22/9/09

Trilingüísmo... e ciudadanía

(traductor gallego-español)

Comentarios al artículo de Edelmiro Momán: Coma na Irlanda? (Vieiros, 15/09/2009)

#92 hai 16 minutos xavi_r

Eu levo en Dublín vivindo 2 anos. Gústame discutir estos temas cos meus amigos irlandeses. Os que eu coñezo son todos católicos, pero hai unha gran diferencia, a xente de Dublin disculpa máis o dominio británico, e a xente da "country side" como Donegal, está máis involucrada no sentimento irlandes e todo iso.

Hai que decir que en Dublin nunca se falou prácticamente gaélico, estivo moitos anos baixo dominio británico, de feito parece unha cidade británica. O meu amigo de Donegal di que a razón pola desaparición do gaélico é tan sinxela como que o inglés foi o idioma dos negocios toda a vida. Nin siquera seus pais falan gaélico, sendo de Donegal. Eles estudianno, pero logo quéixanse de que o gaélico oficial é moi distinto do que realmente se fala nas vilas.

Os irlandeses en xeral, poden ser moi patriotas pero do tema da lingua pasan bastante, é unha batalla perdida. Eu supoño que ten que haber un equilibrio entre a utilidade da lingua dos negocios e a lingua propia. A verdade e que, se aquí só se falara gaélico, probablemente eu non estaría aquí, nen moitas empresas, eso é un feito. Eu son claro defensor do galego, pero vexo complicado revertir a tendencia.

Quizáis comezando a utilizar o verdadeiro idioma para os negocios, inglés, conseguiriamos quitar algo de protagonismo ó castelán (que é un idioma de negocios so para latinoamerica). Tamén axudaría ter TV en versión orixinal. O problema de España e que son tan cerraos que non se dan conta de que, sendo e castelán moi importante, o mundo non xira entorno ó castelán, xira entorno ó inglés, non hai discusión.

#94 hai 1 minuto Raimundo

#92 moi interesante Xavi_r, moi interesantes as comparacións entre Gallicia e Irlanda... tan, tan parecidiñas...

Parece que a solución é a que van implantar no País Vasco, o trilingüísmo... sen folgas xerais nin cousas parecidas... é o lóxico...

E en Madrid, ensinanza en castelán e inglés... en Galicia, trilingüísmo... e en Cataluña os métodos franquistas de inmersión na lingua dos señoritos, no catalán. Pra esmagar aos emigrantes.

¿Ou non?

#95 hai 16 minutos Xeonllo

#92 xavi_r, o mundo non xira arredor do inglés, o mundo non xira arredor dun só idioma. O que é certo é que o mundo xira maioritariamente arredor do idioma do país máis poderoso en cada momento da Historia, e hoxe o inglés é dominante pero non vai ser así sempre e coido que vai a menos.

Ou aprendemos todos esperanto para poder entendernos con calquera do mundo e ao mesmo tempo mantemos os nosos idiomas locais (nacionais) ou falamos estes últimos e logo podemos aprender os que sexan. Os negocios poden facerse en calquera idioma.

#98 hai 3 minutos mirom

Falamos de negócios? Luxemburgo é o pais do mundo com a renda per capita mais elevada (depois do Vaticano):

http://www.vieiros.com/columna...

A língua mais falada é o luxemburguês, seguida do francês, o alemão, o galego-português, o inglês e o italiano.

A maioria das pessoas são quadrilingues.

Nada é impossível.

#100 hai 1 minuto Raimundo

#98 miron, co trilingüísmo chegaría dabondo... mesmo co bilingüismo sueco (sueco e inglés)...

Trátase de saber ensinar idiomas... en Luxemburgo, en Suecia sabeno... en Galicia, en España, nin inglés, nin galego, nin vasco... só catañol, galeñol, e espiquinglish... nin matemáticas... nin redactar... nin... nin...

Cuestión de escolas...

#101 hai 25 minutos Hispanico

#97 raimundo, o galego modelo oficial é um dialeto espanhol, o que se conhece por "lingua regional". Som indivíduos coma ti, tam ignorantes como espanholistas, que nos fam lembrar este facto. Se fosse umha língua a sério, e nom a caralhada que é, tem por seguro que ti nom estarias a escrever aqui.

Raimundo #102 hai 1 minuto Raimundo

#101 Hispanico, logo o galego reintegrado é un dialeto portugués... ¿Coñeceríase como "lingua nacional"? Pode, pero non se falaría na Costa da Morte... e menos escribiriase...

Os idiomas, hoxe, aprendense nas escolas... o galego xunto co castelán, co inglés...

O sueco non morre, inda que todolos suecos saben prefeitamente o inglés... falan o sueco entre eles...

E nas universidades falan inglés... por eso poden ir a Suecia galegos a estudar, en cambeo a Cataluña non, porque moitos profesores só falan en catalán... pobres iñorantes... e fascistas.

#103 hai 33 minutos xavi_r

#96 eu non son acomplexado precisamente, estou falando desde a miña experiencia. Tiven que ir a Suecia a facer un master e o castelán valeume de pouco para iso, o mesmo que o galego. Calquer Master/doctorado (Phd) que teña alumnos internacionais é en inglés. Que queres, que os pakistanis, chinos, italianos etc. q estaban alí aprendan sueco en 2 meses? por iso se da en inglés, porque é a lingua que a maioría domina.

O que me dis demostra, con tódolos respectos, que non tiveches que experimentar iso, que non tiveches que dar ningunha conferencia con xente de todo o mundo. Ti dime, se queres explicar a problemática do galego a xente de China,India, Argentina,Italia, Noruega e Inglaterra, por decir algo, en que a vas a dar, en Esperanto? non sei, non ver iso e que me parece vivir nunha burbulla.

Hispanico #104 hai 20 minutos Hispanico

#103 estudar e saber inglés ou espanhol nom é incompatível com estudar e saber a língua própria, a ver se tiramos essa torrada colonialista da cachola! Dar palestras em inglés, francês, swahili, etc, está muito bem, mas a casa nom se começa polo telhado, começa-se polos alicerces, pola língua própria. Quem vai ir polo mndo adiante sem saber bem a própria língua e esperar que nom o tratem de analfabeto (aparte do raimundo)? Há um só madrilenho que tem ido fazer masteres ou palestras por aí afora, a dizer, "ai, yo my language propia no la spiko bien"?

Nom, é apenas os galegos. Por qué? Porque pra eles, pra muitos deles, o galego:
a) Nom é a língua própria. A língua própria é o espanhol.
b) É umha "língua rexional", ou língua de segunda, que nom é necessária.
c) Nom é nem língua, mas um dialecto.

Em que grupo está o xavi-r?

Raimundo #105 hai 6 minutos Raimundo

#104 Hispanico, a lingua na que te fala a tua nai, esa é a túa lingua, tua lingua-nai.

O galego, ou o castelá, ou o ferrolá... e só un fascista pode pensar siquera, en que perdas esa lingua... sexa a lingua dos señores, sexa a dos emigrantes...

E na escola aprendes nesa lingua... porque nesa lingua está a túa cultura... por eso os fascistas franquista (hoxe nacionalistas cataláns) queren que aprendas noutra... porque perdes a túa cultura labrega ou mariñeira... e colles a dos señoritos.

E aprendes matemáticas, e tamén outras linguas... inglés, castelán... a iso chámase ter unha boa educación (inexistente en España).

Europa adiante falan dous e tres idiomas, o do comercio, a lengua común, e a lingua nai... e tan panchos... teñen unhas escolas que ensinan...

A respeitar os dereitos dos nenos... sexan ricos ou traballadores.

#106 hai 52 minutos Raimundo

E si teu pai falate en galego, e túa nai falache en inglés... pois eres bilingüe... mira ti...

E sinon, non...

Hispanico #107 hai 50 minutos Hispanico

#105 Raimundo, equiparar o castelám ou galego ao ferrolano é próprio dum fascista espanholista muito demagogo coma ti. Se minha nai fala mal o galego, porque nom teve a oportunidade de o aprender bem e empregar, isso nom significa que esteja a falar o ferrolan (que, já agora, fala "tam bem" (ou tam mal) coma ti, mesmo que nunca puxera o pé no Ferrol). Significa que está a falar, a "chapurrear" o galego, ou seja, a falar castrapo, ou galenhol. O "ferrolano" nom existe, mais que na cabeça de qualquer "indivíduo".

Aprender o galenhol na escola no serve para nada, pra além de perpetuar o percepçom de o galego ser um dialecto, e de deixar os galegos desconectados dum universo lusófono muito rico, nom só em termos materiais.

Essa é a minha resposta à primeira linha que escreveche. O resto, nom entendo nada do que dis. E seguires colando paridas polo estilo, repetindo sempre as poucas palavras que sabes (sennorito, feixista, catalan, espana ...), nom vai ajudar a te livrares da tua fama de tonto espanholista. Intenta pensar, razoar, e despois escrever, mas tenta nom pensar c'o cu. Usa a mente.

xavi_r #108 hai 45 minutos xavi_r

Evidentemente Hispánico, unha cousa non quita a outra. Pódoche asegurar que estou no grupo de defensores do galego, porque é miña lingua materna e porque crecín con consciencia de defendela. Non vou a decir aquí a utilidade do galego para relacionarte con portugueses, brasileiros, italianos etc..Eu estou a amosar un punto de vista máis global, máis empresarial, por desgracia. Se ti das unha conferencia en Coruña para xente que estudia nesa universidade darala lóxicamente en galego, todo depende das circunstancias. Pero canto máis subes, canto máis global queres facer algo, más te acercas ó inglés, eso e o que eu claramente vexo hoxe en día.

Raimundo #109 hai 1 minuto Raimundo

#107 Hispanico, o que digo é que na túa casa, da túa nai, aprendes a túa lingua-nai, sexa galego bó, ou castrapo... é a lingua que mamas...

E logo, na escola, dende esa lingua, aprendes as linguas do mundo,o inglés, o castelán, o árabe ( o que sexa)... as que tes que falar pra ter un bó nivel de vida, gracias a unha boa escola...

É o que fan en Europa, polo que din emigrantes en Suecia, e mais o Edelmiro, ou o Xavi_r.

Neso consiste a educación.

Logo está o feixismo, e as súas discriminacións pola lingua... por falar galego no franquismo... por falar castelán, hoxe, en Cataluña (no País Vasco, parez que cambean).

Non che hai mais cousas... a casa... a escola... e o respeto aos dereitos lingüísticos dos nenos a aprender na súa lingua-nai... en Galicia, en galego ou en castelán (según, porque todolos mestres os coñecen.

E matematicas.

En Cataluña, en catalán ou en castelán (en árabe non se pode, porque os mestres nolo coñecen, nin o rumano)...

#110 hai 31 minutos Hispanico

#109 Raimundo, nom sabes nem puto do que significa a educaçom. Na educaçom aprendem-se as línguas do mundo, sim, mas despois, repeto, DESPOIS DE TER APRENDIDO A PROPRIA. Isso é o que fam na Inglaterra, onde TODOS aprendem o inglés BEM FALADO E BEM ESCRITO, mesmo que na casa lhes falem qualquer das dúzias de línguas que se falam nesse pais.

Despois, tb aprendem o espanhol, o francês, o alemão, o urdu, etc, mas primeiro vem a língua pró

#112 hai 12 minutos Raimundo

#110 Hispanico, pois sí, é o que digo, primeiro a lingua-nai (galego, castelán) e logo, todolos demais.

En Suecia todolos neniños aprenden sueco en casa (supoño), e despois na escola (todos... oes, pero que todos, sen excepcións, dinme os que estudan alá), aprenden inglés...

A que tanto conto... ¿por qué no collemos os métodos suecos e os metemos nas nosas escolas? Pra aprender galego (o noso sueco), inglés e castelán.

E morre o conto... porque non miramos con detenemento o trilingüísmo que intentan sacar adiante os de Burela... que non é Suecia, pero pensan o mismiño...

E aprendemos a falar inglés, galego, o que voten... menudo susto pra os señoritos se na escola pública aprendérase idiomas e mais matematicas... ninguen iba a pagar cartos na privada... mira ti...

En Burela...

Enlace as propostas de Burela:

http://nacionalismodeandarporc...

#111 hai 16 minutos Ximelez

Raimundo, porqe cando dis qe os ricos nacionalisas esplotan aos probes galegos e andaluces... falas dos nacionalistas cataláns e vascos pero non dos nacionalistas hespannois de Madrid qe levan chupando dos pobos qe forman o Estado (sexan ricos, sexan probes) 600 ou 300 anos?

Por outro lado, ti dis qe "Logo está o feixismo, e as súas discriminacións pola lingua... por falar galego no franquismo... por falar castelán, hoxe, en Cataluña (no País Vasco, parez que cambean"

Entón, se tás a dicir que a situación atual do castelán en Catalunya é culpa do feixismo dos nacionalistas cataláns´, tarás de acordo comigo e non terás tanta contradición e tanto lío feito na túa mente como pra dicires que a situación do galego en Galiza, a día de hoxe, é debido ó feixismo hespannolista qe relega o galego a un segundo plano? E tarás de acordo comigo qe a política lingüística de Feijóo (ademitindo qe os funcionarios saiban 100% castelán pero sen se preocupar de que saiban un chisquiño de galego -ó eliminar o exame en galego-) é dinna dun completo feixista, mil veces superios ó feixismo que -segundo ti- espulsan os do PSC e de ERC?

#113 hai 1 minuto Raimundo

#111 Ximelez, da oligarquia madrileña veñen alguns impostos pra os nosos hospitais... da oligarquía vasca (polo Concierto), non chega un can... e da oligarquia catalana, despois do novo estatuto, igual.

As mesmas oligarquias, pero a de Madrid trata mellor, por lei, a Galicia, cas outras.

A situación do castelán, a lingua dos emigrantes, como lengua perseguida en Cataluña é evidente (ata nos recreos), pero é unha persecución política.

En Galicia o Club Financeiro de Vigo pretende o mesmo. Inda nolo consiguiu.
hoxe o galego é descriminado só socialmente... pero pode pasar a ser perseguido politicamente, como o castelán na Cataluña, como o galego no franquismo... sí, podería perseguilo o Feijoo9... se eleitoralmente saille ben...

Estamos nesas... veremos.

Enlace ao do recreo

http://nacionalismodeandarporc...

#114 hai 2 horas e 41 minutos Hispanico

#112 Raimundo, burro, primeiro nom é a língua nai, primeiro é a língua do país, a ver se te enfias isso bem nessa cabeça de chorlito que tens!. A-LIN-GUA-DO-PA-IS. Na casa cada um que fale o que lhe saia dos colhões, rumeno, urdu, castrapo ou swahili, mas NA ES-CO-LA A LIN-GUA DO PA-IS. A escola deve formar CI-DA-DAOS, nom nenitos parvos que só entendem a mamá!

Se nom soubessemos que ti és um espanholista dos de GB pensariamos que é retrassado mental ...

#118 hai 12 minutos Raimundo

#114 Hispanico, a lingua dun pais é a lingua dos paisanos dese pais... en Galicia temos un millon de galegofalantes, e outro de castelánfalantes... e en Suiza teñen falantes de italiano, frances, aleman... e todos son suizos...

En Galicia todos son galegos, os que falan castelan, mais os que fanno en galego.

Todos teñen dereito a falar nos dous idiomas... todo como en Suiza...

A cidadanía suiza, sueca, luxemburguesa non depende do idioma, depende de ser de alí.

No hay comentarios: