31/5/09

¿Galicia es una colonia? Y no lo vemos por la ideologia.·


" #118 hai 2 dias bertus

Verbo da ideoloxía da que se falou quixera comentar algo a grosso modo. Como di Francisco Sampedro no seu libro “Ideoloxía e distorsión”, no que se encarrega de abordar un tema como o da ideoloxía dende unha perspectiva marxiana, falar de ideoloxía dominante é un pleonasmo.

“Liberdade, igualdade e fraternidade” son as ideas empregadas pola clase burguesa que derrocou ao antigo réxime. Ora ben, estas ideas serven como encubridoras duns intereses, distorsionadoras dunha realidade, etc. e poden servir tamén como transcendentais kantianos, como utopía a realizar.

Así, como se apuntou, Feijoo fala de levar a “cordialidade” da rúa ás institucións. Aí liberdade e a non imposición aparecen como ideas distorsionadoras do real. Esas ideas xa están aí, realizadas, na rúa; somente fai falta adaptarse ao mundo idealizado (no que reina a “non imposición”, a “igualdade”, a “liberdade”, etc.) da realidade. Deste xeito a ideoloxía distorsiona a realidade presentando o conflicto como conciliación e exteriorizando un outro conflicto “fora-das-clases”. Como exemplariza e sintetiza Raimundo: “o que é bó para Cataluña, é malo para Galicia. Asi de clariño.”

E é que a ideoloxía, como di Sampedro, ten dous grandes usos: un uso distorsionador, deformador, e outro descripitivo e clarificador. A relación entrambos usos é oscilatorio e conflictual. Mais ámbolos dous gardan unha esencial relación coa base material da existencia. (...)

#120 hai 2 dias Raimundo [Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

#118 bertus, hoxe a ideoloxia, neste momento de crisis, as clases dominantes, os especuladores e rentistas, buscan meter medo co eterno chivo expiatorio ("os xitanos" de Berlusconi), ou co tamén eterno "vos non sabedes, vos non podedes"). É de sempre....

Pero hoxe, con economistas, inxeñieiros en paro, a falta de números, a falta de información (a "clarificadora" da que falas... quén paga a Seguridade Social, e quen non, nin se sabe... pero creo a Generalitat vai publicar os listados dos multados, ou algo así) parece a mais efectiva... pra que non podamos facer números.

E os disputas territoriais (en España, pero tamén en Bolivia) sonche outro elemento "distorsionador".

Todo a discusión sobre as balanzas fiscais, na que os cataláns acusan aos galegos, aos extremeños, de pedichóns insaciables, que cos seus gastos "subsidiados" arruinan a "súa" economía, e outro exemplo "distorsionador", pois todo o mundo sabe que na relación rico/pobre, norte/sur, Cataluña/Galicia, gaña sempre o rico, o norte, Cataluña... logo a discusión, como a discusión das seleccións deportivas son mostra dunha ideoloxia do ocultamento distorsionador dos poderosos.

Campañas que teñen grande credibilidade entre os cataláns, pois metenlle o medo de que estes galegos "subsidiados" vannos deixar sen pensións.

Tanto Berlusconi, como Bush, como Botín, como o Carod/Montilla, como os "autonomistas" de Santa Cruz boliviana, ou os independentistas escoceses que queren quedarse co petroléo... todos distorsionan o feito de que podense facer as cousas con mas proveito en beneficio dos traballadores, e non de cuatro gatos (Carod/Montilla, Botín, Bush).

Por eso o que é bó para Galicia (Seguridade Social Universar entre todolos traballadores), non é bó pra Carod/Montilla (Seguridade Social só pra territorios ricos), nin é bó pra a Sanidade privada do Botín/Bush, con atención completa só pra quen poida pagala (as empresas, os ricos, os dentistas).

Estou dacordo... fai falta unha ideoloxía clarificadora... neste momento o anarquismo tem moitas posibilidades de selo... cousas veredes...

#127 hai 1 dia bertus

Raimundo, comecemos pola xeografía: Galicia está máis ao norte ca Cataluña...

Xa che teño explacado isto noutro debate pero talvez ao sintetizar esquecíchelo. Dicir que "o que é bo para Cataluña é malo para Galicia" é unha simplificación xenófoba, ideolóxica, que interesa ao Estado represor pra negar un dereito democrático recoñecido internacionalmente por institucións como a ONU como é o dereito á autodeterminación. Ademais, iso de que catalás ricos, galegos pobres... tampouco é verdade, aquí e acolá hai clases. O soldo medio dunha familia de Ceuta ou Melilla é superior a ao soldo medio dunha familia catalana.

Bolivia é un estado que camiña pró socialismo, España, no centro do sistema, é sucursal do imperio e presume dos últimos "méritos" acadados: de estar no G-20. Os movementos independentistas no centro do Imperio (inda non sendo radicalmente rupturistas co modelo neoliberal, pero si dun matiz máis democrático, laico e republicano como Cataluña) non son comparables aos que se producen nos estados da periferia do sistema no seu movemento realmente independentista (Cuba é o faro) do réxime colonial e imperialista (os "independentismos" de Bolivia o que queren realmente é frear o movemento anti-imperialista, isto é, pretenden pór barreiras ao movemento independentista do Estado boliviano fronte o Imperio ianqui. O caso de Cataluña é moi outro. O de Galicia, sen ter inda Estado propio, é similar ao de Bolivia respecto do Imperio. Ao estado opresor interésalle crear antagonismos falsos. Marx dicía que a independencia de Irlanada era boa non só pró traballador irlandés senón tamén pró inglés (veríase liberado dun falso antagonismo creado pola ideoloxía imperialista da clase burguesa inglesa e se producirían mellores condicións pra unirse co traballador irlandés, o cal, unha vez liberada a súa nación, amostraría menor resentimento cara o inglés).

Respecto ao anarquismo, le a Bakunin e o que di das nacións, verás como ten moi claro o distingo entre a nación e o Estado e que el considérase "patriota de tódalas patrias asoballadas". "Asoballada, irmán, asoballada."

Raimundo #128 hai 1 dia Raimundo

#127 bertus, "o que é bó para Cataluña é malo para Galicia" é un eslogan propagandístico pra clarexar todo a narración nacionalista na que se dí que as balanzas fiscais mostran que os "subsidiados" galegos roubanlle un maior nivel de vida a Cataluña.

En cotra de toda evidencia científica. Pra deixar esa campaña de desinformación dos nacionalistas cataláns co cú ao aire, o mellor é un eslogan de impacto, un eslogan eleitoral... ese.

E sí, inda hai clases. E hoxe a estratexia das clases dominantes, das catalas, das de Santa Cruz, das escocesas é crear un territorio autónomo, pequeno, no que eles poidan seguir a gobernar según os seus intereses, porque nun marco mais grande, estatal ou europeo, sudamericano, nolo poderian facer.

Porque os de Santa Cruz terían que repartir as regalías do petróleo facendo escolas e hospitais pra eles... e tamén para os indios do antiplono... e os catalás... repartir cos galegos "subsidiados" (ver enlace ao final)

O caso de Irlanda, daquela, era unha loita anti-colonial. Como hoxe a Palestina... que claro... eche a mesma situación ca dos vascos, pobriños... ¡que explotados temolos os galegos!...

Enlace a un articulo de Jordi Borja sobre las "autonomías a la española" sudamericanas:

http://www.elpais.com/articulo...

#130 hai 1 dia bertus

Non é así Raimundo, os catalás baseanse en que a distribución non é xusta e racional. Hai máis funcionarios por habitante en Estremadura ca en Cataluña. En Cataluña tamén hai moito pensionista, parado, traballador, etc. e eles só piden unha distribución máis racional e ecuánime. Ti non das un só argumento científico en contra do que eles din, simplemente adícaste a descalificalos prexuiciosamnte. E algúns cataláns como ven que non é posible que o Estado sexa minimamente racional e xusto en cousas como a distribución ou o recoñecemento da plurinacionalidade (como fai o goberno de Eucador, segundo di o artigo que citas) piden a lexítima independencia. O que hai no fondo dos teus prexuizos é que “o bo para Cataluña é que non exista, é que se autodestrúa como tal”.

A situación de Cataluña non se pode coller descontextualizada e dicir sen máis que é como a de Bolivia como ben di Jordi Borja no artigo que citas respecto Ecuador. Iso, como ben dis, é un eslogan propagandístico, ideolóxico, botar por fóra, a lingua a pacer, que tan ben se che dá. Non sei cales son os teus coñecementos verbo da ciencia da socioloxía, mais non fai falla ter moitas luces senón uns simples coñecementos de xeopolítica para se decatar de que España é moi distinta de Bolivia e Santa Cruz de Cataluña. Xa cho expliquei pero ti non entras a refutar os meus argumentos senón que prefires repetir unha e outra vez o mesmo. Como di Jordi Borja no artigo que citas: “Sólo pude sugerirle algo tan elemental como esto: no hay modelo transferible de un país a otro. El Estado de las autonomías de España no puede copiarse en Ecuador.” Ou “Unos y otros interpretan el modelo español a su conveniencia”. Iso é precisamente unha das funcións da ideoloxía como distorsión: cóllese abstractamente un modelo dun Estado que non ten nada que ver co noso (saltándose todo mínimo rigor nas ciencias da socioloxía e economía) e emprégase para ocultar os conflictos reais que lle interesa ocultar ao Estado español en prol doutros antagonismos que permiten consolidar o estado real de opresión. Por iso os telexornais de antena tres (con intereses económicos en latinoamérica) presentan como favorable o indepentismo de Santa Cruz mentres criminalizan aos independentismos “de andar por casa”. Moito máis semellante ao caso catalán, antes ca o ecuatoriano ou boliviano, sería a separación de Alemaña respecto a Austria ( e iso que teñen a mesma lingua, por certo).

Galicia está nunha situación colonial, como en Irlanda. E hai clases, hai. Por iso a batalla do idioma de Feijoo e demais inimigos é tamén unha cuestión de clase como explicou Anxo Agueira.

#131 hai 1 dia bertus

Unha comparación máis acaída aínda sería a de Finlandia respecto de Suecia.

Raimundo #132 hai 1 dia Raimundo

#130 bertus, Finlandia pode estar colonizada pola Nokia, polo seu consello de dirección, uns poucos homes coa capacidade (legal) de "deslocalizar" a sede central da empresa... no seu beneficio, e os fineses... que remen.

Fai pouco, Goberno e Generalitat foron a sede da Volkswagen pra conseguir a fabricación dun novo modelo na SEAT. ¡Dios sabe os cartos que tiveron que poñer na mesa pra gañarlle a puxa aos outros paises!

Foron os nosos ministros alá, non viñeron aquí os da Volkswagen ¿quen manda?

¿Quen coloniza Galicia? A Citröen, e Zara... os seus consellos de administración, os que poden arruinarnos... deslocalizando esas empresas, e os galegos... que remen.

Que o goberno central no pode... por lei. Lei que os cataláns queren cambiar pra coller un trozo maior do pastel, que quitarían a Galicia, Extremadura, Asturias... cambiando só as leis catalanas... no seu parlamento... sen necesidad de cambiar as leis españolas, que non poden... así poden, co bilateralismo, co federalismo asimétrico... e os galegos, os asturianos, os extremeños... que remen.

¿Colonialismo? No sentido no que Finlandia estea "colonizada" pola Nokia, Cataluña pola Volkswagen (SEAT), ou Galicia pola Citröen, por Zara... e España por todos.

¿Colonización? Capitalismo... o das empresas mutinacionais." (David Rodriguez: Slavoj Žižek e nós (ou por que estamos a perder a batalla do idioma). Vieiros, 24/05/2009)

No hay comentarios: