“O 26% do profesorado de lingua e literatura galega fala habitualmente castelán.
O Consello da Cultura Galega vén de presentar un estudo que constata que a meirande parte dos alumnos de secundaria rematan sen competencias na lingua galega.
Máis sorprendente son os usos lingüísticos do profesorado: a lingua utilizada dentro da clase é o galego case na totalidade dos casos (os usos monolingües neste idioma superan o 90%), pero esta porcentaxe é menos contundente no emprego deste idioma fóra da clase: o monolingüismo en galego non supera neste caso o 73%. Pero os datos van aínda máis alá: obsérvase un descenso considerábel do emprego do galego na relación cos pais e cos fillos, fronte ao uso cos avós e no trato cos amigos de fóra do centro fronte aos compañeiros de traballo. Constátase así que, máis alá de estereotipos que identificarían ao profesor de galego cunha certa militancia lingüística, hai unha parte do profesorado que distingue entre o ámbito académico, no que emprega o galego, e o extraacadémico, no que a escolla da lingua depende doutros factores. (…)
Fóra de datos específicos máis ou menos rechamantes, o informe permite tirar outras conclusións. Unha delas é que profesorado e alumnado discrepan sobre os obxectivos que procuran as materias de lingua e literatura galega. Mentres os docentes consideran que se busca a competencia comunicativa do estudante en galego, estes rexeitan uns contidos que entenden demasiado filolóxicos ou de coñecemento gramatical. Con esta constatación, ábrese unha vía de reflexión que propón que os mestres procuren enfoques máis comunicativos, tanto como a reorientación do programa didáctico.” (Vieiros, Redacción - 18:30 05/09/2008)
La politizacion le sienta fatal a los idiomas, en cambio a la biología (con el debate sobre el creacionismo) la pone en el centro de atención sociopolítica.
El gallego se muere, y los profesores de gallego (de los que no muchos lo hablan con sus hijos) , no lo van a salvar (con imposiciones políticas), mientras la pedagogía de los idiomas (la del gallego o la del inglés) siga siendo un rollo patatero, que se añade a otro, al “gallego normalizado”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario