"Feijoo promete en Madrid oposicións bilingües na Xunta de agora en diante" (Vieiros, 27/04/2009)
#52 hai 12 horas e 49 minutos afervenza
Queda moi claro a quen quere beneficiar e sobre todo onde quere quedar ben: nos círculos de poder de Madrid e fóra da terra ante unha audiencia foránea. (...)
Ata os do P.P. de Valencia esixen valencià para acceder á Comunitat e nós, que podemos repartir postos de traballo porque temos superavit, permitímonos o luxo de abrirmos as portas desprezando moi amablemente o noso. Se xa no modelo anterior había moita permisividade de entrada, a qué vén esta medida? (...)
#55 hai 7 horas e 16 minutos cabodomundo
Os galegos somos moi ben recibidos no resto de España así que para pecharlle as portas ós que veñan de Murcia, santander, Girona ou Guadalajara?
Sempre que ando por fora nunca mexan por min aínda que presumo de galego alí onde estou...
#59 Sorte tes, machinho, devo-che ser eu entom umha pessoa muito antisocial e problemática porque, mesmo coa máxima vontade pedagógica à hora de expor o conflito nacional e social da Galiza e o nosso direito a articularmos as nossas relaçons com o resto de povos do mundo e o nosso modelo de sociedade, sempre xordem palavras do tipo "terrorista", "galheguinho", "komoskataláns", "'vaspanha", "aorasta'stos", "muertosd'ambre", "francoeragalhego", "naZionalistas","português-de-mierda", "k'ariaisinosotros", "ysiechamosavuestrosemigrantes"... Também che tenho má sorte ho'... sempre dou com espanhóis nacional-católicos alienados polos média (já sabemos que som minoria, nom?).
#62 hai 1 minuto Raimundo
#52, #54, #55, #56, #57, #58, #59 e #60 ¡O que hai que leer! Dende logo, o capitalismo e mellor que o feixismo... ¿Que houbera pasado se na República Arxentina falaran coma vos dos emigrantes? Dos de fora ¿Qué diría Castelao?
"E galego quen vive e traballa en Galicia" era o eslogan dos traballadores galegos en Cataluña, ata que o feixismo de Carod e cia. impuso o berro de "só é catalán quen fala catalán".
Feixismo. Que deixa fora da identidade catalá aos emigrantes (en Lituania van mais aló, e deixan aos rusos sen nacionalidade. En Cataluña inda non poden... gracias a Madrid).
Mira ti, o Feijoo9 respeitando o pensamento dos galegos emigrantes dandolle postos de conselleiros a xente ¿turolense?, a xente non galega, e que non fala galego. En Cataluña inda se ríen do mal catalán do Montilla, do dos galegos.
Eiquí os capitalistas inda respeitan ao traballador ¿turolense? que chega a Xunta da man do seu cacique, coma calquer ourensán. É galego coma nos.
Inda temos que receber leccións dos capitalistas... ¡ai, mi madriña!
#8 hai 20 horas e 45 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -17 Negativo]
¡Mira ti, por donde, os capitalistas valoran mais o noso dereito que os feixistas que negábannolo!
Cousas veredes... e tamén temos dereito a facer en castelán as oposicións vascas e catalanas... dende logo.
A democracia impide a discriminación por lingua. Dos de Ferrol, dos de Alicante, dos de Álava, dos de Cornellá, dos inmigrantes... ¡Esto non é Lituania!
Se o Touriño se houbera atrevido, hoxe non estaría lindando o boi no Parlamento, co Quim...
No hay comentarios:
Publicar un comentario