28/11/09

Insultos nacionalistas...

(traductor gallego-español)

Cometarios al artículo de Camilo Nogueira: A dignidade dun pobo (Vieiros, 27/11/2009)

#9 hai 13 horas e 31 minutos fillotolo

Outra vez máis moi acertado Camilo con xente así o nacionalismo galego sempre estará vivo, dentro ou fora do BNG, pero vivo seguro.

Por certo Raimundo, se estás contento sendo un cipaio alá ti, pero polo menos non teñas a cara de tentar convencernos que un máis un son corenta. Aburres e non convences a ninguén, é o que pasa cando os datos e a histora non acompañan. Seguro que se te vas a un mitín do PP tes menos dificultades para facelo, alí ate podes ensinarlle a algún que o sol non xira arredor da terra como afirman o 33% dos galegos, porcentaxe por certo que se aproxima moito aos votantes populistas. Veña o dito a carrexar vellos a casa de cristo

#11 hai 2 horas e 48 minutos Raimundo

#9 fillotolo, pois vai de cipaios, entón... ¿quen é cipaio?

¿O que estache a favor do estado de benestar europeo, español, galego... con servicios universais, iguais para todos?

O que estache a favor do sono europeo, socialista, anarquista... o de Azaña, o dos republicanos, o dos loitadores antifascistas... ¿De quen é cipaio?

O que está a favor da igualdade de todos... en todo... e en contra dos privilexios fiscais, en contra de todolos privilexios... das élites, ou dos territorios ¿de quen é cipaio?

O que estache a favor do sistema do Concierto Económico vasco (o que queren copiar os do editorial dos 12 periódicos catalán), no que os territorios ricos danlle unhas miguiñas á "Galicia pobre", ao "Brasil pobre", á "Bolivia pobre", á "España pobre"... ¿de quen é cipaio? Pois dos fascistas... vascos, cataláns, santacruceños, paulistas... ¿Ou non?

Quen estache a favor dos privilexios dos ricos, das élites, dos territorios... é un cipaio deses ricachóns, desas élites, dos fascistas deses territorios...

Estache moi clariño... quen é... ou quen non é... un cipaio...

Ou non dicheste de conta... ou xa tes elixido... ser cipaio das élites vascas, catalnas... dos ricachóns...

Porque ¿alguén pode dudar que o privilexio fiscal vasco (prontiño catalán) é malo para Galicia? Non, entón ¿Defendes algo malo para Galicia? Sí... pois...

Temos que defender a Galicia enteira (traballadores e empresarios), dos privilexios dos territorios ricos...

E temos que defender os dereitos dos traballadores galegos, frente aos empresarios galegos, frente aos privilexios de clase que quere impor o PP.

Pode ser aburrido defender o que temos diante dos ollo, e non queremolo ver... polo menos para os cipaios...


No hay comentarios: