"Os conservadores rememoran no 'Día dos Impostos' a 'Tea Party', revolta de 1773 contra as taxas coloniais británicas, para criticar a Obama (...)
"Washington abandonou os principios fundacionais dun Goberno limitado. A Administración federal está a estrangular os estadounidenses con impostos, gasto e débedas". Estas son algunhas das teses defendidas polos conservadores nos Estados Unidos para atacar a Administración Obama.
Teses repetidas esta cuarta feira en diversos mítines, que o Partido Republicano organizou esta cuarta feira no 'Día dos Impostos', derradeiro para presentar a declaración da renda, rememorando o Tea Party, a coñecida revolta de 1773, en Boston contra as taxas coloniais do Imperio Británico.
- Máis información: NY Daily News | The Huffington Post | Dallas News
Posteriormente, ante as preguntas dos medios, Perry referiuse a cuestión arredista. "Hai moitísimos escenarios diferentes. Temos unha grande Unión. Non hai ningunha razón en absoluto para a disolver. Mais se Washington continúa a desconsiderar o pobo estadounidense, quen sabe que podería saír de aí".
- Máis información: Austin American Statesman | Star-Telegram | Fox News
No hay comentarios:
Publicar un comentario