4/5/09

Fascismo y nacionalismo... fascismo es nacionalismo


"Moita xente en Europa considera que non son compatíbeis as políticas sociais coa defensa da identidade nacional, mesmo se asocia nacionalismo con ultradereita e xenofobia ...

Absolutamente. É certo que canta máis xente hai nacionalista, tamén hai da dereita. Nós vivimos iso en Flandres co Vlaams Belang, que é racista e populista. Para nós é unha vergoña que partidos coma ese se chamen a si mesmos nacionalistas flamengos.

Eu estou con outro nacionalismo. Estou co nacionalismo de Esquerra (ERC), do BNG, de EA (Eusko Alkartasuna). Co nacionalismo dalgúns grupos palestinos, o de pobos que tentan preservar os seus dereitos básicos, como os curdos. Estes non son movementos de dereita, son de esquerda." (Nelly Maes, presidenta flamenga da ALE: "Para nós é unha vergoña que partidos racistas se chamen a si mesmos nacionalistas flamengos". Vieiros, 04/05/2009)

#3 hai 1 dia Raimundo [Valora este comentario Positivo -7 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

Hai nacionalistas non racistas, pero o nacionalismo de ricos, o flamenco, o de Santa Cruz de Bolivia, o catalán... é racista (enteiro).


Exemplo do racismo flamenco cun galego, o Henrique Monteagudo, que xurou non voltar alí na vida.

Ou o do Carod Rovira, cunha camareira galega, coa que se diverte falándolle en francés, cando dase conta que non sabe catalán. Igual que os flamencos.

Enlace do Henrique Monteagudo:

http://www.elpais.com/articulo...

Enlace ao racismo dp Carod:

http://nacionalismodeandarporc...

#4 hai 1 dia Hispanico

#3, Os abusos nom som património exclusivo dos monolíngues asobalhadores nem dos castrapeiros coma ti, Raimundo, também no campo dos que apreciam a língua própria hai-nos maleducados. Daí a extrapolar a equaçom "nacionalista galego / catalam / basco = feixista" há umha grande distáncia, embora nom seja assim pr'um trapalheiro manipulador e parvo coma ti.

A propósito, cliquei nos teus linques que levam ao teu blogue. Nom há nem por onde colhê-lo meu, nom vou perder nem um minuto mais. A tua burrice é deprimente, onde nom á nom se pode pedir ... Nom sei se os teus "razoamentos" reflectem a tua paupérrima inteligência ou que simplesmente es um manipulador podre ... em qualquer caso tanto me tem, nom vou perder mais um só segundo em ler os teus "comentários" ...

WASTE OF SPACE!

#6 hai 1 dia Raimundo [Valora este comentario Positivo -8 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

#4, hispanico, no meu comentario non hai comentario. Só unhas indicaciós a testimonios que falan do feixismo flamenco (o do Henrique Monteagudo, moi alporizado, e con todala razón do mundo), e a un testimonio que fala do feixismo catalán, o do Carod.


Testimonios non inventados.

É dende logo, fago a equivalencia "señorito de Santa Cruz, señorito flamenco, señorito catalán, señorito do Náutico de Vigo = feixistas"...

que queren impor o seu idioma aos traballadores indios de Bolivia (o castelán), aos traballadores valóns (o flamenco), aos traballadores inmigrantes, españois, sudamericanos... (o catalán), aos traballadores galegos ( o castelán).

As relacións entre explotadores e explotados, as capitalistas de sempre, maila imposición da lingua dos señores, da cultura dos señores... o adorno feixista (e os do Náutico de Vigo, que queren impor a gorriña dun capitán veleiro).

O que hai. Os que fartaronse de rir ao ver o Quim sen "saber estar" nun veleiro. E despois de gañar as eleccións, non vexas... inda siguen.

Os feixistas, os que danlle aos traballadores igual trato co Carod as camareiras, cos flamencos aos seus traballadores.

Sí. Señoritos do Náutico de Vigo = Carod Rovira = ricachóns flamencos = feixistas

¿Ou non?

#9 hai 1 dia Xistral

O que lle pasa aos valóns está moi ben definido co refrán castelán: "el que a hierro mata a hierro muere".
Eu estiven en Bruselas e non tiven ningún problema con flamengos nin con valóns. E moitas veces a pregunta que me facían era: en flamengo ou en valón. Algunhas delas non entendía porque a pregunta facíanma en valón ao principio e repetíanmo en francés que é un dos idiomas que entendo e falo algo.
Tamén hai que ter en conta unha cuestión bastante importante. En algunhas zonas flamengas están a instalarse persoas de idioma francés e néganse a aprender flamengo. Como se denomina iso??? Primeiro ocupamos territorio e despois ven o resto. Os flamengos teñen que estar á defensiva sempre. Outra cousa é que haxa racistas en todos os lados.

#13 hai 18 horas e 33 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -6 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar

#9, xistral, o testimonio de Henrique Monteagudo pareceme determinante. En Flandes hai un clima xenófobo contra dos latinos (coma di o Henrique), contra os árabes (o taxista iraniano).

É o que tamém dí a entrevistada, ao alcumar de feixismo aos nacionalistas de dereitas. O cabreo do Henrique non engana. Haiche feixismo nas rúas de Flandes. Nas tendas... menos, polo que dis. Pero nas rúas... preguntalle ao Henrique...

#18 hai 7 horas e 4 minutos xacataca

Home, Raimundo, argumentar si. Mais se o teu primeiro comentario xa é para chamarlle racista ao Carod Rovira pois ... coido que te descualificas ti soíño.

Revisa as túas fontes, non ignores que en España o nacionalismo non español ten moi mala prensa.

Por certo, quen lle dera a moita da esquerda española ser de verdade tan de esquerdas como a esquerda nacionalista de Cataluña, Euskadi e Galiza ... Por que ti es español de esquerdas, non si?

#19 hai 5 horas e 36 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

#18, Home, xataca, o comentario no que aparece o Carod coma un racista, foi feito, non por min, senón por unha catalana (con nomes e apelido), nas cartas ao director da Vanguardia (non apaercen no Mundo).

O que describe esa señora, xustamente indignada, na Vanguardia ¿Non é boa fonte? Un testigo ocular, un periódico catalán, pagado pola Generalitat. Non inventaría unha cousa así.

Pasa que o Carod é un racista. Gustalle humillar aos camareiros sudamericanos... ou galegos, ou andaluces.

Ten o mesmo comportamento cos do Náutico de Vigo cos seus traballadores galegos: "¡Uy! Hábleme en español, señor obrero, que no le entiendo en esa jerga aportuguesada que tiene usted".

Os do Náutico de Vigo humillan así aos traballadores galegos, pero o Carod non. Mira ti...

Un de esquerdas non tería ese comportamento nunca. E o que dí a Nelly Maes.

Coma escribe indiñado o Henrique Monteagudo, nas paxinas de Galicia do País ¿non é boa fonte o Henrique? ¿Sería mellor na Voz?

Hai que ver o feixismo dos ricos se de onde se de. Nos partidos nacionalistas cataláns e vascos. E na Mesa...

No hay comentarios: