2/4/09

La imposición nacionalista de la lengua en la enseñanza amenaza la libertad de cátedra

(traductor gallego-español)

"A este respecto, considera que a libre elección da lingua de ensino, é dicir, a separación dos rapaces nos colexios en función da lingua escollida polos seus pais, é "socioloxicamente inapropiada, pedagoxicamente insostíbel, legalmente discutíbel e economicamente irrealizábel". E denuncia que, de levarse a cabo, como pretende Núñez Feijoo "conducirá necesariamente á segregación, a formación de guetos e, finalmente, a dúas sociedades diferenciadas dentro do mesmo pobo". (Vieiros, 01/04/2009)

#9 hai 10 horas e 16 minutos Mcnally [Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Estes de NEG de onde saen? De pedagoxía nin p... idea. A lees non lles preocupa en primeiro lugar que os rapaces aprendan, senón que se salve "a lingua". Logo falan do castelán como lingua importante "de relación"; é dicir, que negan que poida ser unha lingua normal de comunicación de moitos galegos. Queren un ensino monolingüe en galego dende os doce anos. Están sen cara. E por encima chámanlles segregacionistas a todos os gobernos e oposicións dos países democráticos con maís dunha lingua oficial nun mesmo territorio, incluido Nelson Mandela. Para escachar coa risa!

Cando un é nacionalista primeiro é iso, nacionalista, e logo calquera outra cousa, mediatizada pola "construcción nacional" (razón tiña Lord Acton).O primeiro é salvar a raza, perdón, a lingua, e logo ven todo o demais. Primeiro as lingaus despois as persoas. E Loisiño dalle que che pego, bueno, copio-pego, copio-pego, e sempre as mesmas tonterías. Xa lle preguntei en que país democrático se aplica o seu ¿iuslingüismo? e nada, nin frores. Eu xa lle dixen ducias deles onde se aplica o meu. NEG = VET (vella escola totalitaria). A lingua de moitos galegos é o español, o que non sorprende xa que son españois.

#10 hai 10 horas e 7 minutos acarondosil

Hai un tema moi delicado ó que eu lle veño dando voltas hai moito tempo. Ó mellor é que son moi susceptible e vexo cousas que non hai. Vou intentar explicarme, que non é fácil.

Cando se obrigou a unha serie de profesores e profesoras a dar as clases en galego, naceu nalgúns, se é que xa non o tiñan, un certo rexeitamento cara a esta lingua. Penso que é algo que unha persoa observadora percibe facilmente, e os alumnos son moi observadores. Poden ser comentarios sen importancia, pode ser unha certa preguiza por dominar os elementos máis básicos da lingua ( aprender a pronunciar ben os fonemas máis propios do galego, colocar ben os pronomes persoais, non utilizar tempos compostos...). Isto crea non rapaces unha perplexidade que eu creo que xa dubidan se o profesor está intentando colaborar na normalización ou está intentando acabar con ela.

Moitas veces é como se o profesor dixese "falo en galego porque me obrigan, pero xa ves que non son da aldea porque mira que mal o falo". Eu creo que nestes casos, se é que os hai, e non é susceptibilidade miña, era moito mellor que o profesor falase en castelán e tivese, claro está, boa disposición cara a lingua e a cultura galega. Penso que é moito mellor que un profesor dea a clase en castelán e que lles diga ós rapaces "perdoa, non falo a túa lingua pero xa aprenderei porque tes todo o dereito do mundo", ca que con cara de poucos amigos "chapurree" un galego de risa.

Como ó mellor son apreciacións miñas, pídolles desculpas ós "profes" que se sintan ofendidos.

#18 hai 1 minuto Raimundo

Pois no País Vasco os nenos estaban separados, non por aulas, senon por centros, e a todo o mundo parecíalle moi ben (o modelo A,B e C, de só castelán, só euskera, e bilingüe).

Un pouco hipócritas as manisfestación da NEG ¿Non vos parece? Porque barbaridade erache, sen duda, pero (como di o McNally) ¡Como era cousa do PNV! Estábache ben, e punto. É o Patxi López (e o PP vasco, non confundir co glego) o que intenta acabar coa "separación dos nenos por lingua", pasando a unha ensinanza trilingüe, nas mesma aulas. Cousas veredes... pero nolas falaredes, non vaian enfadarse os señoriños do PNV.

E, acarondosil, moi boa observación. Se o mestre sintese limitado pola imposición dun persoeiro da Xunta, notaráselle que fala de coña, cando non cabreado... o peor.

Se a alguén interesaralle o galego, o primeiro que tería que facer sería evitar as situación nas que a lingua poidese ser tomada de coña. Na escola, ante todo.

E despois, todo o demais... pero ¿non interesa?

No hay comentarios: