3/12/09

Enseñanza del gallego... en escuelas privadas

"Gaña forza a iniciativa a prol dunha rede privada de ensino en galego. O próximo sábado constitúese formalmente na Coruña o colectivo que buscará recursos económicos con este obxectivo. (...)

De momento, e na procura do apoio económico que impulse a posibilidade dunha rede privada de ensino en galego, cavilan que será necesario o apoio dun mínimo de 3 mil persoas que garanta o soporte do proxecto "económica e socialmente".

O ensino "laico e independente" en Galiza e "no seu idioma propio" é a meta fundamental dun colectivo (...)

"Vai ser unha data a lembrar na defensa do ensino en galego e do galego, vanse a organizar un grupo de persoas que queren facer efectivos os seus dereitos, con independencia da opción política que goberne", subliñan desde o grupo de persoas que promove a idea. (...)

Poden ampliar información na bitácora Limiar Galego, onde xa asinaron a prol do proxecto 770 persoas. Á xuntanza do sábado confirmaron asistencia entre outros os escritores Xabier P. Docampo, Xosé María Álvarez Cáccamo e David Otero e a Associaçom de Maes e Pais “Agarimar”. (Vieiros, 02/12/2009)

#13 hai 12 horas e 24 minutos Raimundo

Home claro, e que senon, os fillos dos ricos nacionalistas non terán que misturarse cos nenos dos barrios, que falan mal, eses mortos de fame que falan castelán...

Home, unha distinción... a que dan os colexios de pago... ¡como no! Non van sere só pra os fillos dos do Club Financiero de Vigo... nos igual que eles... sen inmigrantes...

#14 hai 11 horas e 56 minutos PARDO_DE_CELA

Raimundo: Ti mais o Gaviotero e os Pousadas non dis que os nacionalistas impoñan o Galego?. Non queredes a segregación?, pois toma segración. O tamen tes que decirme con que tiño eu que falar?, e con quen tiño eu que vivir? Non tes tanta inquedanza por os inmigrantes Hispanohablentes, e os moitisimos emigrantes Castelans que lles impoñen o Galego? Pois aqui os tes, os teus fillos cos Hisponos, NorteAfricanos, e xitantos, para que lles van a insiñar Galego, si non leva a ningures. Pois para que perder o tempo con vos e con eles. A nos, valenos e de moito. Ademais como tes tanta inquedanza co seu futuro, que mellor que esteis todos xuntos. Mellor para vos, asi sempre tes alguen aquen mirar por enriba do ombreiro, o tes a necesidade de facelo a quen fala Galego en o voso Ferrol?
Xa entendo, pode ser que como non queredes estar nas mesmas escolas que os emigrantes pode que si os guste o Galego. Lembra esto un pouco ao que acontece en Navarra.

#16 hai 9 horas e 36 minutos peroxa

A idea está moi ben, digo máis até parece excelente para os que procuren unha élite: o nacionalismo de dereitas no que moitos queren xogar aquí e agora. Comparto con Omoscon as mesmas preocupacións, o camiño pode ser errado, precísase moita seguridade para escoller esta estratexia, e se a segregación significara a marxinalidade do galego? Aínda sendo acertado para a lingua, ninguén reparou en que axudamos a aumentar as diferencias de clase entre os galegos grazas a un ensino privado? E teño noxo de compañeiros de viaxe como o Parvo_de_Cela -o erro, disimulen os sensibles, é unha inocentada fronte ao que el anota no comentario anterior-, por moito que o Raimundo sexa un enredante mesturador de discursos esquerdosos e nacionalistas (españois, claro).

#18 hai 13 minutos Raimundo

#14 Pardo de Cela, así que a solución para o galego ¡¡ É O MERCADO !!

Se o Feijoo lera o teu comentario... ¡dábache unha medalla!... meu rei...

#16 peroxa, sexa un enredante ou non... os que propñen o ensino "privado de calidade", para as élites, como en Cataluña... ¿qué son? Uns traidores aos galegos, aos nenos lábregos... os que non vai ire a isas escolas...

Entón, si... haberá escolas para os nenos galegos labregos, pra "falar coas vacas"... cunha hora de internet... e escolas privadas, cun ordenador para cada neno... pra falar das cousas importantes...

Falarían entre eles, como nas escolas privadas catalanas, de como os nenos labregos, se teñen traballo de repoñedores de supermercado... ¿que mais queren?... do que escoitan nas súas casas, as "grandes"... pero en galego...

¿E pensas que o Feijoo non está totalmente dacordo con esta iniciativa? ¿Con privatizar o ensino do galego? Estache totalmente dacordo...

Vai darlles unha medalla aos promotores... pero das boas... e o discurso... en galego... bueno... seguriño que ao home o tedes contentiño, contentiño...

¿Para cando o carnet do PP? Home, se seguides a súa política... alomenos, sacade algun proveito... que ese carnet fura moitas portas...

Total... ¿cal é a diferenza? Entre as miñas mixturas españoleiras, e as vosas, as peperas... pois...

#19 hai 21 minutos PARDO_DE_CELA

Cando tanto molesta a xente como ti, seguro que é boa meneira de darlle un pulo ao Galego.
Feijoo?, quere seguir coa leira do ex-franquista, que non foi mais un chanzo mais no tola carreira a esnequizar o Galego do outro gran Galego D. Francisco, xeral de todos os exercitos, como non un gran Galego. Que por ser Galego, leva na sangue autodestrucción, autoodio, galegofobia, complexo de inferioridade, pailanismo no groso modo.
Si a culpa do que acontece non é das persoas que veñen de fora, e que queren o dereito de pleitesía que tanto lles gusta, a culpa e xente como ti e os Pousadas. No miña vida vi o que acontece en esta terra, e vivi en moitos lares. Perdon si lembro. Os sudamericanos, que tanto lles gusta chamarse "Wilson Ramirez", o a Oligarquia Arxentina, que lles va mais o Frances que a un cativo un pastel.
Estou esperando a que na Andalucia, a xente muda a guitarra pola gaita, pois va ser que non, porque?, porque ten algo mais de dignidade.
Seguro, seguro, que o que ti fas, seguro, que non axuda para nada, e que fas moito menos que eles os que botan de carteira, para dar o pulo ao Galego. É mais, non eres mais que uno mais na farsa, e axudas a ela, porque che gusta, porque o queres, porque o precisas para sentirte ben.

#20 hai 1 minuto Raimundo

#19 ¿E para que van cambear a guitarra pola gaita, os andaluces? ¿Para perder a súa cultura? Home...

A cuestión e se votar man a carteira para dar pulo... a ensinanza privada... das matemáticas... do galego... non é dar pulo ao programa de privatización do ensino do Feijoo...

Se dar pulo a un ensino do galego de primeira división, o das élites... galeguistas... e o afundimento dun ensino do galego de terceira división... o que queda para os nenos labregos... para os nenos dos barrios...

Isa é a cuestión... a privatización do ensino... o programa do PP... a ledicia do Feijoo...

Dende logo... nunca tal pensei ver...

No hay comentarios: