" #51 hai 23 horas e 5 minutos galeguzo
#33 O argumento de "o melhor profissional com independência da língua" é tão absurdo como reversível. Eu já posso ser o melhor profissional do mundo na minha área que nunca poderia trabalhar na Espanha sem saber castelhano. Na Galiza, porém, não acontece o mesmo...
#53 hai 1 minuto Raimundo#51, Galeuzo, a cuestión e a discriminación. Ouseña, catalán é quen vive e traballa en Cataluña, e punto. O demais é discriminación. Que na realidade tenche moitas revirivoltas, vexámolas:
En Francia a maioría so sabe falar francés. En Suecia, a maioria sabe falar sueco e inglés.
En Cataluña todos soben falar español e catalán (En Galicia, no Pais Vasco igoal. Ibarretxe aprendeu vasco aos 40 aniños ¡Meu rei!)
En Flandes (Bélxica) todos saben falar flamenco e francés. En Valonia (Bélxica) soio saben falar o francés.
Se un francés ven a España, non é discriminado se ten que aprender o español. Ten que ser asi. Tamén o español que vai a Francia ten que aprender o francés. A xente soio fala o seu.
Se un ferrolán que fale inglés vai a Suecia e ten que aprender sueco... é discriminado. Porque a maioría sabe inglés. E podería traballar perfectamente co inglés.
Se un valón vai a Flandes e lle esixen o flamenco para traballar... é discriminado, porque co seu francés podería traballar moi ben.
E se un flamenco vai a Valonia, ten que traballar en francés, porque de flamenco alí, nin chisco. Os valóns non queren aprendelo, porque co francés chégalles pra Bélgica, e o inglés, pra o mundo. Teñen a liberdade de elixir.
Se un ferrolán vai a Cataluña e non pode traballar porque de catalán, nin chisco... é discriminado. Podería traballar perfectamente. Todos falan español. E un catalán pode vir a Ferrol e traballar co seu español, sen discriminacións ¿teríamos que esixirlle falar no seu catalán, pra igualar a cousa? Andaria cun traductor ao lombo todo o día. Tería gracia.
O de Ferrol en Cataluña sería discriminado por xente que sabe español. E négase a darlle traballo, inda que todos o entenden divinamente. Collen unha actituda activa de discriminación. Queren discriminarlle. E os de Ferrol aos cataláns non. Esta é a cuestión.
E coa a imposición do “carnet de catalán” pra os inmigrantes, o tripartito catalán entra no feixismo, porque eche unha medida feixista, copiada da (autochamada feixista) Liga Norte italiana, e do ¡¡PP!! Cousas veredes.
Porque un inmigrante marroquí pode preferir aprender o español, e non o catalán, porque asi pode traballar en Madrid, se perde o traballo en Cataluña. Quítaselle a liberdade de elixir. Quitar liberdades e o primeiro que fai o feixismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario