4/11/09

El Tribunal Constitucional y las lenguas

(traductor gallego-español)

Comentarios al artículo de Alba Nogueira: Incompetentes en tres linguas... e en matemáticas (Vieiros, 22/10/2009)

#206 hai 11 horas e 46 minutos bertus

Se as sentencias por unanimidade do Tribunal Constitucional (no cal os xuices nomeados politicamente o son polo PP e PSOE) non che parecen probas. Xa me dirás ti e a túa verborrea demagóxica sen pes nin cabeza!

#207 hai 11 horas e 16 minutos Raimundo

#206 bertus... vaia, agora con legalismos... e con esa sentencia o Club financiero de vigo podería impor o castelan en Galicia...

#208 hai 10 horas e 53 minutos bertus

#207, os legalimos a ti máis os do Gurtel nunca vos interesaron moito. Dentro das miñas reservas cara o Estado de Dereito, sempre me parece que as probas verificadas por un Tribunal, no cal o 50% do seu núcleo está nomeado por un partido político adverso (sen contar eiquí ao PSOE, que tamén ten o seu) a que se respecten os dereitos lngüísticos das linguas (en plural) do Estado español, son máis fiables ca o que poida dicir "intereconomía", "El mundo" e raimundadas varias...

En Galicia temos un "Clube financiero" (que máis ca as finanzas adícanse a outros negocios) que quere pasarse polo forro a Lei de Normalización Lingüística...

#211 hai 1 minuto Raimundo

#208 bertus, os legalismos son moi xerais... non poden prohibir o ensino dunha lingua, loxicamente... e deixan en mans dos políticos o como se ensine esa lingua...

Insisto... si é legal a inmersión no catalán... tamén é legal que o PP legisle a inmersión en castelán dos nenos galegos...

É legal, podeo facer, coa súa maioria absoluta... gañada gracias ao descalabro de BNG na provincia da Coruña...

En Ferrol, por discriminarnos aos ferroláns nas oposición da Xunta, por esixir só o galego (pero non votamos ao PP), e na cidade da Coruña, por enviarlle aos comerciantes cartiñas con ameazas de multa se non cambeaban ao galego os rótulos das súas tendas, as veces con 100 anos de antigüedade...

E votaron ao PP... y lo que te rondaré morena...

Se o Plan Burela fora o plan lingüístico do bipartito, o Feijoo andaría a buscar emprego en Madrid... ¿ou non?

#213 hai 1 hora e 34 minutos bertus

O que o TC pon de manifesto varias veces é que non existe discriminación linguística do castelán en Cataluña ante denuncias que ían nese sentido.
En Galicia hai varias sentenzas que poñen de manifesto a vulneración dos dereitos do galego falantes por varios Tribunais na época de Fraga. Hai sentenzas moi claras respecto ao uso oficial de La Coruña tras varios recursos de Clubes financieiros e Pacos Váques. Ora ben, Paco Vázquez pasouse a Lei polo forro.
A Lei de Normalizaión Lingüística deixa claro que a presenza do galego nas institucións ha ser progresiva. Claro que Feijoo, como Fraga e Paco Vázquez, vulneran a lei e quedan tan tranquilos. Mais a lexislación é clara.

#214 hai 1 hora e 12 minutos Raimundo

#213, tamén hai sentencias a favor de que os nenos cataláns teñan, alomenos, 3 horiñas semanais en castelán... para que non olviden o idioma dos seus pais... supoño... e como si nada...

E se en Galicia vulneranse os dereitos dos galegofalantes, cousa certa e sabida... tamén é certo que esa mismiña vulneración de dereitos dase en Cataluña cos castelánfalantes...

Eses mesmos casos condenados en Galicia, eses mesmos casos, danse en Cataluña cos castelnafalantes, e non son condenados... curioso ¿non?

E estache moi claro, que Feijoo pode cambear a Lei de Normalización Lingüística, para iso ten maioria total...

#215 hai 1 hora e 4 minutos bertus

Es un manipulador impenitente. As sentezas xudiciais en Cataluña avalan as políticas lingüísticas da Generalitat e din que non hai discriminación lingüística dos castelán falantes, non ocurre o mesmo aquí coas do PP onde varias sentenzas foron desfavorables as súas políticas lingüísticas. Non é tan dificil de entender, pero vese que non che interesa.

#216 hai 1 hora e 1 minuto bertus

E Feijoo non pode cambiar a Lei de Normalización porque non ten a maioría suficiente pra modificar unha lei dese tipo. Esbardallas sen saber.

#217 hai 1 minuto Raimundo

#215 bertus, "As sentezas xudiciais en Cataluña avalan as políticas lingüísticas da Generalitat e din que non hai discriminación lingüística dos castelán falantes, non ocurre o mesmo aquí coas do PP onde varias sentenzas foron desfavorables as súas políticas lingüísticas"...

¿E cal é a diferenza? Que o PP en Galicia discrimina aos galegofalantes, nun casos... E a Generalitat discrimina aos castelánfalantes neses mismos casos... pero sen sentencia xudicial...

A discriminación é a misma... e senón conta cal é esa discriminación... nas que os galegos non poden ter en galego os documentos... e en Cataluña, os castelánfalantes, non poden ter en castelán os documentos...

Unha discriminación en Galicia e condeada, xustamente... e en Cataluña, a mesma discriminación, non é condeada... inxustamente...

A úneca diferenza...

No hay comentarios: