"Alguém duvida que todas as forças políticas e agentes sociais querem mil primaveras mais para o galego? Claro que nom... Partamos para isso de três exemplos recolhidos da actualidade informativa destes dias na Galiza autonómica.
1º exemplo: Segundo foi denunciado pola CIG, a EGAP (Escola Galega de Administraçom Pública) contratou umha empresa andaluza para atender a formaçom do pessoal que trabalha na Administraçom galega. Nada de especial na medida, a nom ser por um pequeno pormenor: trata-se de um curso de teleformaçom cujo temário é apresentado integralmente em espanhol e incorpora um serviço de atendimento telefónico às pessoas participantes que só admite o uso desse mesmo idioma. (Maurício Castro: Umha história real e três hipóteses inverosímeis. Vieiros, 17/12/2008)
#18 hai 1 minuto Raimundo
Hermerico, a cuestión non é o bilingüismo. E a discriminación. A que expón sinxelamente Mauricio Castro ao escandalizarse porque unha empresa andaluza foi contratada en Galicia, ainda cos seus traballadores non falen galego, e sen sequera lembrarse de falarnos da súa profesionalidad ¡total, sonche andaluces! ¡Qué van saber! ¡Se polo menos foran vascos!
Entón unha empresa ferrolá, con traballadores catelán-falantes, tampouco podería ser contratada pola EGAP. Nin en Galicia.
En Ferrol falamos castelán porque os traballadores da Bazán tiñao que saber moi ben para negociar coa patronal. É parte da nosa identidade. E tamén ferrolán (un portuñol), parte da nosa creatividade (o mismiño que lle serve a TVG)
E valoramos o esforzo dos bós, porque ninguén regalounos nada. Falen o que falen.
Non estamos dacordo cando un médico ferrolán é discriminado no acceso ao SERGAS, porque outro ten mais puntos polo galego.
¡Mais discriminacións non, que xa coñecemos as de clase, pra ter que aguantar agora as de lingua!
Porque os de Ferrol non imos ser cidadáns de segunda dentro de Galicia.
¡Esa é a cuestión!
Raimundogaliciabilingüe, o galego deve ser imprescindível para trabalhar do que seja na Galiza, ainda que os de IU nom estedes dacordo
#23 Sr_J, #32 Hermerico, se a Universidade de Santiago quere contratar o mellor profesor nun tema de Física, e resulta que é polaco sen idea de galego ¿Qué vai facer? Pois poñelo a dar clases, inda que sexa en inglés.
Porque se a universidade non pode contratalo, por non saber galego, os estudantes saberán menos física. Iso e ir p’atras. Ao franquismo.
Se a EGAP contrata unha empresa andaluza, con traballadores castelán-falantes, porque é a millor, fai o que ten que facer. Para que os seus traballadores aprendan deles, (en castelán). Xa despois traducirán ao galego eses coñecementos. Coma os alunos do polaco. E gañaremos todos.
O requisito MINIMO en calquer traballo é RESPEITAR A CAPACIDADE PROFESIONAL DO TRABALLADOR ¡¡Iso NIN se discute!!
A discriminación dáse cando o SERGAS elixe a un médico con peor expediente académico que outro, porque o primeiro ten mais puntos... pero polos cursos de galego. Elixe ao pior médico. Págao a nosa saúde.
Iso é discriminación laboral por lingua. A que está a pasar en tódalas probas da Xunta. O de elixir os piores, porque os bós son polacos, ou de Ferrol.
E dende logo, a identidade de Ferrolterra é indiscutibel. Obreira, e de douscentos anos. Distinta da galega, como todo o mundo sabe. E creativa, como demostra o florecemento do noso castrapo en toda Galicia (e mais na TVG). Si señor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario