"Castelao sentiríase cómodo hoxendía nalgún dos partidos maioritarios de Galiza?
(Xesús Alonso Montero) Eu creo que en ningún. Creo que el non militaría hoxe nese conglomerado que é o BNG, aínda que evidentemente tería máis afinidades aí ca no PSOE ou no PP. A Castelao hai que estudalo, pero dende que o Sempre en Galiza foi sinalado como a 'biblia do galeguismo', iso fíxolle dano. É un libro sobre o galeguismo, pero ofrecerlle á xente hoxendía só galeguismo..., á xente hai que ofrecerlle Seguridade Social.
E despois ten páxinas extraordinariamente conservadoras e reaccionarias; Castelao, como Bóveda ou Otero Pedrayo, é católico, fervorosamente católico, o Partido Galeguista é un partido fundamentalmente católico. Despois hai xente como Víctor Casas, ou a xente da Coruña, que son de esquerdas, pero os que veñen de Ourense son a peste, a peste negra.
Eu sempre digo, 'eu afortunadamente non fun gobernado por Vicente Risco, que fun gobernado por Franco, que estaba á esquerda de Risco'. A min Franco non me desterrou até o 75, pero se gobernase Risco teríame desterrado a Ponferrada. Risco dicía que 'un galego que non é católico é un mal galego'." (Vieiros, 29/03/2009)
No hay comentarios:
Publicar un comentario