“Contra o galego, mudan os lexemas da antipatía. Antes utilizaban directamente o escarnio. Agora, a antipatía contra o galego preséntase como unha “liberdade dos pais para escoller a lingua de ensino dos fillos”.
Mais, que liberdade é a que lle nega un saber aos fillos, a que lle substrae ese universo, esa parte fundamental da cultura do lugar no que viven? Non parece un berro de liberdade o rexeitar un saber lingüístico, o máis delicado froito da inteligencia. Coido que é un valado efémero e antipático, máis é un valado. Fronte a iso, a lengua debe cultivar os lexemas da simpatía.” (Manuel Rivas: O manifesto Oeste. El País, ed. Galicia, Luces, 16/05/2008, p. 3)
No hay comentarios:
Publicar un comentario