Comentarios al artículo: O mellor antídoto contra a falacia: '55 mentiras sobre a lingua galega' (Vieiros, 04/02/2010)
#62 hai 1 dia iamesa
Non somos especiais... Pero cataláns, igual que vascos, galegos, etc... Ademais da explotación capitalista temos que sufrir a explotación de estarmos gobernados por xente de fóra, que simplemente por iso, por ser de fóra, non saben como administrar os nosos recursos... E pasa con Galiza, con Euskadi, Catalunya, pasaba coas colonias e con todos aqueles territorios nos que as decisións son tomadas dende fóra...
No franquismo (tiven ambas as dúas educacións, a franquista até o 1979 e a "democrática" despois) dicíannos que o catalán era de paletos e bárbaros. Na democrática ninguén nos dixo que castelán era para paletos.
E Montilla e Carod (aos que comparas co exército franquista) diferéncianse de Franco en que Franco impoñía o castelán en contra da vontade do pobo... Montilla e Carod aseguran os dereitos dos cataláns con medidas que apoian máis do 85% da poboación.
#62 iamesa, o País Vasco, Cataluña, estache gobernada polos industriais, que son, dende cataluña, dende o País Vasco, dende fora, son os que gobernan a politica industrial do pais enteiro, a que afunde a Galicia...
Si, dende logo, dende fora...
#62 iamesa, insisto. As maiorías non poden aldraxar os dereitos das minorías. É a esencia da democracia. Se o 85% dos cataláns están dacordo con aldraxar aos nenos castelánfalantes, como no franquismo·... poden estalo, pero non teñen dereito a facelo...
Ninguén ten dereito a aldraxar a un só neno, nin que o 99% dos catalán estén dacordo...
Se unmestre catalá vai e dille a un dos seus nenos "no hables en español, es la última vez que te lo digo"... es un fascista... inda que o 85% dos cataláns estén dacordo.
É o que decian os mestres franquistas aos nenos labregos galegos... porque era un franquista (ou estabache morto de medo).
¿ten medo o mestre catalán que fai o mismiño co mestre franquista?
Se o 85% dos galegos estivera dacordo cos métodos deses mestres fascistas, iso non siñifica que teñan dereito a facelo... ese neno, seus pais, a sociedade civil, inda que minoritaria, teñen dereito a loitar contra as leis que deixan que ese mestre aldraxe a unha parte dos seus nenos.
Que sexan discriminados pola súa lingua (que ese mestre franquista galego, ou fascista catalán, fala perfeitamente)
No hay comentarios:
Publicar un comentario