido, sen dúbida, pero polo que parece non dominante- da unidade italiana está sendo posto en cuestión por cadros dos partidos (en especial do máis interesado en gobernar, o Partito Democratico) que ven como os seus sectores sociais afíns (esa clase obreira das cidades do norte, por exemplo) viran nas últimas eleccións a posicións máis nacionalistas por crer que desde ese punto as súas peticións poden resultar máis eficaces. (...)
Quizáis chame a atención, desde a nosa perspectiva, que a fórmula autonomista española funcione de forma explícita, mesmo desde as ringleiras dos voceiros económicos da Lega Nord, como modelo imitable, por riba incluso do federalismo alemán ou de pretensións maiores de independencia completa tal e como anuncia a cada pouco o seu líder Umberto Bossi. (...)
...os partidos de esquerda, se antes renuentes á reorganización do estado, non queren quedar fóra da nova iniciativa nin, xaora, deixar en mans de partidos que abogan pola secesión a elaboración das novas directrices. Pretenden influir na construcción dunha estructura tributaria e financeira solidaria, que non aumente os desniveis de renda e calidade de vida observables a primeira vista en Italia. " (Manuel Ángel Candelas: A Italia Federal, fiscalidade e reforma do estado. Vieiros, 04/10/2008)
O sea, que la izquierda es la que pretende que no haya unos territorios más ricos que otros, que es lo que quiere Bossi, Montilla e Ibarretxe. Por lo menos en Italia ¿Y Zapatero?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario