“P. Vese mellor atendido, nese sentido, en castelán que en galego?
R. O meu bilingüismo poético está en razón dos mundos que se lle manifestan ao poeta, e que tentan a súa representación nunha obra unitaria. La oscura potestad [Premio Adonais 1978] sería impensable en galego, e Mesteres impensable en castelán. Cada mundo ten as súas canles de expresión, e o meu mundo poético é de base simbólica, en certa maneira un tipo de expresión poética de certo hermetismo. Esa tradición iluminativa na nosa lírica está presente por exemplo en Rosalía, Pimentel ou Manuel Antonio, poeta malentendido como creacionista cando a súa modernidade está nesa estrutura mítico-simbólica. Os nosos poetas máis anovadores son poetas mítico-simbólicos. (…)
P. Vive en Valencia desde 1968. Non hai regreso aínda?
R. Nun momento determinado esa distancia foime necesaria, e xustamente de aí naceu o mundo de Mesteres e de Liturxia do corpo [1982]. Sen esa distancia o signo da miña obra tería sido moi diferente. En Valencia teño a miña vida arraigañada, Galicia segue en min, e eu trato de darlle ao meu país aquilo que sei facer. O patriotismo non depende de estar dentro ou fóra dunhas fronteiras; depende da capacidade e calidade da entrega.” (El País, ed. Galicia, Galicia, 18-01-08, pp. 9)
No hay comentarios:
Publicar un comentario