1/3/10

Gallego, en sentido peyorativo

(traductor gallego-español)

Comentarios al articulo de Rafael Cuiña: Rosa Díez, patriota galega (Vieiros, 25/02/2010)

"Señora Díez : eu en ningún caso utilizarei ningún termo “pexorativo” para describila a vostede, o meu será meramente descritivo para chamala indecente."

#1 hai 3 dias Raimundo

Rosa Díez, loitadora antifascista, que ten que andar con escolta porque os etarras queren asesinala... e ela ponlle frente ao terror.

Un escomencipio. E a partir deso, o que queiras... (...)

E o seu millón de votos que vai ter nas próximas eleccions (ou mais), vai darlle a puntilla ao PSOE, e seguramente, ao noso cativo estado de benestar, por 20 anos co PP... ¿culpa dela, ou do PSOE?

Porque o PSOE elixiu ao Zapatero, ao chisgaravís dos nacionalistas, aos do Estatut que esmaga a financiamento galego para darlles os cartos aos cataláns, ou esmaga a La Rioja e a Galicia, blindando o paraiso fiscal vasco.

O PSOE ten que facer as paces con ela, ou serache corresponsabel do desastre do noso cativo estado de benestar... se pacta con CiU, ten que pactar con ela... democrata, liberal, antinacionalista... antifascista... herdeira do fenómeno da Bonino en Italia. Dos radicais italianos. Ata parecense.
#6 hai 3 dias PARDO_DE_CELA
Por certo Sr. Cuiña, non se alporice tanto. Vexa as declaracións do director xeral de tráfico respecto aos accidentes nas estradas Galegas, como poden chegar a decir que hay mortos por o luto das paisanas, etc, etc.
Como pode a ex-ministra socialista de "plan Galiza de merda", como poden chegar a decir no ano 85 que a ventaxa de Galiza por entrar na CEE, era que podemos emigrar mellor (na TVE). Como xente do seu partido fala de Galegos profundos, a impasibilidade de "Iñaki Gabilondo" falando co seu paisana. Despois na esquerda Española alporizanse porque a dereita ultramontana do seu partido metense cos Catalans. En fin, como esta xente ten tanta costume de falar de ese xeito, que pensan que é o normal.
No fondo penso que ten razón a Sra. Diez, si mais do 80% dos votos dos Galegos pensan como o Sr. Raimindo, están moi agradecidos a España (isto chamase sadomasoquismo).
Si os dirixentes das formacions Españolas P.P-E como no PSO-E cando falan da Galiza fala de ese xeito, que pensa as bases de esos partidos que non ten que estar coitados cando falan?.
#9 hai 3 dias Raimundo

#6 Pois sí, señor Pardo de Cela... "si mais do 80% dos votos dos Galegos pensan como o Sr. Raimindo", non é porque "están moi agradecidos a España (isto chamase sadomasoquismo)"...

Non, é porque o 80% dos galegos non son uns pobriños ACOMPLEXADOS, CON COMPLEXO DE INFERIORIDADE... senón que si algúen dilles que o galego é un bruto, contestanlle "pois tí eres parvo"... e listo.

Ao PP venlle moi ben estas tolería acomplexadas, mentras vai ao seu, a privatizar. Como o Sr. Cuiña, partidario, supoño, da privatización dos hospitais (¿tentará coller algún pra él, ou non terá cartos dabondo? Que senon...)...

En fin... repetireime: Se a un CATALÁN DINLLE QUE OS CATALÁNS SON UNS AGARRADOS, pois vai e contesta "ti es parvo" e listo.

Se a UN ANDALUZ DINLLE QUE OS CANDALUCES SON UNS PREGUICEIRO, pois vai e contesta "ti es parvo"... e listo. E morre o conto, para a xente sen complexos de inferioridade... para o 80% dos galegos (polo menos, para o 99% dos ferrolans)

Ao reves do 20%, dos galegos masoquistas (que diría o Freud), moitos dos de Vieiros... vaia por dios.

Un pouquiño de vergoña allea... por favor...
#26 hai 3 dias sursumcorda
E que os galegos somos moi acomplexados, ben o dicides todos, querido Raimundo. Unha cousa: esqueces de onde vén esta señora?
Outra cousa: estamos ante unha provocadora nata de condutas violentas. Non tardará en aparecer por Galicia. Entón haberá que se cabree. E entón dirá que isto é un ninño de violentos nacionalistas. E entón gañará votos. Esa é a única maneira de facer política que coñece esta muller.
#29 hai 3 dias Raimundo

#26 sumsumcorda, dichen que o 80% dos galegos, e o 905 dos ferrolans non somos uns acomplexados... só o resto, o 20% de acomplexados, por unha coña de palabriña, alporizanse...

E esa muller ven de facrlle frante as víboras asesiñas, aos herdeiros do franquismo, aos do tiro na caluga... asi que recibiremola con honra, cando veña a Galicia, como a toda loitadora antifascista.
#42 hai 3 dias Raimundo

#40 Maeloc, o labrego ten sempre unha notación peiorativa para os da cidade... os da aldea para os da vila... os do caserío para os de Bilbao, os dos Pirineos para os de Barcelona...

E andaluz, murciano, charnego, maketo... todos sonche alcumes peiorativos dos da cidade, dos de Bilbao, dos de Barcelona, para os labregos galegos, andaluces que migraron a elas. De sempre...

E "gallego" na Arxentina, en Madrid, pois igual.

Dende logo, ter que dicir esto entre galegos... que pronto os olvidachedes das penurias dos charnegos, dos maketos, dos gallegos...
#43 hai 3 dias Raimundo

#41 Pardo de Celo, sintoo, pero o do complexo eres tí. O do complexo de inferioridade.

Eu nunca vira tanto complexo de inferioridade, e todo porque en Barcelona dhamannos charnegos, en Bilbao maketos, en sudamerica gallegos, como sinomimo de labrego iñorante...

Pois eu estou orgulloso da nosa xente, labregos iñorantes, pero que levantaron paises enteiros, alá onde foron... sin que ninguén lles dera nunca as gracias...

E os que menos, os señoritos bilbainos e catalnas...
#54 hai 3 dias Raimundo

#45 Maeloc, asi que 'gallego' en Arxentina non che é o mismo que maketo no País Vasco, ou charnego, ou murciano, en Cataluña...

o alcume do labrego inmigrante... pois sí, e da vergoña ter que lembralo a galegos...

E sempre foi asi... os señoritos da cidade sempre rironse dos labregos, dos que dabanlles de comer... sempre... en Bilbao, en Barcelona, en Bos Aires, na Coruña...

Sempre...
Comentarios ao artigo de Arturo de Nieves, 'Nación Vs Nação: enésimo lance' (Vieiros, 01/03/2010)
#2 hai 1 dia Raimundo

"sempre haverá uma Rosa Díez" e dous millons de galegos que queden coa boca aberta, pola tonteria politicamente correuta dos cataláns, pola bronca que armaron, cando dixo que "ZAPATERO Ë UN CATALAN, PEIORATIVAMENTE FALANDO"... (...)
Comentarios ao artigo de Celso Álvarez Caccamo: 'Rosa Díez insultou deliberadamente', (Vieiros, 02/03/2010)
#2 hai 6 horas e 50 minutos Raimundo

Pois vaia, escomencemos polo ABC... un aldraxe teríamolo se aa pregujntiña fose así:

Gabilondo: ¿y el Pocero?

Rosa Díez: Es un gallego completo... (sí, un insulto dos piores)

E tamén seriao se Gabilondo pregutaralle polo Baltar, e a Rosa tamén o puxera como un galego exemplar... ou dixera que os das caixas de aforros eran 'muy gallegos'... (o pior do pior)

Pero si quere dicir que o Presidente do Goberno é astuto, pero un pouco trapallán... non é un insulto... porque a comparanza e cun presidente que ten unha boa historia en dereitos humáns...

Outra cousa teríamos se a camparanza fixésea con Aznar.

En fin... entendido o ABC... as primeiras letriñas da escola... pois ¡ale! ao recreo...

E que, dende logo... ¡como imos quedar os galegos! Do mais peiroativo... e pa sempre...
#3 hai 6 horas e 14 minutos Sara_Mago
#2 Raimundo, onde se está melhor na Falange ou em UPyD? Ou tens dupla militância?

Seja como for, a lideresa cagou-na. E qualquer galego digno repudiaria essas declarações. Apenas um auto-ódio profundo combinado com um fanatismo nacionalista español exacerbado podem fazer que um galego jusfique o injustificável.
#4 hai 5 horas e 8 minutos Raimundo

#3 Sara-Mago, dame o mismo se a lideresa cagouna ou non... importame non facer o parvo. O que están a facer moitos galegos.

Inportame o seguidismo do victimismo nacionalista catalan, que se a eles dalle resultados, para nos é a ruina.

Porque o de facer copias dos esloganes cataláns fixo que perdéramos as eleccions... e iso importame... Non podemos seguir con chorradas.

A frase é unha tontería... se daslle importancia a unha tontería, es que tas moito de tonto. Vistase a tonteria de seda ou de mona.

Unha frase coloquial é un lugar común... sen importancia... aseque, andar laiándose por ela, é de parvos... ou será que non temos mais que facer.

É un desastriño... e o Feijoo, a rir.

E miña militancia é a ferrolá... tachin, tachan...
Comentarios ao artigo de Concha Rousia 'O silêncio de Gabilondo' (Vieiros, 02/03/2010)
#6 hai 3 horas e 23 minutos Raimundo

E amin ofendenme a mostrenca algarabía que protesta porque alguén, non sei se Zapatero, dixo que Rajoy era "UN CATALA NO SENTIDO PEYORATIVO"

O silencio de Gabilondo enalteceme... é como un muro frente a papanatería do victimismo nacionalista... mixturado co leguaxe politicamente correcto.

Unha sinal de tomalas cousas polo que son, non polo que queren que sexan os laiadores galegos profesionais... home... como se non tiveramos millores cousas polos que chorimicar...

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿Acabará hablando de "carácter pusilánime y muy gallego"?