20/7/09

Galicia ayer... hoy Ecuador, China, Rumanía, Marruecos...

(traductor gallego-español)

#7
hai 2 dias Xaestoudevolta

Moi ben, McBert. Concordo contigo. Vivimos nunha sociedade opulenta, por tanto, quen vai loitar por nada? Pero eu ainda vou mais lonxe: Vivimos nunha sociedade (a galega) que interiorizou profundamente o discurso do escravo, daquel que menospreza a propia cultura (o idioma galego) en beneficio dunha cultura allea (o castelán). Falta dunha burguesía con sentido de país? Séculos de escurantismo? Permitideme, xa que estamos parafrasexando, citar a Graham Greene: Esquecedes o "factor humano". Un factor que fai posible que alguén coma eu, que non sou galego, senon sinxelamente un fillo de galegos que vive en Barcelona, tenha mais vontade de preservar a cultura dos seus pais ca moitos galegos de nacemento e condición. Galiza, senhores, é así porque así o queren os seus habitantes. É duro, mais é así. Quizais deberíamos facer coma os arxentinos, e comezar a pensar que ao noso país faille falta (con urxencia) unha terapia, un psicoanalise.

Raimundo #8 hai 2 dias Raimundo [Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#7 Xaestoudevolta, moitos fillos de emigrantes queren recordar a cultura dos pais... e case todolos netos... normal...

Hoxe en Ecuados, en Marruecos, en Rumanía, en China, en todo o mundo está a pasar o que pasou en Galicia, en Sicilia, en México, en Grecia, en Turquía, en Pakistán... os campesiños vanse pra as cidades... porque no campo morren de fame...

¿Escravos? Non, campesiños... ese é o "factor humano"... un factor moito mellor co "factor human" das cidades... onde perderán a súa cultura milenaria...

Nada novo baixo o sol... que as burguesías das cidades exploten o traballo dos campesiños nas súas fábricas e talleres... de Shanghai, Madrid, Barcelona, Berlín, Nova Iork..." (Comentarios ao artigo de Dani Álvarez: Impotencia, Vieiros, 17/07/2009)

No hay comentarios: