25/3/10

A un gallego discriminado por lengua en Cataluña, no le escuchan ni en Galicia

(trductor gallego-español)

"Aínda non recuperado do susto anterior, e abordando o asunto do galego no ensino, un señor totalmente descoñecido para min e que sentaba á beira do albeite, soltou: “Eu botei moito tempo en Cataluña e impuxéronme o catalán. E a min imposicións nada, eh! E aquí quixeron facer igual, e os idiomas non se poden impoñer. Aquí nunca houbo problema co idioma e o galego nunca estivo prohibido. Cadaquén falou sempre no que lle petaba, que é o que ten que ser. E se hai que escoller, eu querería saber inglés, e despois castelán, e despois galego...” (Jossé Luis Sucasas: Hai días que mellor sería non abrilos.Vieiros, 24/03/2010)

Comentarios:

#1 hai 18 horas e 32 minutos Raimundo

Non sei se entendo ben, pero alí nin sequera un comisario de policia era partidario de prohibir o galego, nin un chisco... ¡Home! Un avance...

E o galego-catalán estaba ata a gorra da imposición do catalán (outro amigo meu, taxista en Bilbao, o mismiño; ata a gorra de cursiños de vasco).

Logo, ¿o Sucasas prefire que os galegos que viven en Cataluña sexan discriminado polo idioma, e non poidan entrar na administración catalana?... Pois o de Cataluña, e moitos deses comilons, non.

¿E quén tera razón? Quén viviu a discriminación, e laiase... ou quen so coñecela de oidas, e pontifica... que non é discriminación, e lalala...

#2 hai 17 horas e 27 minutos Eurico

Eu tamén teño amiguiños en Euskal Herria, que non falan castelán e estan fartos de que os taxistas de Bilbao non os entendan... o teu taxista verá que é mellor, ou aprender vasco e gañar clientes ou que estes se vaian para outro taxista que si fixo o esforzo de aprender vasco se non o sabia.

De todas as veces que estiven en Cataluña nunca tiven problema de entender nada, é que o Catalán é máis parecido ao galego que o castellano!. Agora a xente que coma ti despreza outros idiomas, eses nin queren nin lles interesa entender.

A única discriminación é que os nosos fillos teñen que aprender OBRIGADOS a lingua dos castellanos, teñen a IMPOSICIÓN de aprender a lingua dos madrileños é dicir, dos castellanos, que aprendan eles galego ou vasco e deixen de DISCRIMINAR, eu non quero que o meu fillo aprenda español -para aprender unha lingua extranxeira que aprenda ben inglés ou chinés-, e a el IMPOÑENLLO.

#7 hai 14 horas e 7 minutos Raimundo

#2 eurico, pois non sei que amigos tes, pero en Bilbao só falan vasco uns cantos batasunos... e fan que falan vasco os de unhas cantas oficinas, os do PNV... home, sábeo todo o mundo...

E se queres que teu fillo non aprenda o español, pois síntoo por él... pero non se poden responder a tolemiadas. Entenderalo.

A discriminacion a un traballador galego, ou sudamericano, por cuestion de lingua, non ten gracia...

¿Cómo é posibel que o Sucasas non vexa o que ten diante do narizo? A queixa dun traballador discriminado... ¿Impidelleo, o ceguera ideolóxica, non decatarse da discriminación dun paisano?

Nen sequera ocurreuselle preguntarlle ao home o que lle pasara... pois vaia...

E mira ti, canto sufriu na cea o Sucasas... ¿Mais co paisano de Barcelona pola súa discriminación?

Dende logo... entre galegos...

#6 hai 16 horas e 33 minutos nordes

#1 Ai falaches;" non sei se entendo ben", a demagoxia mental é o que ten, obriga a terxiversar todo o que se oe. (...)

#10 hai 13 horas e 54 minutos Raimundo

#6 nordés, sintoo moito, pero a terxiversación serache, en todo caso, a do galego de Barcelona... ou de Sucasas... eu só falo do que din...

Do que dixo na cea o de Barcelona, que di o Sucasas que dixo que lle impuxeron unha lingua que non entende, cando todos entenden o castelán...

Eso é o que dixo o Sucasas que dixo o noso paisano... ¿Onde estache a terxiversación? ¿Ou dixo outra cousa? Partindo dese dixome, dixome, falo da miña estrañeza, polo cabreo do Sucasas.

E se un galego ten que irse de Cataluña por non saber catalán... os do Club Financiero de Vigo din que eles igual cos cataláns... que quen non fale castelán, ten que irse das súas empresas... téñeno pubricado...

Mira ti o favor que estaslle a facer aos traballadores galegos... falando cos razoamentos dos patróns cataláns... para que os copien os patróns galegos...

Dende logo... como imos señor... de ben en pior...

No hay comentarios: