12/4/09

La imposición de la lengua para discriminar a los trabajadores, incluso con multas

Comentarios a: Xavier Cordal: Tácticas (Vieiros, 08/04/2009)

(Traductor gallego-español)

#27
hai 22 horas e 27 minutos bertus

Raimundo, contéstoche e así deixo unhas cantas razóns prós incapaces: a ver se te das de conta dunha vez, o teu argumento sobre a representación dos castelán-falantes é falaz porque como xa dixen hai persoas que, sendo máis castelán-falantes ca catalán-falantes (non se pode dicir que as porcentaxes de lingua materna que me das se correspondan a monolingües), non deixan de non sentir representada a súa identidade porque no parlamento se fale pouco castelán, senón que todo o contrario: fala mormente castelán e síntese identificado co catalán. Como di o pándigo, declarado independentista catalán, de Antonio Alegre en auditorios catalás: “yo siempre digo Estado español y nunca España por cuestiones ideológicas”.

O teu argumento é tan absurdo coma o de Corina Porro cando acusa a unha candidata do BNG de ter de lingua materna o español... E que medir o grao de representacións parlamentarias polas porcentaxes de lingua materna é a cousa máis parva que se che podía ocorrer. Como di Chus Pato: “A miña lingua materna é o fascismo”. Trátase de que a lingua materna non se elixe. É imposta, aínda que non vos guste a imposición. En troques, o voto dise que é libre e as ideoloxías vainas madurando un na súa cabeza, se é que a ten ou aínda pode dicir que é de si propio. E que é tan arbitrario como que pode haber alguén que, tendo de lingua materna o castelán, lle transmite aos seus fillos de lingua materna o catalán. Ou viceversa. Isto explica, entroutras cousas, que cada día o catalán gañe falantes. O Alonso Montero, que tanto che gusta, dixo que os históricos do P.G. tiñan como lingua materna e inclusive de uso diario o castelán, pero o que querían non era precisamente parlamentos castalán-falantes. Velaí as paridas as que leva o establecer semellantes relacións de causalidade.

A xente que quere que a súa identidade catalanofóbica (está ben que ti polo menos recoñezas que se trata do que tanto se lle critica a outros cinicamente: de preocuparse pola “cuestión identitaria”) estea representada no parlamento catalán xa votan a parlamentarios que saben que van falar só en español. Ou sexa, isto quere dicir que só un 3% dos catalás sinte como súa a necesidade de que a identidade española e do idioma español estea representada no parlamento catalán. (O que dicía: unha minoría promovida por elites mediáticas e económicas coma o xornal El mundo.) E o parlamento catalán permítellelo. Mentres, seguindo o teu argumentar, no parlamento español só se fala castelán habendo no Estado máis dun 30% de non-castelán-falantes: é a cuestión identitaria? Onde ficou? Ah claro, aí xa non é importante: só no parlamento europeo (onde están representadas varias nacións) e no catalán (parlamento dunha soa nación: Cataluña.) Spain is diferent. E o facherío, o mesmo de sempre. A incongruencia é o seu.

Evidentemente Galicia non é Cataluña e ten que resolver os seus problemas con modelos propios. Mais, o problema non é que o goberno galego copiara –e non sería malo que se imitara ou se inspirara en moitas cousas aproveitables- do catalán en ningunha das mentiras que dis -Bar Anduriña, Bar Combarro, ou O’Caurel son algúns dos moitos bares e comercios rexentados por emigrantes (estes tres por chineses e pakis) que podes ver rotulados en galego como noutros moitos idiomas exóticos no centro de Barcelona.- O problema está na túa cabeza de colonizado que asimila e adapta as premisas do antinacionalismo catalán de Boadella e compañía a un antinacionalismo galego. Así, onde alí hai unha mentira, aquí hai unha grande, infame e grotesca mentira. Os argumentos demóstrano.

Quen axuda á que a dereita gañe acó e acolá non son os que defenden os dereitos das persoas e colectivos con linguas minorizadas, senón os que, coma os fascistas que se dicían socialistas e ían en nome do progreso, sementan a confusión no pobo a través de elites mediáticas que xeran incongruencias coma as da túa cabeza que unha e outra vez bates contra o muro da razón.
Non hai que buscar significados ocultos ningúns: Albert Boadella dío moi clariño: “Cataluña estaba moito mellor con CiU”. Niso andan, foi un partido feito pra tratar de castigar ao PSC. E chegado o momento, se non o evitamos, o Rajoi falará catalán na intimidade como Aznar.
Beiras explícao moi ben como opera a incongruencia: http://www.altermundo.org/cont...

#30 hai 16 horas e 49 minutos Raimundo

#27, bertus, vanme dar as tantas contestandoche... vou por partes, que sinon, morro...

1) "fala mormente castelán e síntese identificado co catalán"... e eu sintome identificado co ruso ¿Qué importanci ten iso? A cuestión é de dereitos ¿Porque un neno inmigrante arxentino non pode apreder a facer poesía en castelán, cando os seus mestres cataláns saben catalán e castelán? (Obviamente un neno pakistaní non pode, os seus mestres nolo falan, o pakistaní).

E cuestión de dereito (individual, dun só neno) a sere ensinado na súa lingua-nai na escola.

2) "Trátase de que a lingua materna non se elixe. É imposta"... A lingua materna é a dos teus pais... no senso no que tí o dís, pasariamos a ter a barbaridade de que é malo que a un neno súa nai lle impoña a súa lingua ¿Habería que castigar a esa nai?

Por exemplo, a unha nai ferrolana que cría a seu fillo en castelán, na súa lingua nai... ¿Esa nai xa empeza a traizoar a seu fillo na cuna? Home... sentidiño...

3) "pode haber alguén que, tendo de lingua materna o castelán, lle transmite aos seus fillos de lingua materna o catalán."... Non é arbitrario, e normal... é o que fan os campesiños galegos dende séculos, querer que os seus fillos falen o castelán...

¿É pra alegrarse? Non, pois de que un inmigrante castelánfalante queira que seus fillos falen o catalán, tampouco... porque é unha mentalidade qeu responde a unha imposición, a do castelán eiquí en Galicia, a do catalán alá, en Cataluña... A mesma imposición dos señoritos aos traballadores, mira ti...

(continuara´... despois da cea)

#39 hai 11 horas e 59 minutos Raimundo

#27, bertus "no parlamento español só se fala castelán habendo no Estado máis dun 30% de non-castelán-falantes"... en España todos falamos o castelán, non hai "non castelán-falantes" (quitando os pakistanís e os alemáns de Mallorca). Menos mal...

E no parlamento catalán, cando un do PSC quixo falar en castelán, deixarono soio... e que falar a lengua dos traballadores de Cornellá no salón dos señores... tomarono coma un insulto... do pior...

E multas, hainas... "La Generalidad ha sancionado a 83 establecimientos comerciales por no rotular al menos en catalán en 2007, y ha ingresado 16.250 euros por estas multas... De todos estos expedientes, 40 se han abierto por denuncias de los ciudadanos... La mayoría de multas se han impuesto a establecimientos dedicados al comercio minorista, con 30 multas; seguidos de los dedicados a los servicios -27-, vivienda -11-, transportes -7-, telecomunicaciones -5- y grandes superficies -3" (enlace mais abaixo).

A quen denuncian os bós cidadáns, multa... ¡Home! A cousa ten pinta de franquismo, ou non...

E Boadella faime rire...

Enlace das multas lingüísticas:

http://www.vozbcn.com/2008/11/...

No hay comentarios: