6/11/09

El "coruñesismo" ataca de nuevo

(traductor gallego-español)

" #2 hai 22 horas e 55 minutos Souto-das-Dalas

Es um fenômeno Mundi! Mas, para além do localismo, tamém há naciolismo imperialista como o espanhol, ainda a serem unilingues!

#9 hai 21 horas e 22 minutos Raimundo

#2 soutodasalas, sí... o coruñesismo é un imperialismo local... boa definición. Se é o que queres dicir.

#10 hai 20 horas e 35 minutos Bacurinho

Querido Raimundo claro que pode haber coruñesismo, pontevedrismo,luguismo ou baltarismo...é lóxico, pero non como un movemento político,repito, elitista-españolista,senón como un sentimento de orgullo de ter nacido nunha cidade,pobo ou aldea, movido por intereses comúns e reais e non por caprichos de falsos nobres: Soto-Vazquez,Mouriño-Lendoiro...e por envexas que nada importan a un de Lalin,O carballiño ou Castro de Rei...
Este individuo,orgulloso de pertencer a GB,estivo o outro dia en Foro Aberto e falou entre outras cousas do aeroporto común para Galiza, e dixo que baixo ningun concepto...claro para él non importa que teñamos tres cortellos, mentras poida dicir "el aeropuerto de la Coruña";mais evitou o tema do pufo do porto exterior que todos pagamos, e carregou contra a cidade da cultura,supostamente por inutil,ainda que polo que espumegaba, era evidente que o que lle proia era que estivera ubicada en Compostela; agora si, o bo discurso foi o do L,ahi tiña o tema dominado..."La coruña no es de Galicia es de los coruñeses y que los coruñeses decidan" veu a dicir este señoritingo iluminado portavoz da clase mais rancia e paleta que retoña imparable ao amparo do presidente da Xunta, e que ten como única orixe o sentimento de inferioridade e a vergoña de seren galegos.
UNION GALEGA SEMPRE

#15 hai 20 horas e 10 minutos Raimundo

#10 bacuriño, pero só interesa o localismo cando deixa de ser orgullo pola túa cidade, e pasa a convertirse en movemento político, e ese movemento de "imperialismo local" fixo que tiveramos tres aeroportos, tres universidades, con tres reitores, e tres escalas burocráticas... un porto exterior que non sirve na invernía...

E a Cidade da Cultura... e cousa doutro "imperialismo persoal" (o antigo caciquismo), do "fraguismo"...

Os localismos, os nacionalismos de cidade, o coruñesismo... de región, o vasco... os de toda pra min, e sarna pra os demais... galegos...

#28 hai 15 horas e 13 minutos Bacurinho

#15 Raimundo...efectivamente ese mismiño é o problema,toda unha vida de politicas que alimentan os localismos na busca dos votiños..agora unha infraestructura en Vigo,agora esto para Coruña ou aquelo para Pontevedra,segundo conviran as enquisas...a xente enfrentada, e Galiza a deriva...un plan perfecto.
As asociacións culturais que organizan actividades ao marxe dos concellos (porque os concellos queren),os grupos de xente anónima que traballa pola recuperación das suas parroquias,persoas adicadas altruistamente a manter vivo un clube deportivo amateur soio por paixon, etc eses si son localistas.
O demais: merda nun saco...xente que non quere a Galiza e soio busca protagonismo.

#35 hai 12 horas e 14 minutos basteira

O caso é que o Raimundo este ten unha mala valoración, mais o que di neste asunto tonterías non son. Non deberíamos esquecer o seguinte:

1/ É inxusto, cando se fala de localismo enfrentado a Galicia, referirse a Coruña como se fora a raíña do campionato. Que eu saiba, tamén en Vigo houbo algún vergoñento exemplar que representaba o máis rancio localismo, e que se mantivo moito tempo como concelleiro, e logo o ínclito Manuel Soto non é que fora un modelo de nada. Ferrol, con Juan Rodríguez, tamén ten esa forza localista que tanto monta.

2/ Ten toda a razón cando fala de que o localismo non é só cousa de fulano ou mengano, simplificando. A política galega, non só a localista, foi quen de, efectivamente, multiplicar innecesariamente recursos que poderían manter unha unidade de de moita máis utilidade para o país que o que temos agora. É un auténtico escándalo, e o tempo só dá a razón a quen iso pensamos, a idea apoiada por moita xente de multiplicar as universidades, facéndoas máis febles e caras. E falando dos aeroportos, en lugar de facer un de categoría e ben comunicado optouse por facer dous máis que repiten o mesmo esquema, é dicir, non temos un bon aeroporto e temos tres malos (o de A Coruña especialmente malo), cun conxunto costoso e pouco operativo.

3/ Chegarmos a esta situación é culpa de todos, pois todos somos responsables da clase política que temos, non penso que sexa unha boa idea insultar á xente da Coruña como conxunto, pois na Coruña hai xente como mínimo tan respetable como a xente de calquera outro punto de Galicia.

Cometarios a la noticia aparecida en Vieiros: Carlos Marcos ou a tentativa de resucitar o "coruñesismo" (Vieiros, 05/11/2009)

No hay comentarios: