"A Mesa pola Normalización Lingüística celebrou este sábado a súa Asemblea Xeral con críticas ao PP e ao futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e cunha chamada á sociedade a manifestarse o 17 de maio en Compostela polos seus dereitos lingüísticos. Carlos Callón, que continúa á fronte da asociación, cualificou de "mentira" e "demagoxia" as declaracións de Feijoo sobre a situación lingüística de Galiza e dixo que "ofenden a gran parte da poboación galega". (Vieiros, 28/03/2009)
#1 hai 23 horas e 9 minutos Raimundo [Valora este comentario Positivo -5 Negativo]
Comentario mal valorado polos lectores. Ocultar
¡Van salir a botar multas na rúa! ¡Ay, que crus, que crus! E poñerán un carnet por puntos, cando Feijoo poña un pronome mal, quitaranlle os puntiños...
E cando perda o carnet lingüístico, a dar clases de galego todalas mañanciñas, coa fresca... coma o pobre do Montilla.
E nada de bilingüísmo... puro galego... si señor...
Siguen os dal multas ¡que crus, que crus ten o galego!
Raimundo deixate de parvadas e propón algo... que o de criticar dásenos ben a todos...
#10 hai 9 horas e 49 minutos acarondosilNon podemos pretender que solucionen tódolos problemas que ten a lingua asociacións que bastante teñen con ir subsistindo e resistindo os atrancos que lles poñen. ¿Por que non somos máis esixentes con institucións que si teñen a obriga de preocuparse polo idioma, como é o caso do Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega,...? ¿Propuxeron estas institucións e outras que non nomeei algo ante as dificultades que se aveciñan para a nosa lingua? Eu non sei.
Outra cousa, se non estou mal informado, o Modelo Burela ten como lingua base o galego. Xa me gustaría a min que en moitas cidades e vilas de Galicia a lingua base fose o galego. Tendo o galego asegurado, qué fácil é ser multilingües.
#2, carlinhos, as clases medias das cidades falaren nestas eleccións. Se lles metes multas, pois... Feijoo...Os culpábeis deste desastre (os das multas) non poden seguir, teñen que ir ao lugar que a Historia reserva ao Quintana, ao Touriño...
Solución, o único que haiche hoxendía... o plan Burela (o trilingüïsmo). Os fillos dos ricachóns cataláns non van a escolas coa inmersión en catalán... van as privadas trilingües...
¿E por que non vai sere trilingüe a escola pública galega? Mellor para o galego, mellora para as clases medias cidadáns...
Peor pra o Feijoo...
#10, acarondosil, o modelo Burela ten a lingua base no galego, alí onde os nenos teñan coma ingua nai o galego... e nas cidades, onde os nenos teñen o castelán coma lingua nai, a lingua nai será o castelán.
As cousas sonche así... E o inglés non é nai de ninguén... pobriño... #13 hai 6 horas e 46 minutos acarondosil
#12Raimundo
Non creo que as medidas levadas a cabo para facer multilingües a uns mozos que teñen o 86% como lingua nai o galego(como parece que é o caso de Burela), sexan as mesmas que para facer multilingües ós mozos dunha cidade que son practicamente 100% castelanfalantes.
#13, acarondosil, ¿E porque non? Se vale pra uns... pois pode valer pra os outros. E cuestión de cambiar a lingua base do ensino.
En Burela, nas vilas, en galego... nas cidades, lengua base en castelán.
Non me parece imposible. O mais dificil, penso eu, seráche a introducción do inglés.
De todolos xeitos, haberá que preguntarlles aos de Burela, aos que traballaron pra facer un éxito pedagóxico, pra salvar o galego ¿Pensan que o seu modelo pode servir nas cidades?
Pero ¿Por qué non? Paréceme faciliño... son idiomas moi parecidos.
Insisto. O do inglés sí que ten que ser a repanocha...
#16: Raiumundo.
Non son comparábeis, Burela mantivo o galego, porque tiña comportamentos lingüísticos propios do rural, en que, aínda que haxa unha lingua dominante, que resulta atractiva á poboación, porque se relaciona co ascenso social, prima a solidariedade. Os lazos entre a poboación son máis estreitos e a calquera mai de Burela facíaselle violento falarlle aos seus fillos nunha lingua distinta ao do seu veciño.
Isto foi o que salvou o galego, salvouse da sangría de perda de falantes doutros sitios en décadas pasadas.
Os inmigrantes adoptaron o galego, sobre todo os rapaces máis novos. Influiría o feito de que fose a lingua maioritaria (hoxe ves nos parques de Burela que cando xogan rapaces caboverdianos e galegos empregan o galego) e, no caso de xentes de España, que en Burela polo xeral a xente non responden en castelán, cando a outra persoa llo fala. Penso que cada vez máis a xente mantense en galego, polo que ao final acaban converxendo eles.
Para aplicar o modelo Burela a Ferrol, habería que recuar no tempo, ao tempo "pre-castelanización". En Burela hai mantemento lingüístico e en Ferrol un proceso de substitución.
#16 Raimundo
Visto así friamente poida que teñas razón. Pero eu creo que o galego en Galicia é algo máis ca aprender castelán ou inglés, non esquezamos que é a lingua propia de Galicia. Non vai ser o mesmo que ó 86% dos rapaces e rapazas de Burela, que saben que a lingua de prestixio é o castelán, se lles explique que teñen que aprender castelán, ca explicarlles case ó 100% de rapaces e rapazas castelanfalantes dunha cidade que teñen que aprender e valorar o galego. Non che creo que sexa a mesma cousa.
#25, acarondosil, o primeiro é que o galego non morra nas cidades... despois, xa virá o que teña que vir... pero a política de Mesa, de impooñer os rótulos con multas, ao estilo catalán... non sirve.
A de Burela, a de poñer o galego a mesma altura que o castelán ou o inglés, permitiríao prestixialo dende a escola. Falaríase normalmente, entre os outros dous... Non hai outra estratexia... No coñezo outra que teña tido éxito...
#22, maragota, ¿En Ferrol non? ¿Por qué? ¿Que dirían os que fixeron o Plan Burela? Pois penso que sí...
Penso que é adecuado en calquer escola, teña os estudantes que teña... Penso que podese adaptar según a lingua base do aluno (nuns sitios o galego, en outros, en Ferrol, o castelán) ¿Porque non?
O Plan Burela non é unha receta política, en un plan sociolingüístico que funciona... polo tanto no é cuestión de decir, as primeiras de cambio, que non sirve... É unha cuestión pedagóxica, asi que colles as estratexias do Plan e as adaptas as cidades... Penso que se pode facer... penso que case o último que se pode facer polo galego...
Penso que a Mesa, a RAG, e todalas institucións que "defenden" o galego, deberíanno estar facendo... aplicalo onde se poida... non haiche outro (que eu sepa)
#27, maragota, os nenos non falan galego nas cidades. Primeiro, aprendesé mal. Non falan inglés, porque aprendeno inda pior.
Se o aprendesen ben, falarían os dous, o galego, e mais o inglés. Primeiro, que o falen ben. Despois virá o de prestixialo socialmente.
Falando castrapos en galego ou en inglés non tes nada que prestixiar. O básico é que aprendan a falalo, despois xa... porque hoxe...
O único plan (que coñeza eu) e o de Burela... pra ensinalo ben... tres idiomas ¿Quen da mais?
No hay comentarios:
Publicar un comentario