9/6/09

O "NÓS" galego, o noso "VOLK"... mira ti... cousas veredes... rascas un pouquiño e... tachán...


"Somos galegos de forma natural, biolóxica e cultural, humana. Porque non se nace só ser humano, sobre todo nácese madrileño, irlandés, galego... Nácese dun parentesco e dunha identidade, o nacemento incorpora unha identidade natural e cultural; marcada mesmo no noso nome e apelidos. Facemos parte dun grupo e dunha comunidade, neste lugar, e desde sempre, o galego é o noso idioma propio e a nosa marca cultural, o galego brota de Galiza como a auga dunha fonte, isto é a realidade. Tamén podemos sermos persoas galegas por radicación, por unha estancia prolongada, ou por vontade de integración neste lugar. Integrarse é un acto de respecto e de amabilidade para quen nos acolle, é algo case que obrigado. Con todo, existen persoas que, sen sabelo, van contra o natural e contra o cultural e adoptan unha posición política e politizada á hora de falar: néganse a falar galego, a aprendelo, incluso desexan firmemente que morra. Adoptan en exclusiva, e con exclusión, a lingua de fóra, a do poder exercido, a única que é de obrigado coñecemento legal, a lingua da imposición política. Todos os galegos e galegas que guían a súa vida en castelán fano por motivos políticos, consciente ou inconscientemente. Estes motivos derivan de que ben eles, seus pais ou seus avós, foron socialmente obrigados á muda, para así teren acceso a ámbitos e actividades que, doutro xeito, lles estaban coutadas por falaren galego. Adoptaron para si propios a visión que o colonizador (o de fóra, o outro que obriga) ten de nós, e chegaron ao paradigma do colonizado servil e fiel: modificar a súa identidade natural para adoptar a identidade política que o colonizador lle impón: “ti non es como pensas, es como eu che digo, a túa natureza é outra”.

España é un mosaico de lugares con identidade, de nacións, mais sucede que os lugares están xerarquizados e a xerarquía exércese en forma de poder mediante a imposición do concreto. Escoller unha identidade, natural ou política, significa aspirar a colocarse a un mesmo máis arriba ou máis abaixo nesa xerarquía, máis cerca ou máis lonxe do poder, significa tamén renunciar á identidade natural ou manterse nela. España leva centos de anos na loucura de intentar reducir a “una” as nacións que a compoñen, negando a realidade obxectiva e exercendo esa xerarquía desde o poder do Estado. Estes lugares con identidade, estas nacións, están conectadas por fluxos de interacción xerárquica e sucede que cando, desde o centro, se nega a existencia e o respecto tolerante polo diferente, as nacións tenden a romper esa conexión que as afoga; o centralismo excluínte produce tensións entre o centrífugo e o centrípeto e así, o que é o reclamo que as nacións fan para seren respectadas en igualdade polo Estado, polo poder de fóra, acaba por converterse no “problema dos nacionalismos”, que na realidade é o problema entre o nacionalismo español excluínte e irrespectuoso e a demanda das nacións, dos lugares con identidade, de estarmos integrados en igualdade e con respecto no Estado. O Partido Popular, ao que pertence o noso presidente (marcado como galego nos seus apelidos), encarna a negación do Nós e o enxalzamento do outro.

En Galiza o goberno de Fraga puxo a andar unha política lingüística de grande éxito: logrou que a lingua natural, o noso mais evidente e forte signo de identidade, caese do 60% de uso vehicular a menos do 20%; mexaban por nós e moitos pensaban que orballaba, moitos seguen a pensar que orballou, mesmo que foron días de espléndidas raiolas de sol que caían do ceo. É sabido que o Partido Popular está controlado polos sectores máis intransixentes da dereita europea, aquí a extrema dereita está dentro do núcleo ideolóxico do Partido Popular, controlándoo, estes sectores, fillos do franquismo falanxista, aínda están empeñados en construír a idea da España única e excluínte, onde nada cabe se non se achega ao paradigma do que eles entenden como español, esa especie de madrileño-andaluz. Levan moito tempo traballando para eliminar a diferencia, para extinguir as outras identidades de España, as outras culturas, as outras naturezas (Etnocidio: Extinción deliberada dun pobo, cultura ou grupo étnico).... (...)" (Paulo Meraio Belasco: Con premeditación e elaivosía. Vieiros, 05/06/2009)

#6 hai 3 dias Raimundo [Valora este comentario Positivo -9 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

"Somos galegos de forma natural, biolóxica e cultural, humana"... pero a Seguridade Social é política, histórica, e universal... moi humana...


"Facemos parte dun grupo e dunha comunidade"... pero ¿Cal? Por exemplo, o Val de Arán quere "independizarse" de Cataluña (enlace ao final)... entón ¿terá selecciósn deportivas... e unha Seguridade Social aranesa? ¿Ou a Seguridade Social serache a catalana? E listo...

"Con todo, existen persoas que, sen sabelo, van contra o natural e contra o cultural e adoptan unha posición política e politizada á hora de falar: néganse a falar galego, a aprendelo, incluso desexan firmemente que morra."... non sei se o saben ou non, pero as clases medias galega das cidades, non van a cambiar o español, porque o falan dende hai séculos...

"Apelar ao dereito individual é unha burla, un acto de traizón á democracia que"... xa empezamos... o dereito "individual" dun millón de galegos castelánfalantes a falar o castelán non é unha burla... é democracia... negarlleo (inda que só na apariencia), un suicidio político... o do bipartito.

"Para lograren os seus obxectivos necesitaban enganar a xente. Como o que se reclama é (era) algo inexistente (responde a unha falsa demanda)"... enganar, enganan todos... pero non era unha falsa demanda a da clase media cidadá... se o fora, non se houbera movilizado pra ir a votar ao Feijoo9.

"Tamén era imprescindíbel que houbese violencia contra os manifestantes, contra os que buscan o mellor para os seus fillos, contra os que se lles impón o galego. E a violencia chegou, como era previsíbel"... ¡vaia se chegou! Uns centos de matóns nacionalistas atacando a 300 persoas de Galicia Bilingue (non habia mais)... nenos con globiños e mulleres, corridos por noxentos energúmenos... ¡home! que vai ser, que os nenos e mulleres de Galicia Bilingue atacaron aos matons ¡pobriños! E a clase media... escandalizouse desa violencia gansteril... e alá foi o Quim...

"a xente cre que o BNG, ou o goberno progresista, fixo unha lei en virtude da que todas as materias ían ser impartidas en galego"... dende logo, polo menos na Coruña, os comerciantes creen que iban a meterlles multas... porque recibiron cartas con ameazas de multas, con membrete oficial, o da Mesa... non van creer que vai ser todo en galego... Se ameazas un pouco, o ameazado defendese con todo...

"El, e outros con el, renegan desta identidade natural e prefiren unha identidade non só política, tamén politizada, excluínte e destrutiva de Nós, dos galegos, profundamente allea"... cidadáns galegos somos todos. Por empadronamento, polo carnet da Seguridade Social, porque son galegos os que viven e traballan en Galicia, falen o que falen.

As clases medias cidadás, inda que voten ao PP, son galegas, porque pagan os seus (cativos) impostos en Galicia. E só queren vivir tranquilos...

Os patróns do Náutico de Vigo, os que queren que os traballadores falen con eles só en castelán, e se non... arreando... son os que traballan contra o galego... eles sonche os violentos... o resto, non... as clases medias cidadás sentironse agredidas (sí, a propagando do PP axudou, pero foia indefinición no seu apoiodo bipartito o que fixo que votaran en masa ao PP.

Non atacan, os comerciantes coruñeses, defendense... os patróns atacan... a confusión nesto, a confusión que rezuma este artículo, pareceme totalmente fora da realidade galega... e polo tanto, politicamente, segue a afondar no mismo suicidio do bipartito...

¡Canto gustarille a Feijoo9 leelo!

#7 hai 3 dias Raimundo [Valora este comentario Positivo -7 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

Olvideime de poñer o enlace no meu anterior (e longo) comentario, ao casa da "independencia" do Val de Aran de Cataluña. Ai vai:


http://nacionalismodeandarporc...

#20 hai 21 horas e 4 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Despois do fin se semán, volvo a leer o artículo, volvo a asombrarme do pouco aprendido delas. O victimismo rampante segue. Volvo a comentar...

- “Somos galegos de forma natural, biolóxica e cultural, humana. Porque non se nace só ser humano, sobre todo nácese madrileño, irlandés, galego”..... ¡Home! Entón non se nace ser humano... haiche algunha diferencia entre “ser humano” e “ser galego”... ¿cal será? ay, mi madriña...

“o galego é o noso idioma propio e a nosa marca cultural, o galego brota de Galiza como a auga dunha fonte, isto é a realidade”.... Excepto en Ferrol, donde é o castelán o que brota coma a auga na fonte, logo os ferroláns ¿non somos galegos?

“Integrarse é un acto de respecto e de amabilidade para quen nos acolle, é algo case que obrigado”… e Castelao ¿integrouse en Arxentina? ¿Obligarono?

“Todos os galegos e galegas que guían a súa vida en castelán fano por motivos políticos, consciente ou inconscientemente.”... Ou porqué é a súa lingua materna... e falano por iso... incoscientemente... nas cidades...

“modificar a súa identidade natural para adoptar a identidade política que o colonizador lle impón: “ti non es como pensas, es como eu che digo, a túa natureza é outra”... ¡Home! Os ricos impoñen a súa lingua...

Ouseña, hoxe en Cataluña, os inmigrantes galegos, andaluces, arxentinos, teñen que adoptar a identidade politica que oricachónb lle impón, igual que os señoritos das cidades impuxeron a súa identidade aos campesiños galegos... mira ti, que avance.

“O Partido Popular, ao que pertence o noso presidente (marcado como galego nos seus apelidos), encarna a negación do Nós e o enxalzamento do outro.”... entón, os votantes do PP non pertecen ao “NOS”, ouseña, ¿son galegos de segunda división? ¿En caso de que Galicia se independice, terán que facer un xuramento de galeguidade, e pasar un exame de galego para tere a cidadanía galega?... ay, mi madriña... a voltas co Volk, con Nós...

Ese NÓS... e feixismo... dende logo... a estas alturas...

#22 hai 18 horas e 3 minutos AGIL

Raimundo, mundo, mundo, que te atrpalhas: Quem nos mete a "TODOS los espaÑoles" no seu saco é o Rajoy e o Asnar. Feijó e os seus amigos, para além, metem-nos aos galegos TODOS no seu saco. Por favor, dá a entender que és pessoa humana e razoa um pouco.

Raimundo #23 hai 16 horas e 59 minutos Raimundo

#22 agil, por favor, nacemos homes o mulleres, europeos, españois, galegos, ferroláns, galegofalantes ou castelánfalantes, ricos ou pobres, de cidade ou mariñeiros, tontos ou listos, altos ou baixos, sanos ou cun unha enfermidade crónica, chistosos ou serios, guapos ou feos, cantarins ou non...

Pero nacemos cos mismos dereitos, a non sere discriminados pola raza, pola lingua, polo orixe, pola fealdade física, pola enfermidade, pola pobreza... por nada... sexas de donde sexas... vivas onde vivas... teñas o NÓS que teñas...

Os dereitos humáns dos ferroláns, dos galegos, dos españois... todos iguais... todos libres (E as veces, fraternos... inda menos)

No hay comentarios: