22/3/10

Profesores de lingua galega en Cataluña

(traductor gallego-español)

"O profesorado que imparte clases de lingua e cultura galegas nos centros de Secundaria de Cataluña fannos chegar un manifesto contra o anteproxecto de decreto que propón a Consellaría de Educación. Os mestres, que forman parte do Proxecto Galauda, erguen a voz contra o paso atrás na normalización do idioma propio.

O Proxecto Galauda comezou a súa andaina en 1998 cando o profesor Luís Vázquez principia a dar clases de galego no instituto Parets del Vallès. Na actualidade hai seis centros públicos en Cataluña onde os estudantes poden asistir a aulas que versan sobre a nosa lingua e cultura. (...)

Manifestamos que:

1. Unha parte substancial da identidade galega e da súa cultura baséanse na lingua de seu, o galego. Preservala é irrenunciable, e a escola é un dos lugares fundamentais para acadar este fin."
(Noticia aparecida en Vieiros, 22/03/2010)

Comentarios:

#3 hai 35 minutos Raimundo

Un fillo dun amigo arxentino que vive e traballa en Cataluña tamén quixera estudar en castelán, a lingua que entenden todolos seus mestres. Non entende porqué non pode estudar nela...

Porque, como di o manifesto, él pensa que "Unha parte substancial da identidade ARXENTINA e da súa cultura baséanse na lingua de seu, o CASTELÁN".

Nolo entende... non... ¿Por qué ten que perdela súa cultura?

#4 hai 3 horas e 38 minutos Eduard

En Barcelona fálanse máis de 250 linguas (de grupos sociais de diversas procedencias establecidos na cidade). En moitas outras vilas pasa o mesmo. Evidentemente, non se pode facer un programa educativo para cada cultura e para cada lingua.

Os arxentinos que viven en Cataluña non han perder a súa cultura (como non perderon a súa os galegos que viven alá) senón que vai gañar outra nova. As linguas e as culturas suman, non restan. Eu sempre falei as dúas linguas na casa, estudei nunha cultura concreta e hoxe, ademais, e grazas á diversidade cultural de Barcelona, falo en galego e tamén teño como miña a cultura galega.

Quen se limita é porque quere. Que vaia con ollo o arxentino este que dis, a ver se ademais de non coñecer unha cultura nova perde a súa e queda sen nada...

#5 hai 3 horas e 18 minutos Raimundo

#4, ese arxentino é un neno pequeno, que non ten porque andar coo ollo, so ten que defender o seu dereito a falar a súa lingua, porque é a que falan os seus mestres.

Quere aprender catalán... home, se fose o vasco, pero o catalán é faciliño... aseque, non ten problema...

O problema tenno poque quere ler as navelas, a poesía, as cancións arxentinas... e non pode. Porque en clase no deixan falar castelán.

Ten o mesmo problema cos nenos galegos do franquismo... que non puideron estudar en galego e perderon a súa cultura...

O problema é o fascismo deses mestres cataláns, que humillan aos nenos que falan castelán, aos fillos dos traballadores... os fascistas, franquistas...

Os falantes dos outro 249 idiomas terán que aprenderlo castelán doutro xeito, porque eses mestres fascistas cataláns nolos coñecen, e claro... non poden facer milagres...

#10 hai 59 minutos nordes

Amigo Raimond coma sempre sigues na tua demagoxica cruzada de intolerancia contra a promoción no ensino das riquezas linguisticas e culturais deste Estado, baseandose en falacias sin ningún informe dun organismo de recoñecemento ou oficial que o avale.

Non culpes os mestres de ningunha administración dos modelos pedagoxicos que deben acatar, cando ademais eses modelos estan avalados por profesionais pedagoxicos de todolos Estados.

E ainda é peor escoitarcho cando este novo modelo unilateral sin ningún consenso ou informes de apoio (nin os feitos polo Anxo Lourenzo, os cales defendian a inmersión linguistica) carga nos mestres e centros escolares o conflicto linguistico artificial.

#8 hai 2 horas e 46 minutos Eduard

Lóxica matemática:

Se "unha" parte substancial da identidade española e da súa cultura se basea no castelán, as outras partes basearanse no catalán, no aragonés, no occitado do val de Arán, no éuscaro, no asturiano e no galego.

Se a cultura española non se basea tamén nestas outras linguas, é que os territorios onde estas se falan non forman parte de España. De séreno, quere dicir que tamén son linguas españolas e calquera español entenderá que forman parte da súa cultura.

Para entenderes porque en Londres tiveches que falar inglés, recoméndoche que comeces por entender a recursividade para poder entender a recursividade.

#15 hai 3 minutos Raimundo

(...) #10 nordes, a riqueza lingüística é o bilinguismo... o galego, o catalán... a inmersión nun só idioma, é unha pobreza... porque os nenos perden un idioma...

O obxetivo dos franquistas, dos cataláns... que os fillos dos traballadores non estuden na súa lingua.

¿O ensino franquista, logo, estáche avaliado polos profesionais? Pois vaia profesionais...

En Europa, nos países bilingúes, os nenos aprenden os dous idiomas, ou mais.

E o de sempre, nos paises monolingues, en Francia, pois só francés... porque os mestres non saben castelán, nin catalán... non poden ensinalo...

Os mestres franquistas de primaria coñecían o galego... nolo ensinaban... xenocidio cultural, logo ¿eses profesionais están dacordo co que ficheron os mestres franquistas? Pois vaia..

Os mestres cataláns coñecen o castelán... poden ensinar nos dous idiomas... se fan o mesmo cos franquistas... é que son franquistas...

¿Ou non?

#8 Eduard, a cultura española basease no estado do benestar... e a cultura andalusí basease no baile, no cante... non só no idioma...

No hay comentarios: