#40 hai 10 horas e 3 minutos Raimundo
Un país normal no que os mariñeiros indonesios gañen igoal cos galegos, e os galegos e os indonesios sexan os donos dos seus barcos, e non os Condes de Pescanova.
Un país normal no que os berros feixistas (do Secretario Xeral Da UGT catalana, Joseph María Álvarez) dicindo que os traballadores españois (madrileños, asturianos, galegos, extremeños, débenlle 23 euros aos traballadores cataláns (nin mais, nin menos, e os empresarios madrileños, galegos, cataláns... nin aparecen) sexan calados polas voces dos traballadores de todo o mundo.
(Por certo ¿canto lle deberían os traballadores cataláns aos traballadores alemáns, entón?)
Un país normal no que os pobres non teñan que loitar contra outros aínda mais pobres... por 23 euros.
-Enlace ao sindicalista feixista:
http://www.josepmariaalvarez.o...
-Enlace ao traductor catalán/español (non atopei un traductor catalán/galego):
http://www.opentrad.com/
Un país normal que teña dereito a decidir, por votación da cidadanía, onde se gastan os cartos dos presupostos. Así veríase: Cidade da Cultura, 6 euriños pra os cafés.
Un país no que os mestres de vasco non pidan facer os exámenes en español (EL DIARIO VASCO, 25/9/2008), ríndose polo baixiño, porque "a plaza é a plaza, de por vida, o vasco é moi dificil, e a nacionalistas non nos gana ninguén... je, je.
Un país con un pouco de vergoña... da normal
O país que desexamos os galegos gozará de escribir e falar galego. Da colaboración entre as diferentes "comunidades" para potenciar os nosos desexos. Desexos de poder escoitar o ruido do vento pasar a través do millo, da auga silbando entre os penedos e o fondo un son a gaita. Este país terá os mellores cascos históricos reconstruídos, a mellor formación, o uso con coidado da tecnoloxía, as rúas máis limpas, o respeto entre nós... Isto só está a comezar, cada un ten un pensamento diferente pero hai un polo menos no que estamos decidos a levar con nós ata a morte: Amar a Galicia e querer para ela o millor.
Quizais non todo sexa poñer barreiras nin obligacións. Quizais sexa máis quita-la venda dos ollos e ver que xuntos podemos ir cara adiante e que un só non vai cara ningures.
O meu País Normal é un onde non haxa españolitos que aldraxen ós que non se odian a si mesmos coma eles, que cren que falando a lingua do país colonizador son mellores, e os que falan a lingua materna, non somos ninguén.
#12 8/Decembro/2008 mansdodemoO meu país,é o que é:GALIZA......,enchida de problemas sen solventar,co idioma sen afincar,coas empresas,caixas de aforro,políticos etc,etc,.....facendo o que lles peta.Con falta de respeto polos demais,cun machismo moi arreigado.Sen estatuto de autonomía,e as normas da constitución sen avanzar, e con perigo de ir cara atrás.
Eso si,coa terra máis doada do mundo,con xente boa, e cuns productos de mar e de terra ,imcomparables....
Pero eu soño.......con todo o que non temos, e o que deberíamos ter.
um país onde o galego seja algo máis que um mero idioma, onde os costumes sejan motivo de satisfacçom. um país onde nom faga falha erguer a voz para decir que um/umha é galego/a...um país onde tería acolhida calquer pessoa que respete Galiza...um pais con toda a súa potencialidade económica, cultural, turística e humorística desenrolada, um país onde nom ter que me estranar por ser como som e me sento...
#45 hai 1 hora e 50 minutos lugrisUn Pais que non tivera vergoña da súa lingua, que non se pensara inferior un pais que non é nin español nin portugués é galego da Galiza.
Un país onde a xente sexa consciente da súa historia, onde as estatuas históricas decoren as cidades e vilas, onde podamos ver aos nosos escritores, máis tamén aos nosos reis, campesiños, libertadores e ilustres. Un país que non se esqueza dos seus símbolos nacionais históricos nin da súa identidade, un país como calquer outro, baixo unha única bandeira, a galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario