Convocada pola plataforma ‘Galiza con Catalunya’,
a iniciativa decorreu pouco despois de rematar en Barcelona a
xigantesca manifestación de 1.800.000 persoas que formaron un V para
reivindicar o dereito a votar o 9N.
Máis dun cento de persoas tomaron parte nesta acción simbólica.
“Queremos transmitir a nosa solidariedade co pobo catalán e o noso apoio
perante os entraves de todo tipo (xurídicos, políticos, mediáticos,
policiais) que interpón o Estado Español.
En particular, manifestamos o
noso apoio expreso á celebración da consulta de 9 de novembro e o noso
rexeitamento á prohibición da voz do pobo”, sinálase no manifesto da
plataforma convocante do acto." (Sermos Galiza, 12/09/2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario