16/4/09

Clasismo y nacionalismo

(traductor gallego-español)

" #49 hai 19 horas Raimundo

(...) E os cataláns outra vez:

Se os señoritos do Náutico de Vigo queren que os traballadores galegos falen con eles en castelán (inda que entenden o galego), será porque son os xefes...

Se os señoritos da Generalitat queren que os traballadores (galegos, andaluces, sudamericanos) queren que falen con eles en catalán inda que falan o castelán, será porque son os xefes...

É igualiño... os mismos xefes, os mismos traballodores... só cambia o idioma... a idea é a misma.. a explotación ¿Ou non?"

#50 hai 13 horas e 31 minutos ANGR

#49, Raimundo, (...)

Dizes: "É igualiño... os mismos xefes, os mismos traballodores... só cambia o idioma... a idea é a misma.. a explotación ¿Ou non?"

Eu creio que não. Acho que há duas dominações em jogo, uma de classe (essa sim é a mesma) e outra cultural, na que a cultura espaÑola domina às periféricas (precisamente por isso, por serem periféricas: nacionalismos periféricos, línguas periféricas, etc.). O problema está em que a classe dominante na Galiza fala espaÑol, mentres que na Catalunha fala catalão. Eis o problema.

#52 hai 7 horas e 12 minutos Raimundo

#50, ANGR, (...)

En canto a dominacion... a que esta no fondo, é a de clase... as demáis veñen a reforzala... pero en Cataluña tres millóns de inmigrantes teñen a súa cultura (53% sonche castelanfalantes), e outros tres "autóctonos" outra (catalanfalantes) ¿Quén explota a quén? Pois os que estaban antes... os que contratan aos que veñen.

A cultura dos emigrantes non vai a esmagar nada... a cultura dos emigrantes galegos na Arxentina non iban a esmagar a cultura arxentina... Castelao non era un imperialista galego co afán de domeñar a cultura de alá...

Un camareiro peruano ou andaluz, que non quere perder a sua cultura, non afoga nada. Necesita a súa cultura mais que nada. Non perder a súa identidade.

E os nacionalismos periféricos... en España haiche dous nacionalismos ricos (o vasco do PNV, o catalán de CiU)... e un nacionalismo dos pobres, o galego.

Nada que ver ten a loita pola dereito a usare a súa lingua, dos traballadores galegos contra a imposición dos señoritos do Nautico de Vigo, coa imposición da lingua dos señoritos do PNV, dos da Generalaitat, aos emigrantes.

Nacionalismo de pobres e nacionalismo de ricos... é o que hai... o único en común, a xeografía... eso sí, na periferia..." (Camilo Nogueira: Abrirse-a sociedade. Vieiros, 14/04/2009)

No hay comentarios: